Presentación
Esta páxina tenta ser un lugar de encontro coa parte máis enxebre do concello de Redondela. Intentarei engadir artigos de curiosidades históricas, divertidas ou que poidan resultar interesantes para calquera que quera coñecer un pouco máis da nosa vila.
É unha páxina persoal, sen ningún tipo de colectivo ou asociación involucrada e sen ánimo de lucro. Pero está aberta a todo aquel que quera aportar ideas, artigos, fotos, correccións, opinións...
Podedes empregar o material publicado pero nunca con fins lucrativos e sempre citando a páxina.
Moitos dos artigos son basados en datos aportados polos meus maiores e recordos do contado polos meus avós polo que pode haber erros que espero me axudedes a arranxar. Con ese fin todos os artigos están en constante revisión. Calquer dato, enlace, foto... que poda mellorar o publicado será engadido.
Podedes contactar comigo nesta páxina (contacto) ou no e-mail superjmi@hotmail.com
Juan Migueles
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Páxina actualizada o 02 / 07 / 09
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Anecdotario Redondelán

