Alcaldes (en construcción)
Constitución do Concello de Redondela tal e como o coñecemos hoxe en día: 3 de decembro 1836.
18?? Francisco Ricón. Era progresista.
1843 Manuel Sestelo. Era conservador.
1846-abril-11. Francisco Ricón.
1846-abril-27. Manuel Sestelo.
1852 Manuel Troncoso de Almansa. Asinou as Ordenanzas Municipais do Concello de Redondela.
Revolución 1854.
1854-setembro. Ramón Martínez Saco. Progresista. Rexeitou a proposta de ser Deputado a Cortes por Redondela para converterse en alcalde.
1855 Vicente García
18?? Manuel Martínez. Progresista.
1856 José Otero
18?? Fermín Monroy Correa.
1862 ou 63. Genaro Borines Ponte.
18?? Tomás Otero
Revolución de 1868 (A Gloriosa).
1869-maio. Ramón Martínez Saco.
1872-febreiro. Ramón Francisco Pardo Ferro. Nado na Coruña. Foille otorgada a Cruz de Isabel la Católica con distinción de Caballero Cubierto ante el Rey.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Proclamación da I República, 11 de febreiro de 1873.
1874 marzo. Genaro Borines Ponte. Exercería ata agosto.
187? José Otero Martínez.
1875 Pedro Salvador Fontenla Figueroa.
Constitución de Cádiz 1876
1880 Ramón Francisco Pardo Ferro.
1881 Ulpiano Sestelo Veiga.
1883 Ramón F. Pardo Ferro.
1885 Juan Rodríguez Bouzón
1887 Jose María Alfaya Milijosa.
1889 Salustiano Méndez Ponte y Andrade.
1892 Ramón Francisco Pardo Ferro.
1893 Cándido Otero García.
189? Salustiano Méndez Ponte y Andrade. Foi Secretario municipal, Concelleiro e Deputado Provincial.
1895 Luciano Fernández Cándara: por Real Orde.
1895 Juan Manuel Otero Milleiro: Médico. Descubriu un desfalco nas contas do Concello.
1899-1902 Manuel Pérez Rivas, xastre de profesión. En 1900 “Por motivo dunha pelexa entre un can propiedade do alcalde, e outro dun forasteiro, produciuse un escándalo na noite do xoves pasado. O alcalde ordenou a detención do forasteiro e revocouna posteriormente, ó indicarlle ó cabo da garda municipal que non existía motivo para tal detención.”
1902 Avelino Giráldez Pazó.
1908 Buenhijo Pérez Sobrino.
1909 Manuel Pérez Rivas.
1910 Buenhijo Pérez Sobrino.
1910 Avelino Giráldez
1913 Claudio Contreras y Valiñas (O Chato). Agrarista, foi nomeado alcalde como Riestrista. (No 1916 seguia no cargo).
1917 Pedro Otero Milleiro.
19?? Ricardo Contreras Valiñas. Alcalde ata abril1922. Mestre. Irmán do cacique Claudio Contreras, que fora alcalde e deputado por Redondela e Pontecaldelas, posteriormente man dereita do seu sucesor José Barreras.
1922-abril Buenhijo Pérez Sobrino. Conservador. Dimitiu en 1923.
1923-febreiro-14. Luis Telmo Bernárdez Santomé. Agrarista.
Golpe de Estado de Miguel Primo de Rivera.
1924 Casimiro Movilla Rodríguez, agrarista. Deixou o cargo porque emigrou a Brasil.
1924-xaneiro-13. Saturno Cal Muíños. Fotógrafo e agrarista.
19?? Manuel Pereira Míguez, agrarista.
19?? Luis Juan Pereira Míguez, agrarista.
Proclamación da II República. 14 abril 1930
1930 Pedro Otero Sestelo, agrarista elexido de forma interina. Boticario. Presentou a súa dimisión para presentarse á praza de Inspector Farmacéutico. Foi o presidente fundador do equipo de futbol Redondela F. C., construindo o primeiro campo de futbol de Redondela no pazo de Petán.
1932-agosto-17. Florencio Soto López. Perito agrónomo. Deixou o cargo porque o Goberno sacara un Decreto que suprimía as corporacións elexidas sen confrontación electoral.
1933-enero-27. Serafín Alonso Veiga, elexido trala constitución dunha Comisión Xestora, rematando o seu mandato por unha denuncia feita por Serafín Dacosta Paz, alegando irregularidades na formación da Comisión.
1933-abril. Joaquín Pais Llorens. Alcalde interino ata ás novas eleccións. Era mestre e daquela director da escola graduada de Redondela.
1933-maio-10. Manuel Joaquín Martínez Vidal, alcalde interino tralas eleccións por ser o concelleiro electo por maior número de votos (por ausencia de José Ramón Vidal Ramón) ata o nombramento do alcalde.
1933-maio Serafín Dacosta Paz (O Marqués), carpinteiro. Resultou elexido pola nova Comisión Xestora. Foi destituido por non apoiar a actuación das forzas públicas nas folgas de Asturias.
Estado de Guerra polas folgas de Asturias.1934.
1934-outubro-31. Buenhijo Pérez Sobrino, procurador da vila e corresponsal de Faro de Vigo. Preside unha Comisión Xestora formada únicamente por concelleiros de dereitas despois de ser destituida a corporación anterior.
1936-xaneiro-3. Manuel Florentino Pereira Míguez chega ó cargo trala orde do Gobernador Civil de crear unha nova Comisión Xestora.
1936-febreiro-21. Serafín Dacosta Paz. Reponse o goberno deposto en 1934.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Golpe Militar do 17 de Xullo de 1936 (inicio da Guerra Civil).
1936-xullo-21. Heliodoro Rivas Rivas. Nomeado polo Comandante Militar de Vigo.
1936-xullo-27. Francisco Cunqueiro Montenegro (don Pancho) nomeado polo Gobernador Civil. Médico nado en Santiago e casado en Redondela.
1936-Novembro-30. José María Izarzugaza de Velasco (El Vasco), nomeado pola Autoridade Militar.
1938-Maio-19. Cándido Martínez Esteiro, nomeado pola Autoridade Militar.
1940-Xaneiro-29. Juan Muíños Iglesias (Bistec), avogado. Elexido por “orde da Superioridade”.
1943-Novembro. Raúl Carlos Gunche López. Nomeado por orde do Gobernador Civil.
19?? Ulpiano Rodríguez Villarino.
1949-Febreiro-06. Francisco Cunqueiro Montenegro. Por decisión da Superioridade.
1951. Juan Muíños Iglesias.
1966-Marzo-11. Pedro Otero Rey, médico e fillo do tamén alcalde Pedro Otero Sestelo.
19?? Amado González Cardama. Accedeu á alcaldía por dimisión do anterior alcalde. Renunciou a presentarse ás eleccións baixo ningunha sigla política.
Primeiras eleccións municipais democráticas. 1979.
1979-Abril-19. Xaime Óscar Máximo Rey Barreiro (Carucho). Primeiro con Unidade Galega e logo co PSOE.
1996. Amado Ricón Virulegio. Do PP, accedeu ó cargo despois dunha moción de censura.
1999- Xaime Ó. Rey.
Faltan nesta relación: Edmundo Fernández Estévez e Isidoro Queimaliños Queimaliños.
Anecdotario Redondelán

