Anecdotario Redondelán

A Escolas I

 

            Os datos máis antigos referintes ao ensino lévanos a dous relixiosos nados en Redondela:

Francisco Groba Carballido.

            Rector do colexio de Fonseca no 1658, logo ocuparía unha das canonxías da catedral tudense.

Madre Constanza de Jesús.

Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela.

           

No Catastro de Enseada (1752) de Cesantes aparece:

“Un labrador llamado Juan García al cual por el oficio de enseñar gramática tiene utilidad al año 200 reales de vellón. Otro labrador también se ejercita en poner escuela y enseñar niños llamado Bartholome Fernández y por ello tiene de utilidad al año 150 r. v.”.

 

 

S. XIX

            Neste século atopo os seguintes datos:

Avelina

            Mestra en Redondela de, entre outras, Ernestina Otero.

María “a de Cambote”

            Daba clases na súa casa da rúa Ribeira.

Arca Villar, José.

Mestre promotor dunha loxia masónica na vila no 1894.

Blanco Pérez, Alfredo

            Na división de distritos escolares aprobada en febreiro de 1899 pola Asociación Provincial de Maestros, este mestre é proposto para estar ó fronte do distrito de Redondela.

Carballo Oterol, Lorenzo.

Mestre de Redondela xubilado entre 1891 e 1901.

Dobarro Gil, Domingo Antonio.

Xubilouse en 1903.

García Crespo, Francisco

            Mestre de Cabeiro xubilado no 1892.

García Domínguez, José.

Mestre de Redondela xubilado en 1896.

Lago Cubián, Maximina Dolores.

Mestra da escola de nenas de Redondela xubilouse entre 1903 e 1911.

Lueiro.

Mestre en Redondela a finais do s. XIX. Anteriormente traballara en Vigo.

Martínez Saco, Ramón.

Mestre da escola incompleta de nenos do Viso en 1870.

Rodríguez García, Matilde.

Era interina en Pazos de Borbén no 1897. En 1902, estando na escola de nenas en Ventosela, solicitou 2 meses de licencia para ampliar os seus estudos.

Rodríguez Salgueiro, Genaro.

            Nado o 11-05-1864. Traballou como interino nas escolas de nenos de Castrelo (1890-1891), Torroso (1891), Salvaterra (1891-1892), Redondela (1892), Baión (1894-1895) e Redondela (1895-1896); sendo mestro en propiedade da escola de Castrelos (Cambados) dende o 1-4-1896 ata o 12-1-1928 que se xubilou.

 

 

S. XX

A comezos do s. XX cando os mestres vivían lonxe das escolas percorrían grandes distancias a pé, a cabalo, en bicicleta e se había sorte nun camión (habitualmente os do leite que tiñan sempre as mismas rutas). Na primeira metade do s. XX existían as seguintes escolas públicas (coñecidas durante anos como escolas estatais) en Redondela:

  •  
    • Escola Estatal de Cabeiro. Mestres: Norberto Montero Mouriño (1933), Ignacio Gandós Villaverde (1934-¿?), José Novás Vázquez (1941-¿?), Saturnino Rdguez. Feijoo (1942), Carmen Moure Trelles, Erundina Pérez Sousa.
    • Escola de Cedeira. Mestre: Manuel Palmeiro (1919-1939), María del Carmen Tomé Varela (19??-1928), Paulina Sánchez Otero (1928-¿?), Elena Fernández Novás (1933-1934).
    • Escola Feminina de Cedeira. Atopábase no barrio de Canabal. En setembro do 1934 hai protestas porque non reune as condicións hixiénicas mínimas. Mestres: José Braga e María Asunción Rodríguez (1934-¿?).
    • Escola Masculina de Cedeira. Estaba situada á beira da estrada Redondela-Vigo, en parte do baixo da casa coa vella dirección barrio Aldea nº1. Deixou de funcionar como escola unitaria cando se ampliou a de Redondela en 1972. Mestres: Domingo Vence García (1938-¿?), José Bugallo.
    • Escola de Cesantes. Mestra: María García Mouriño (1919), Narciso Rodríguez Couñago (1919-1934).
    • Escola Feminina de Cesantes. Mestras: Marina Guerra y Garay (1933), Carmen Barreiro (1944-69).
    • Escola Masculina de Cesantes. Mestres: José Martínez Sánchez (193?),  Carlos Rodríguez (1939), Bernardo Fdez. Soto (1942), Serafín Alonso Veiga.
    • Escola Feminina de Chapela. En Laredo. O 25-4-1922 o Concello decide reparar esta escola, considerada inútil pola inspección, polo alto custe do aluguer do novo local. Mestras: Concepción Barrera (1934-1970), Marina Losada Taboada (1936), Concepción de Cuena González (1937-¿?), Ramón Ferro Fernández (1942), Juan Portela Areal (1943).
    • Escola Masculina de Chapela. O 12-09-1921 a inspectora de 1ªensino concédelle ó Concello de Redeondela 8 días para o traslado desta escola. En Cidadelle. Mestres: Fermín Blanco Alfaya (1933), Manuel Quiroga Fernández (1934-¿?), Andrés Mencía Rey (1935-¿?), Ramón Ferro Fernández (1942).
    • Escola Mixta de Negros. Mestres: Juan Antonio Pazos, Manuel Pérez Fernández (¿?-1933), Luis Sarasquete Hermo (1937), María Abalo Fontenla (1937), Antonio Viñas Novar (1938), Manuela Alejandro Cubelas (1939), Máximo Comesaña (1940).
    • Escola Femenina de Quintela. Na casa “das Ferreiras”. Mestras: María Luisa Paz Rivas (1933), Leonor Mera Varela (1937).
    • Escola Masculina de Quintela. Nunha curva morta do antigo trazado da estrada Redondela-Porriño, cerca do cemiterio de Mañó.
    • Escola de Rande (Cedeira). Mestras: Avelina Pajares Braña (¿?-1935), Marina Lago Búa (1935-¿?), Elena Perira Otero (1938), Luisa Gómez Fernández (1942).
    • Escola de Reboreda. Mestres: Germana Rey Crespo (1918), Prudencio Rodríguez Dios (1919).
    • Escola Feminina de Reboreda. En Santo Paio de Arriba. En maio de 1928 é aprobado o traslado desta escola á pranta baixa da escola masculina. Mestras: María García Mouriño (1934), Rosa Mª López (1934-58), Carolina García (anos 30-1943), Carmen Peña Gil (1934), Elena Pereiras Otero (1937), Paulina Sánchez, Maruja García (1946-63).
    • Escola Masculina de Reboreda. En abril de 1922 considérase favorable o edificio proposto polo Concello para trasladar esta escola. Mestres: Manuel Cerviño Ferrín (1934-¿?), Eduardo Casas (1938-¿?).
    • Escola de Redondela José Figueroa. Entrou en funcionamento en 1918. O edificio, situado na Xunqueira, foi cedido pola Asociación de Hijos de Redondela da que fora presidente este emigrante redondelán. Hoxe é empregado como centro da terceira idade. Por ela pasaron mestres como: Baldomero Carballo Soto (¿?-1919), Joaquín Pais Llorens (1918-1936), José Gallego (1919-¿?), Aurea Montero Moreno (¿?-1934), Francisco Valderrama (193?), Pereira Ibáñez (193??), Francisco Alonso Mosquera (1937-¿?), José Martínez Gómez (1938-¿?), José Soto Fdez. (1940), José Valladares Rdez. (1940), Norberto Montero Mouriño (1942), Miguel Navarro Acuña (1942), Rosa Mª López (1958-¿?), Lola Otero, Eduardo Cuntín, Enrique ou Ramón.
    • Escola Feminina de Redondela. Nun principio estaba separada da masculina, pasando logo a compartir o edificio da Xunqueira. Mestras: María Castro (¿1908-1921?), Concepción Bernárdez Santomé (1920), Concepción Sobrado (1920).
    • Escola Mixta de Saxamonde. Mestres: Manuel Ledo Groba (1919), Antonio Núñez (1919), María Concepción Arias García (1933-1934), Carmen Bermúdez (1934-1959), Claudio Sotelo (193?)
    • Escola Masculina de Trasmañó: Casa escola financiada polo emigrante retornado Benigno F. Álvarez. Na súa fachada figuraba a inscripción Escuela Nacional de Jóvenes Agricultores de Trasmañó. No seu lugar construiuse o Centro Cultural. Mestres: Ricardo Portela Pazos (1918), Agustín García Barros (1930), José Giráldez Ramos (1933), Antonio Martín Campos (1934), Juan Estévez Lameiro (1935), Carmen García Moldes (1938).
    • Escola Mixta de Ventosela. Mestres: Inés Táboas (1913), Carolina García, Fermín Blanco Alfaya (1936-1940), José Cerviño Ferrín (1937-38), Ángel Piñón Portela (1940), José Follente Domínguez (1942), Paulina Sánchez (1952-66)
    • Escola Masculina de Vilar. Mestres: Agustín Couto Mallén (1918), José Portela Pazos (¿?-1928), Luciana Robledo Tubillo (¿?-1934), Pilar González Fidalgo (1934-¿?), Carlos Paratcha Vázquez (1935-¿?), José M. Álvarez Gallego (1938-¿?), Emilio Ucha (1939), Antonio Costa Veiga (1942), Manuel Villar Landeira, Esmeralda Cal.
    • Escola Estatal Feminina de Vilar. Mestras: Picia Reboredo.
    • Escola Feminina de Vilavella na R. Padre Crespo. Xa exercía nela en 1910 Sofía Rodríguez, logo Elena Pereira, Lourdes Villar, Placer Vidal Portela (1923-1960), Antonia Guillán Abalo (1940), Esperanza Otero (1960-63) e Maruja García (1963-1969).
    • Escola Estatal Feminina de O Viso. En Soutoxusto. Mestras: María Alén, Lola Otero (1923-36), María Abalo fontenla (1937-¿?), Rosa Pérez (1942-44), Teodora Martínez (1944-1974)
    • Escola Estatal Masculina de O Viso. Mestres: Maximiliano Frías Hidalgo (1934), Manuel Martínez Pereiro (1935-1936), Restituto Escobar Lemos (1937-¿?)

 

 

A mediados do s. XX tamén abrirían en Redondela dúas escolas de empresa:

  •  
    • Escola de nenas da Empresa Textil Regojo. Nun principio na R. Padre Crespo, logo contruirase unha escola en terreos da factoría. Exercería dona Lucila Pereira e Pilar.
    • Escola da Conserveira JOB. En Cesantes. Impartía as clases Rosario Cal.

En xuño de 1969 sae a subasta a construcción das escolas de Redondela, Reboreda e Vilar de Infesta. A ampliación do Grupo Escolar de Santa Mariña entrou en  funcionamento no 1972. Ata ese momento terían gran importancia as escolas privadas que irían desaparecendo progresivamente. As escolas privadas na maioría dos casos eran abertas por mestras e mestres con título pero que non aprobaran a oposición, en casos como o de Antonia Rodríguez o título lle fora retirado polo réxime franquista. Estes colexios eran coñecidos polo nome do seu titular a excepción do:

 Colexio Cervantes. Inaugurado o 15 de setembro de 1963 na Rúa dos Eidos, trasladariase logo á R. Ernestina Otero. Tivo como profesores, entre outros, a Somoza e ó logo alcalde Xaime Rey. Fechou en 1972 pola ampliación da escola pública de Santa Mariña.

Nos seguintes anos construiríanse centros nas distintas parroquias ata chegar a 1987, ano en que se abriu o derradeiro colexio de E.X.B. en  Quintela.

A principios dos anos 70 construiuse o Instituto de Bacharelato Mixto de Redondela na Xunqueira (hoxe Edificio Multiusos), que no 1987 se convirtiría no actual I. E. S. Mendiño. E a principios dos 80 entraría en funcionamento o Instituto de Formación Profesional de Redondela (despois chamado I. E. S. Pedro Floriani).

 

 

 

Relación de mestras e mestres que exerceron na primeira metade do s. XX en ou de Redondela (1ª Parte)

 

Alonso Veiga, Serafín-Foto Redondela, crónica dun tempo pasado

 

Abalo Fontenla, María

            En agosto de 1937 é trasladada de Trespieles (Fornelos) a Negros, e en outubro dese mesmo ano a O Viso.

 

Abelleira Blanco, Dolores (Lola) (Redondela 27-11-1911)

            Titulada na Escola Normal de Pontevedra. Mestra en varias escolas rurais: Zamáns (Vigo), Nespereira (Pazos de Borbén)- achegábase tódolos días camiñando dende Redondela-, Silvoso (Ponte Caldelas) e Rianxo onde se xubilou con 70 anos. Establecería a súa residencia en Noia. Casada co tamén mestre Eduardo Sánchez Otero.

 

Alejandro Cubelas, Manuela

            Mestra en Negros en decembro de 1939.

 

Alén ¿?, María

             Mestra na escola do Viso nos anos 20.

 

Alonso ¿?, Juan

            Era mestre no concello de Redondela en 1935.

 

Alonso Veiga, Serafín (Chaín-Gondomar, ¿?)

Foi Alcalde como Presidente da Comisión Xestora de Redondela entre xaneiro e marzo de 1933 por ser o mestre máis novo da vila. Exerceu na Escola Masculina de Cesantes. En novembro de 1937 foi trasladado da escola de Beade á de Goián.

 

Álvarez Araujo, Rita (Redondela 22-7-1910 / Pontevedra 1984)

            Examinouse na Escola Normal de Pontevedra. Entre os seus primeiros destinos estivo Aranza (Soutomaior). En 1957 trasladouse a Torrejón de la Calzada donde traballaría durante 15 anos. Xubilaríase con 70 anos en Arganza (Madrid).   

 

Álvarez Gallego, José M.

            En xaneiro de 1938 é nomeado mestre de Vilar de Infesta.

 

Arias García, María Concepción

            Sendo mestra en Saxamonde, en maio de 1933, desestímanlle unha mellora de posto no escalafón. Deixa esta escola cando en outubro de 1934, acada destino definitivo na escola de párvulos de Santa Lucía (León)

 

Arines ¿?, Antonio.

Tivo escola na Rúa Oriente (hoxe Telmo Bernárdez).

 

Armesto Salgado, Juan

            O 11-4-1933 é nomeado mestre de Ventosela.

Bermúdez Otero Carmen-Foto Mestras de Redondela

Barral ¿?, Petra

            Tiña escola na R. Juan Manuel Pereira nos anos 30-40.

 

Barreiro Seoane, Carmen (Oza dos Ríos 1899 / Redondela maio 1993)

            Criouse e estudou en Pontevedra. Iniciouse na ensinanza en Xeve (Pontevedra) e Cepeda (Pazos de Borbén). En 1944 comeza a dar clases na escola unitaria mixta de Outeiro das Penas (Cesantes), na que permanecerá ata a súa xubilación ós 70 anos.

 

Barrera Vázquez, Concepción (Becerreá 1908 / Chapela 1983)

            Aprobou Maxisterio na escola de Santiago de Compostela. Pasou polas escolas de Lugo e Avilés antes de instalarse na escola unitaria de nenas de Laredo (Chapela) no 1934. Foi destituida durante a Guerra Civil e logo da súa reinserción, a finais de 1937, seguiría dando clases ata que motivos de saúde a obrigaron a xubilarse en 1970.

 

Berdeal Neira, Sebastián (Quintela (Redondela) ¿?)

            En febreiro de 1929 otórgaselle a autorización para solicitar escola.

  

Bermúdez Otero, Carmen (Redondela 29-11-1896 / Redondela 24-10-1989)

            Estudiou en Marín e logo na Escola Normal de Pontevedra. Comezou dando clases particulares en Redondela, no 1934 acadou praza na escola de nenas de Saxamonde, á que acudía a pé. No 1959 pasa á Graduada de Redondela, ficando nela ata a súa xubilación no 1967.

 

Bernárdez Gómez, Isabel (Bela) (Redondela 27-2-1917)

            Cursou Maxisterio en Pontevedra. Tan só chegou a exercer nunha escola rural de Cambados por mor da Guerra Civil. O seu pai Luis Telmo Bernérdez Santomé foi executado en 1936 e ela sería afastada do seu posto, tendo que exiliarse a México coa súa nai e irmáns.

 

Bernárdez Santomé, Amelia

            Irmá de Telmo Bernárdez.

 

Bernárdez Santomé Concepción

            En decembro de 1920, é nomeada mestra interina da escola de nenas de Redondela.

 

Blanco Alfaya, Fermín

            En 1932 forma parte do Grupo Galeguista de Redondela. En decembro de 1933 concédenlle a escola de Chapela. Casouse o 7 de xullo de 1934 en Vilagarcía. En 1936 é destituido e encarcerado, sendo meste en Ventosela. En xullo de 1937 é reposto con pérdida dos haberes que deixou de percibir é trasladado a unha escola de Hérmenes do Cerrato (Palencia), quedando inhabilitado para cargos directivos e de confianza. En febreiro de 1938 queda sen efecto o traslado e reintégrase á escola de Ventosela. En setembro de 1940 pasa a cubrir provisionalmente unha vacante en Redondela.

 

Blanco Lago, Natalia e Pilar.

Coñecidas como as Andaluzas porque eran de Xerez. A primeira morreu en 1958 e a segunda en 1940.

 

Bouzas Cabanelas, María Juana

            O 10 de xuño de 1904 é nomeada fóra de concurso como interina na escola mixta de Cedeira.

 

Braga, José

            Ensinou en Cedeira.

 

Bugallo, José

            En agosto de 1939 era interino en Cedeira.

Cal Fernández, Raimundo-Foto Redondela, crónica dun tempo pasado

Cabaleiro ¿?, Luis

            Co seu curmán Gonzalo Muíños, nos anos 40 daban clases de Bacharelato na escola que tiñan Paulina Sánchez e Carmiña Lago na Rúa Isidoro Queimaliños.

 

Cabaleiro ¿?, Rita

            Tiña escola na Rabadeira (Cedeira) nos anos 30-40.

 

Cal Fernández, Esmeralda (Redondela xaneiro 1899 / Redondela 1-5-1990)

            Examinouse na Normal de Pontevedra. Percorría 20 km. a pé  para chegar á escola de Padróns (Ponteareas). Despois pasaría a Vilar de Infesta e a Louredo (Mos), para instalarse definitivamente en 1959 en Reboreda onde impartirá clases durante 20 anos. Entre 1936 e 1938 foi afastada do seu cargo

 

Cal Fernández, Raimundo Nicolás Jorge (Redondela, 22-9-1914)

            Secretario xeral das Mocidades do Partido Galeguista de Redondela e Responsable de Prensa e Propaganda da provincia de Pontevedra durante a campaña do Estatuto, era estudante de Maxisterio cando se iniciou a Guerra Civil. Nomeado mestre de Petelos en 1942, foi apartado da docencia por motivos políticos. Restituido en 1950 solicitou praza en Logroño e 6 anos despois na parroquia de Reboreda.

 

Cal Fernández, Rosario (Redondela 1911)

            Examinouse por libre na Normal de Pontevedra. Pertencía ó Grupo Galeguista polo que lle rebaixaron o número obtido na oposición do nº 5 ó 24. En 1942 empeza a traballar na escola mixta de Vilachán do Monte (Tomiño). Pasaría logo por Amorín (Tomiño), Pazos de Borbén, Cesantes e Redondela.     

 

Campos Pérez, Antonio Martín

            En outubro de 1934, sendo mestre en Amoedo (Pazos de Borbén), acada praza definitiva na escola de Trasmañó.

 

 

Carballo Soto, Baldomero

            En novembro de 1918 apróbase a permuta entre este mestre en Redondela e José Gallego Martínez, mestre na Estrada. O 20 de marzo de 1932 a través do xornal El Soplete envíalles unha aperta ós seus ex-alumnos de Redondela ós que espera ver no próximo verán.

 

Carracedo Barrio, María

            En setembro de 1936 é destinada a unha sección da graduada de Redondela.

 

Carreira Carreira, Antonio

            Residente en Trasmañó é destinada como interina a Cerdeiras (Orol-Lugo) en xullo de 1939.

 

Carrete Rebolledo, Gabriel.

Tiña escola na rúa Francisco de Federico (actual Padre Crespo).

 

Casal Piñeiro, Efigenia

            Non era de Redondela. Ensinou na vila como interina ou sustituta.

 

Casas Builla, Eduardo.

            En febreiro de 1938 foi nomeado mestre interino de Reboreda, procedente da graduada do Areal (Vigo).

 

Castro Lago, María.

No 1908 era mestra da escola pública de nenas de Redondela. En novembro de 1918 ascende de categoría pasando a cobrar 2.000 pesetas. En 1920 propónse que, xunto a José Castro mestre de Covelo, se lle otorguen gracias de Real Orden por seres os únicos mestres da provincia que viñan cumplindo a Real Orden de abril de 1918 dende a súa publicación. En maio de 1921, sendo directora da escola de nenas de Redondela, é elexida tesorera da Asociación de Mestres de Redondela. Suspendida de emprego e soldo en 1936, é reposta ás súas funcións en xuño de 1937

 

Cortizas Figueroa, Elena-Foto: Mestras de Redondela

Cendón González, Francisco

            En xaneiro de 1919 é nomeado mestre interino para a escola de Cesantes.

 

Cerviño Ferrín, José

            De Godos (Caldas de Reis) sería trasladado, en novembro de 1937, á escola de Ventosela.

 

Cerviño Ferrín, Manuel

            En agosto de 1934, sendo mestre en Tinlores (Ourense), é proposto para a escola de Reboreda. Suspendido no 1936, sendo restituido en novembro dese mesmo ano

ó seu posto en Reboreda. En xaneiro de 1938 é suspendido por 10 meses.

 

Comesaña López, Máximo

            Rematou a carreira no 1935. En febreiro de 1940 reintégrase como interino en Negros, onde seguía en 1942.

 

Contreras Valiñas, Ricardo

            Foi alcalde de Redondela. En febreiro de 1913, como mestre do partido xudicial de Redondela, e feito un depósito para garantir a responsabilidade do seu cargo, elexiu como o seu sustituto en caso de ausencia xustificada, enfermidade ou falecemento a Juan Suárez, veciño de Redondela.

 

Cortizas ¿?, Estrella

            Tiña escola na Praza Figueroa nos anos 30-40.

 

Cortizas Figueroa, Elena (Lelé) (Redondela maio 1918 / Redondela 21-6-1988)

            Antes de aprobar as oposicións en Pontevedra en 1944 deu clases particulares xunto a Maruja Fernández. Despois de 2 anos exercendo en Valbuena de Pisuerga (Palencia) volta a Galicia en 1947, pasando polas escolas de Bande (Ourense), Estacas (Fornelos de Montes), Fozara e Xinzo (Ponteareas). En 1971 trasládana a Negros e 3 anos despois a Redondela, onde permanecerá ata a súa xubilación no 1984.

 

Costa Veiga, Antonio

            Mestre de Vilar en 1942.

 

Couto Mallén, Agustín

            En xuño de 1918 é nomeado mestre interino da escola de Vilar Infesta.

 

Criado ¿?, Josefina

            No 1943 mestra sustituta en Reboreda.

 

Criado ¿?, Ramona

            Obtivo o número 2 nas oposicións de 1900.

 

Criado Orellana, María

            Acada o título en 1910.

 

De Cuena González, Concepción

            En agosto de 1937 é trasladada de Vadillo (Logroño) para Chapela (Redondela).

 

Cunqueiro Alfaya, María del Carmen (Redondela abril-1919 / Redondela 6-11-1996)

            Estudiou Maxisterio en Pontevedra, comezando a exercer en 1938 na escola de Fragoso (A Estrada). No 1944 trasládase a Villadeséns (Girona) e 2 anos despois volta a Galicia pasando polas escolas de Ventín (Fornelos), Calvos e Amoedo (Pazos de Borbén). En 1955 abandoa a docencia para coidar da súa primeira filla.

 

Cuntín ¿?, Eduardo

            Foi mestre no Grupo Escolar de Redondela.

 

Fernández Soto, Mª Ascensión-Foto: Mestras de Redondela

 

Domínguez Pereira, María (Maruja) (Redondela 1914)

            Estudiou o Bacharelato en Pontevedra, examinándose despois en Maxisterio no 1935. O seu primeiro destino foi Beade (Vigo). Logo pasaría por Cee e Santa Comba, para acadar praza no colexio de Aguiño (Ribeira), onde fixou a súa residencia.

 

Escobar Lemos, Restituto

            En febreiro de 1937 é nomeado para dar clases en O Viso.

 

Estévez Lameiro, Juan

            Era mestre de Trasmañó en 1935.

 

Fernández Novás, Elena

            Sendo mestra en Cedeira, por orde do 19-4-1933, ascende a cobrar 5.000 pesetas. En setembro apróbase o seu traslado a Pontecesures.

 

Fernández Soto, Bernardo

            En 1942 mestre en Cesantes.

 

Fernández Soto, María Ascensión (Maruja) (Redondela 17-5-1917 / Barcelona 1987)

            Con tan só 15 anos en 1933 pertencía ó Grupo Galeguista de Redondela. Acada a titulación de Maxisterio en Pontevedra no 1935. Por mor da suspensión das oposicións da clases en Redondela xunto a Elena Cortizas. Acada destino en 1955 en Pen Amieva (Asturias). No 1962 trasládase a Aytona (Lleida) e despois as escolas de Barcelona de Sta. Eugenia Congost e de La Gorriga. Máis tarde, volta á súa vila, exercendo primeiro en Cidadelle (Chapela) e despois en Reboreda, onde se xubila.

 

Ferro Fernández, Ramón

            Nomeado interino en Chapela en xullo de 1942.

 

Follente Domínguez, José

            Mestre en Ventosela en 1942.

 

Fontdevilla, Rafael

            En setembro de 1939 elixe facer prácticas en Cedeira.

 

Frías Hidalgo, Maximiliano

            En maio de 1934 concédenlle praza na escola de O Viso. En outubro de 1934 acada praza definitiva en Santiago Milla (león).

 

Gallego Martínez, José

            En novembro de 1918 apróbase a permuta entre este mestre na Estrada e Carballo Soto, Baldomero, mestre en Redondela. En maio de 1921, cando ocupaba o cargo de director da escola graduada de Redondela, constitúese a Asociación de Mestres de Redondela, sendo elexido presidente. Seguía nesta escola en 1928.

 

Gandós Villaverde, Ignacio

            En agosto de 1934, sendo mestre en Regueiro (Ourense), é proposto para a escola de Cabeiro. Estando nesta escola é suspendido no 1936, sendo restituido en novembro dese mesmo ano.

 

García Barros, Agustín

            En marzo de 1930, sendo mestre de Trasmañó, cúrsase á Dirección Xeneral a súa solicitude ó Ministerio para seguir un curso de inglés.

 

García Moldes, Carmen

En xaneiro de 1939 destinada como mestra interina a Trasmañó.

 

García Mouriño, María

            O 28 de decembro de 1918 adxudicóuselle a praza de mestra en Cesantes. En outubro de 1934, sendo mestra en Reboreda, acada praza definitiva en Castrelos (Vigo).

 

García Senra, María de la Nieves (Maruja) (Redondela 1903 / Redondela 10-5-1975)

            Examinouse na Escola Normal de Pontevedra. En 1922 comezou como interina nunha escola de Tui. Logo acadará praza en Lugo e despois en Vincios (Gondomar), onde permanecerá 13 anos. Xa en Redondela, pasará 17 anos na escola de Santo Paio de Arriba (Reboreda), trasladándose en 1963 a Vilavella e en 1969 a Reboreda, que será o seu derradeiro destino antes da xubilación.

 

García Tenreiro, Carolina

Nada na provincia de A Coruña, foi a primeira muller Concelleira de Redondela en 1934. Suspendida en 1936. Mestra nacional en Ventosela e Reboreda, onde cesou en 1943.

 

 

Gómez Fernández, Luisa-Foto: Mestras de Redondela

Giráldez Ramos, José

            En decembro de 1933 concédenlle praza na escola de Trasmañó.

 

Gómez Fernández, Luisa (Redondela 20-3-1911)

            Nun principio quiso presentarse as oposicións de Facenda pero como daquela non estaba ben visto unha muller traballando con homes decantouse polas de Maxisterio. En 1934 comezou a exercer en Adelán (Lalín). En xullo de 1942 é trasladado a Rande (Cedeira) e posteriormente a: Soutoxuste (O Viso), Quintela, Cesantes (onde tamén ensinaba a adultos) e finalmente no Grupo de Redondela, xubilándose ós 70 anos. Desprazábase en bicicleta ás escolas.

 

Gómez Rubio, María del Pilar

            Nomeada mestra interina de Redondela en marzo de 1937.

 

González Gómez, Fernando (Tolosa 25-3-1868 / Redondela 22-12-1947)

Coñecido como Rey Chiquito, emigrou ós 13 anos. Xornalista, foi repatriado tras ser ferido na guerra de Cuba. En Redondela seguiu colaborando con varios xornais e abriu a súa propia escola. Era pai de Amado González Cardama que sería alcalde de Redondela.

 

González Fidalgo, Pilar

            En novembro de 1934 acada praza na escola feminina de Vilar de Infesta.

 

González Montes, Antonio

            En novembro de 1939, este ex-combatente elixe Trasmañó como destino.

 

Gónzalez Pérez, Antonio

            En setembro de 1936 é nomeado provisionalmente director da escola de nenas de Redondela.

 

Grande Iglesias, Benito

            En xaneiro de 1919 é nomeado mestre interino para a escola de Saxamonde.

 

Guerra y Garay, Marina

            O 8-7-1933, sendo mestra da escola de nenas de Cesantes, leva ás súas alumnas de excurión a Pontevedra. Visitaron a granxa avícola de Monte Porreiro, a Praza de Touros, as ruínas de Santo Domingo, o Concello, a Deputación Provincial, o Hospicio, Gota de Leche, Instituto, Escuela Normal, Museo e a Misión Biológica de Galicia.

 

Guillán Abalo, Antonia

            Mestra en Graña (Covelo), en febreiro de 1940 é trasladada a Vilavella.

 

Iglesias ¿?, Jesusa

            Tiña escola na Rúa Prata nos anos 30-40.

 

Iglesias López, Felisa (Redondela)

            Aprobou Maxisterio no 1935.

 

Lago Búa, Marina

            Estando en posesión da praza de Laro (Silleda), en abril de 1934, permutaa pola de Rande. É suspendida polo franquismo de emprego e soldo durante 6 meses e traslado á provincia de Zamora en xaneiro de 1938. En febreiro de 1938 queda sen efecto o traslado e en xuño reintégrase á escola de Rande.

 

Lago Figueroa, Carmen (Carmiña) (Redondela 1918)

Rematou o Bacharelato en Pontevedra en 1936. Por mor da guerra terá que  esperar ata o 40 para ser mestra e ata o 55 para exercer. Con Paulina Sánchez impartiría clases na R. Isidoro Queimaliños. O seu primeiro destino será en Arriondas (Asturias), onde permanecerá 20 anos. O resto da súa carreira a desenrolaría en Cangas de Onís (Asturias), xubilándose ós 65 anos.

 

Ledo Groba, Manuel

            En febreiro de 1919 é nomeado mestre interino de Saxamonde.

 

Leirós Fernández, Sara (Redondela)

            Exerceu como profesora na Escola Normal de Santiago de Compostela onde ten escrito varios libros, un deles de xeografía.

 

Liste Martínez, Antonio

            En xaneiro de 1943 nomeado mestre en Negros.

 

Lobato Rodríguez, Carmen (Saxamonde)

            Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.

 

 

 

Subir                                                                                                            As Escolas II