As Escolas II.
Relación de mestras e mestres que exerceron na primeira metade do s. XX en ou de Redondela (2ª Parte)
López Fondevilla, Rosa-Foto: Mestras de Redondela
Lois García, Benjamín (Cesantes)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Lois Meijomin, Julio (O Viso)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
López ¿?, Telesforo
En maio de 1921, sendo mestre en Chapela, é elexido vicetesoreiro da Asociación de Mestres de Redondela.
López de Castro García, Celestino (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
López de Castro García, Sebastián (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
López Fondevilla, Rosa María (La Habana (Cuba))
Chegou a Pontevedra procedente de Cuba ós 12 anos. Alí aprobaría as oposicións no 1933. Ó ano seguinte comeza a traballar na escola de nenas de Reboreda. No 1958 trasládase á Graduada de Redondela na que permanecera ata que un accidente a obliga a xubilarse ós 66 anos.
López Pérez, Benito (Chapela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Lorenzo Portela, Manuel (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Losada Dopazo, José (Chapela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Losada García, María (Reboreda)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Losada Taboada, Marina
Ë nomeada mestra de Chapela en setembro de 1936.
Madero ¿?, Maruja
Non era de Redondela. Ensinou na vila como interina ou sustituta.
Mafeira Rori, Juan (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Magdalena, Luis
Era mestre no concello de Redondela en 1935.
Malvar Graña, Elías (Cesantes)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Mandado Bouzón, María (Maruja) (Redondela 1903)
Obtivo o título na Normal de Pontevedra. Realizou sustitucións nas escolas femininas da vila (no 43 estivo en Vilar de Infesta). Logo, daría clases en Pazos de Borbén (á que ía a pé), Famelga (Outes), Chandebrito (Vigo) e o Morrazo. Máis tarde, estableceriase en Valencia.
Mandado Bouzón, Teresa (Redondela 1918 / Cataluña 1968)
Como a súa irmá, comezou facendo sustitucións en escolas de nenas da vila (no 43 en O Viso). Traballou en escolas dos concellos de Pazos de Borbén e Mos antes de trasladarse a Cataluña, onde exerceu durante 7 anos antes de morrer cando contaba 50 anos de idade.
Marín ¿?, Mercedes
Tiña escola na Rúa Calvo Sotelo (actual Santa Mariña) nos anos 30-40.
Marín Mateo, Teresa
En decembro de 1918 era mestra de Chapela, cando se fixo efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas.
Martín Escudero, Socorro (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Martín Escudero, Soledad (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Martínez Currais, Soledad Teodora-Foto: Mestras de Redondela
Martínez Currais, Soledad Teodora (A Lama 8-11-1910 / Redondela 24-4-1983)
Orfa sendo nena, criouse en O Viso co seu tío. Opositou no 1931, sendo destinada a Calvos. Ó ano seguinte é trasladada a Cimadevila (Campolameiro), onde casa. En 1944 acada praza en O Viso, ensinando nesta parroquia ata 1974, ano no que xubila por enfermidade.
Martínez Gómez, José
En xaneiro de 1938 foi nomeado mestre da graduada de Redondela.
Martínez Moreira, Secundino (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Martínez Pereira, Joaquín (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Martínez Pereiro, Manuel
Era mestre en O Viso en 1935. Foi suspendido en 1936. En outubro de 1937 a Comisión Depuradora do distrito decide que sexa separado definitivamente do ensino. En novembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo, sendo proposto para separación definitiva.
Martínez Sánchez, José
Era mestre en Cesantes en 1935. Apartado das súas funcións en 1936, é reposto en xullo de 1937. En xaneiro de 1942 segue na mesma escola cando lle conceden 30 días por enfermidade.
Mediero, Antonio.
Xa tiña escola na Rúa Ribeira antes de 1920. O que non sabía a lección tiña que poñerse no balcón, de seonllos, cos brazos en cruz e cunha carapucha na cabeza.
Mencía Rey, Andrés
Era mestre en Chapela en 1935. É suspendido no 1936, sendo reposto en novembro dese ano. En novembro de 1938 ratifícase a súa suspensión de emprego e soldo, sendo proposto para separación definitiva.
Méndez Fernández, Sara (Reboreda)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Mera Varela, Leonor
En decembro de 1937, sendo mestra de Quintela, concédeselle licencia para alumbramiento.
Milleiro Sampedro, Regina (Rande)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Moldes Castro, Miguel (Chapela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Montero Moreno, Aurea
En outubro de 1934 apróbase o seu traslado da escola de Redondela á da Av. de la Inmaculada (Madrid).
Montero Mouriño, Norberto
En decembro de 1933 concédenlle praza na escola de Cabeiro. En 1942 mestre en Redondela.
Montes Cendón, Pura
Tiña escola na Rabadeira (Cedeira) nos anos 30-40.
Moreira Hermida, Josefa (Reboreda)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Mosqueira Alonso, Francisco
É trasladado, en decembro de 1937, da escola de Cangas á de Redondela.
Mosquera Manso, Francisco
Mestre da graduada de Redondela ó que se lle abre expediente en novembro de 1939.
Moure Trelles, Carmen
O 7-12-1921 é nomeada en propiedade mestra de Cabeiro.
Muíños, Gonzalo
Co seu curmán Luis Cabaleiro, nos anos 40 daban clases de Bacharelato na escola que tiñan Paulina Sánchez e Carmiña Lago na Rúa Isidoro Queimaliños.
Muíños Blanco, Amalia (Amalita) (Redondela, abril 1911 / Redondela 10-5-1993)
Estudiou na Normal de Pontevedra. No 1932 pertencía ó Grupo Galeguista de Redondela. No 1933 era mestra nas Colonias Escolares do Rebullón. O seu primeiro destino foi Angudes (Crecente), logo pasaría a Torneiros (O Porriño). En 1965 consegue o traslado a Reboreda, praza que ocupará ata a súa xubilación.
Muíños Castro, María (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Otero Fernández, Arminda-Foto: Mestras de Redondela
Navarro Acuña, Miguel
En novembro de 1942 nomeado mestre de Redondela.
Novás Vázquez, José
Ex-combatiente en febreiro de 1941 e nomeado mestre interino de Cabeiro.
Novo Díaz, Rosendo (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Novoa García, Preciosa (Paisáns (Ramiráns-Celanova) 1878 / Vigo 1954)
Estudiou en Ourense. Exerceu en Xácevas (Quintela de Leirado), Rodeiro e O Rosal. No 1926 obtén praza en Ventosela, onde permanecerá ata a súa xubilación.
Núñez ¿?, José Antonio
En maio de 1919, aprobouse o seu traslado da escola de Cecebre (Coruña) á de Saxamonde. En maio de 1921, sendo aínda mestre en Saxamonde, é elexido vicesecretario da Asociación de Mestres de Redondela.
Ocampo Otero, María (Maruja) (Redondela, 14-4-1917)
En Pontevedra obtivo os títulos de Bachiller e Maestra Nacional, mais non chegoua a exercer.
Ogando Mouco, Leoncio (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Olivares Guzmán, Julio (Cesantes)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Orge ¿?, Josefina (Fina) e Mari Carmen.
Irmás que exercían na rúa Cruceiro. A primeira acadaría praza no colexio de Reboreda, continuando a segunda coa escola, coñecida posteriormente como La Escuelita.
Orge Alonso, Francisco (O Viso)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Otero Fernández, Arminda (Redondela 11-7-1887 / Pontevedra 1955)
Cursou Maxisterio en Pontevedra. Ensinou nunha escola rural de Ourense, en Teis (Vigo), Figueirido (Pontevedra) e Marín, colexio no que se xubilou con 70 anos.
Otero Fernández, Luciano (Redondela)
Titulado en Pontevedra exerceu en varias poboacións da provincia. Faleceu en Pontevedra nos anos 80.
Otero Fernández, Margarita (Redondela 1879 / Pontevedra 1977)
Despois de pasar pola Escola Normal de Pontevedra, iniciouse traballando un ano nunha escola rural de Lugo e cinco en Vilalonga. Despois exercería na Escola Anexa á Normal de Pontevedra durante 42 anos, ocupando varias veces o cargo de directora.
Otero Fernández, Agripina, Paulina, María e Rosa
Irmás dos anteriores, cursaron tamén Maxisterio, pero morreron moi novas de tuberculose e só as dúas últimas chegaron a exercer durante un breve periodo.
Otero Sestelo, Araceli (Redondela 1910 / Redondela 5-8-1951)
Estudiou en Pontevedra para adicarse ó ensino en escolas rurales como a de Amorín (O Rosal) ou a de Refoxos (A Estrada). Foi suspendida durante un tempo polo réxime franquista. Organizou roupeiros escolares entre outras actividades e colaborou na Coral Polifónica de Pontevedra. Faleceu solteira en Redondela.
Otero Sestelo, Dolores (Lola) (Redondela 12-10-1898)
Cursou bacharelato e Maxisterio en Pontevedra. Comezou a traballar en Tremoedo (Cambados), para axiña ensinar na escola de nenas de O Viso (1923-36) á que iba a pé. En decembro de 1935 aprobouse o seu traslado ó Grupo Escolar de Redondela, pero non se fixo efectivo ata despois de sufrir a súa destitución polo réxime franquista. Foi restituida en xaneiro de 1938 con perda de tódolos haberes deixados de percibir. Nesta escola sería directora varios anos e daría clases ata xubilarse en 1967. Promoveu os roupeiros escolares e fomentou as actividades teatrais.
Otero Sestelo, Ernestina (Vilavella (Redondela) 23-10-1890 / Vilavella 13-2-1956)
Pais LLorens, Joaquín. Foto: Bodas de Oro. Antonio Ocampo
Otero Sestelo, Esperanza (Redondela 5-11-1900)
Despois dos seus estudios en Pontevedra é destinada a Regueira (Xove). Pasou logo á escola de Petelos (Mos), para no 1960 obter a praza definitiva en Vilavella. Como as súas irmás foi suspendida durante un tempo. Promoveu os rupeiros.
Pais Llorens, Joaquín. (Freijo (Outes) en 1889 / 30-12-1960)
Despois de dar clases en Marín presentouse ás oposicións obtendo praza en Redondela en 1918. En maio de 1921 é elexido secretario da Asociación de Mestres de Redondela.
Foi director da escuela graduada e tamén daba clases de Bacharelato na súa casa, sendo logo habilitado. Foi alcalde interino da Comisión Gestora de Redondela entre marzo e abril 1933. En 1936 foi distituido como profesor e posteriormente preso por razóns políticas. Pasaría 18 meses nas cárceres de Celanova e Pontevedra. Posteriormente subsistiría dando clases particulares.
Pajares Braña, Avelina
Sendo mestra en Rande permuta a súa praza pola de Laro (Silleda).
Palmeiro ¿?, Teresa (Redondela)
Exerceu pouco tempo.
Palmeiro ¿?, Manuel
O 28 de decembro de 1918 adxudicóuselle a praza de mestre en Cedeira, onde ensinaría ata a súa xubilación en abril de 1939. En maio de 1921 é elexido vicepresidente da Asociación de Mestres de Redondela.
Paratcha Vázquez, Carlos
Era mestre en Vilar de Infesta en 1935. Suspendio no 1936, sendo restituido en novembro dese mesmo ano.
Paseiro ¿?, irmás (Redondela)
Exerceron pouco tempo.
Pastor Marín, Antonia
O 4-5-1922 esta mestra de Madrid é trasladada á escola de nenas de Redondela.
Pausa, José Juan
Era mestre no concello de Redondela en 1935.
Paz Rivas, María Luisa
En decembro de 1933 concédenlle a escola de Quintela.
Pazos, Juan Antonio
No 1939 Angélica González solicita pensión polo seu esposo, que fora mestre en Negros.
Pedruela Tuda, Isaac
Era mestre no concello de Redondela en 1935.
Pérez Míguez, Carmen-Foto: Mestras de Redondela
Peña Gil, Carmen
En novembro de 1934 acada praza na escola de Redondela. En abril do ano seguinte pediu unha excedencia por máis de un ano e menos de dous. En maio de 1937 conmútase a excedencia.
Pereira Ibáñez, Carlos
Mestre en Redondela, suspendido no 1936, decídese a súa restitución en outubro de 1938.
Pereira Otero, Elena Umbelina (Redondela 12-2-1915)
Foi a número un da súa promoción en Pontevedra. Iniciou a súa carreira na escola de Vilavella. En outubro de 1937 é nomeada mestra de Santo Paio de Arriba, en Reboreda. En xaneiro de 1938, mestra de Rande. En xullo dese mesmo ano pasa a de Pazos de Borbén, seguirán: Tameiga (Mos), Praza da Feira (Arcade), C. P. Arcade e o Colexio Troiteiro Padín (Arcade). Fixaría a súa residencia definitivamente en Soutomaior.
Pereira Otero, Lucila (Redondela 11-10-1924)
Estudiou na Escola Normal de Ourense. Tivo escola na rúa Alfonso XII. Comezou a traballar en Vilar de Avión (Ourense). En 1953 comezaría a traballar na escola de nenas do Padroado Industrias Regojo. Despois ensinaría ata a súa xubilación no Colexio Mixto de Redondela. Ata o 64 deu clases de bacharelato ós alumnos que querían examinarse por libre, xa que Redondela non contaba con instituto.
Pereira Pena, Ramón (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Pereira Pérez, Teresa (Redondela)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Pereira Rivadulla, María (Rande)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Pérez Borines, María
Tiña escola en Catapeixe (Cesantes) nos anos 30-40.
Pérez Fernández, Manuel
En abril de 1933, sendo mestre nacional en Negros, solicita a xubilación por incapacidade física. Foi suspendido pola Guerra Civil. En agosto do 1938 quedaron sen curso tantoa súa solicitude de reposición como a de xubilación.
Pérez Míguez, Rosa (Redondela 25-3-1917)
Titulouse na Normal de Pontevedra. Comezou a exercer en plena Guerra Civil en Gurgueiro (A Golada). Seguirán os destinos de Valadares (Vigo), Soutoxusto (O Viso, 1942-44), Macenlle (Marín), Meira (Moaña) e Pontevedra. Xubilouse ós 66 anos, fixando a súa residencia en Pontevedra.
Pérez Rodríguez, Carmen (Carmiña) (Redondela, set. 1909 / Vigo 21-09-1982)
Obtivo o título en Pontevedra. Despois de varias interinidades acadou destino en Villamolat de Mur (Cataluña), onde só tiña 2 alumnos. Despois ensinaría en Romai (Portas), Fozara (Ponteareas), Lumeda (A Cañiza), Canas (O Porriño) e Celtia, onde se xubilou.
Pérez Sobrino, Erundina
Tivo escola en Redondela ata os anos 40. Promotora de actividades como teatros e veladas musicais.
Pérez Sousa, Erundina (Redondela, 1900 / Redondela, 1977)
Estudiou en Pontevedra. O seu primeiro destino foi unha unitaria de Vigo, logo virían Lavacolla (Santiago de Compostela), Cangas, Fornelos de Montes, Cabeiro e Cabral (Vigo). No 1932 formaba parte do Grupo Galeguista de Redondela.
Pérez Sousa, Laureana (Redondela, 1911 / Vigo, 1975)
Titulada na Normal de Pontevedra, traballou en Sarria, Sete Coros (Padrón) e Beade (Vigo).
Pierres Castellano, José (O Viso)
O 26-9-1931 é nomeado mestre suplente da escola graduada de nenos de Redondela.
Pintos Miguel, María (Saxamonde)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Piñón Portela, Ángel
En novembro de 1940 nomeado mestre interino en Ventosela.
Portela Areal, Juan
Nomeado mestre en Chapela en abril de 1943.
Portela Pazos, José
En decembro de 1928, sendo mestre en Vilar de Infesta, acada como escola en propiedade a de Corredoira (Cotobade).
Portela Pazos, Ricardo
En setembro de 1918 é nomeado mestre interino da escola mixta de Trasmañó.
Quiroga Fernández, Manuel
En outubro de 1934, sendo mestre en Lavid (Lugo), acada praza definitiva na escola de Cidadelle, Chapela.
Reboredo Rodríguez, Josefa-Foto: Mestras de Redondela
Real Alfaya
Mestra en Chapela suspendida no 1936, sendo restituido en novembro dese mesmo ano.
Reboredo Rodríguez, Dula (Redondela 1906)
Graduada en Pontevedra comezou a traballar en Boimorto en 1930. Dous anos despois pasaría a Ramallosa e de alí a Pontecaldelas (1933-1947), Negros (1947-1968) e Redondela (1968-1976).
Reboredo Rodríguez, Josefa (Pepita) (Redondela, 9-3-1911 / Redondela 21-2-1998)
Presentouse ás oposicións no 1936, cando iniciaba Guerra Civil. No 1937 é destinada a Darbo (Cangas), Pidre (Dozón 1945-1948), Malvas (Tui), Guillade (Crecente), Canicouba (Soutomaior) e Borbén (Pazos de Borbén) dende 1953 ata a súa xubilación. Xa casada se titulou como matrona en Santiago simultaneando esta profesión cos seus destinos docentes.
Reboredo Rodríguez, Sulpicia (Picia) (Redondela, 17-1-1910)
Examinouse en Pontevedra. Ensinou nos colexios de nenas de Vilar de Infesta, Nespereira (Pazos de Borbén) e dende 1947 en Freixeiro (Vigo), onde estableceu a súa residencia. A dictadura franquista suspendeuna 10 meses de emprego e soldo.
Reguera Domínguez, Manuela Elvira (Soutomaior)
No 1915 toma posesión dunha praza en Redondela. No 1957 cesa en Trasmañó e marcha para Lavadores (Vigo).
Rey ¿?, Amalia?
Tiña escola na Rúa Alfonso XII nos anos 30-40.
Rey Crespo, Germana
En decembro de 1918 era mestra de Reboreda, cando se fixo efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas.
Robledo Tubilla, Luciana
En outubro de 1934 apróbase o seu traslado da escola de Vilar de Infeta a Sostesgudo (Burgos).
Rodríguez ¿?, Carlos
Nomeado mestre interino de Chapela en xullo de 1939,
Rodríguez Couñago, Narciso
En maio de 1919, aprobouse o seu traslado da escola de Cabral (Vigo) á de Cesantes. En 1926 era presidente da Asociación de Mestres de Redondela. A finais de 1934 é trasladado a Ponte Maior (Canedo-Ourense)
Rodríguez Dios, Prudencio
O 28 de decembro de 1918 adxudicóuselle a praza de mestre en Reboreda.
Sánchez Otero, Paulina-Foto: Mestras de Redondela
Rodríguez Feijoo, Saturnino
Nomeado mestre interino de Cabeiro en agosto de 1942.
Rodríguez González, María Asunción
En novembro de 1934 acada praza na escola feminina de Cedeira.
Rodríguez Hegarly, María B. (Redondela)
En xaneiro de 1933 aparece nunha relación de mestres aspirantes a interinidades.
Rodríguez Martínez, África (Redondela, 8-10-1915)
Titulada en Pontevedra no 1935 e casada cun mestre, tomou destino en Galápagues (Soria), Santa María do Monte (Coruña), Parada (A Cañiza) e colexio Ibáñez Martínez (Ferrol). Estableceu a súa residencia en Oviedo.
Rodríguez Rodríguez, Sofía.
Xa era mestra en Vilavella en 1910. En novembro de 1918 ascende de categoría pasando a cobrar 2.000 pesetas. En maio de 1921, sendo aínda mestre en Vilavella, é elexida vocal da Asociación de Mestres de Redondela. Morreu o 24-08-1921 ós 42 anos.
Rodríguez Salinas, Antonia (Madrid, 1893 / Redondela, 1995)
Estudou na Escuela Normal de Madrid. Chegou a Redondela polo apresamento, durante a Guera Civil, na illa de San Simón, do seu compañeiro o escritor Alberto Marín. Negouse a revalidar o seu título ante as autoridades franquistas, creando unha escola privada na súa casa na actual rúa Telmo Bernárdez, onde vivía co seu fillo ó que facía pasar por sobriño por non estares casada. As súas clases tiñan un marcado carácter republicano, encargándose de romper as últimas follas dos libros cheas de símbolos franquistas. Polas tardes tamén ensinaba a adultos. Xubilouse con 75 anos e morreu ós 102.
Sabina García, Juana
En agosto de 1926, estando como mestra en Rivasiera Son (Coruña), acadou o nombramento definitivo na escola de Outeiro das Penas (Cesantes).
Sánchez, Saturnina
Residente en Cabeiro, o 18-3-1924 é nomeada mestra en Arnoso (Ponteareas).
Sánchez Otero, Eduardo
Acadou o título de Maxisterio no 1935. Casado coa tamén mestra Dolores Abelleira Blanco.
Sánchez Otero, Paulina (Redondela, 1898 / Redondela, 21-6-1971)
Acadou a titulación na Normal de Pontevedra. Durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago. Ensinou en Fofe (O Covelo), Budiño (Porriño), Moreira (Soutomaior), en Cedeira (nomeada en decembro de 1928) e Reboreda entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966). Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas...; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago. O Gobernador de Pontevedra concedeulle a Medalla de Alfonso X el Sabio en recoñecemento ó seu labor.
Sarasquete Hermo, Luis
Nomeado mestre interino para Negros en maio de 1937.
Vidal Portela, Elena-Foto: Mestras de Redondela
Sineiro Nogueira, Sofía (Rande)
Aparece nunha relación de cursillistas aprobados de o 10-10-1933.
Sobrado ¿?, Concepción
En decembro de 1920, é nomeada mestra interina da sección 2ª da escola de nenas de Redondela.
Sotelo, Claudio
Foi mestre interino en O Viso, ocupando varias veces a presidencia da Sociedade Agraria de O Viso. O 19-9-1927 foi trasladado á escola de Abeas (Pastoriza-Lugo), sendo despedido na estación polos membros da citada asociación. É suspendido no 1936, sendo mestre de Saxamonde. Sería restituido ó seu posto, con pérdida dos haberes que deixou de percibir, en xaneiro de 1938. En 1940 é o delegado da Asociación de Maestros Católicos en Redondela.
Soto Fernández, José
Oficial do exército nomeado mestre provisional en Redondela en xullo de 1940.
Soto Fontán, Enrique
Mestre en Trespieles (Fornelos do Monte) ata que o 10 de xuño de 1904 é nomeado mestre interino de O Viso. O 25-4-1922 este mestre solicita a súa sustitución nesta mesma escola por incapacidade física. En 1932 formou parte da Xunta Local de Fomento Pecuario como mestre máis antigo da vila. En outubro dese mesmo ano a súa viúva, Ramona Alján Vidal, e os seus fillos solicitan os haberes devengados e non percibidos polo finado correspondentes a súa laboura como mestre, así mesmo, solicitan a pensión de viuvez.
Soutelo ¿?, “Sita”
Tiña escola na R. Ernestina Otero. Alí ensinou ata os anos 80 axudada por Marisa. Chegou a ter máis de 100 alumnos con idades comprendidas entre os 3 e 14 anos (nos últimos anos só entre 3 e 5). Polo proximidade deste colexio coa industria textil Regojo moitas veces pedíanlle nenas e nenos para probar camisas e pixamas.
Suárez, Juan
En febreiro de 1913, este veciño de Redondela é elexido por Ricardo Contreras Valiñas, mestre do partido xudicial de Redondela, como o seu sustituto en caso de ausencia xustificada, enfermidade ou falecemento
Táboas, Inés
En abril de 1913 é trasladada á escola de Ventosela procedente dunha da provincia de Ourense.
Tojeiro Fernández (Irmás: María Asunción, Manuela, María Teresa Carmen e Carmen Engracia) (Redondela, entre 1905 e 1916)
Examináronse en Pontevedra. Mª Teresa non chegou a exercer. Manuela exerceu en Viana do Bolo e xubilouse en Valladolid, onde fixou a súa residencia. Carmen Engracia desenrolou toda a súa carreira en Ribas do Sil e faleceu en 1996. E María Asunción entre outras estivo en Pazos de Borbén, xubilouse nunha escola de Coruña e faleceu en 1987.
Tomé Varela, María del Carmen
En decembro de 1918 era mestra de Cedeira, cando se fixo efectivo o seu ascenso de categoría, pasando a cobrar 1.500 pesetas. Seguiu nest escola ata o seu falecemento en decembro de 1928 en Pontevedra. A súa irmá, Francisca, era mestra nacional en Carracido (Porriño).
Villar Martínez, Lurdes-Foto: Mestras de Redondela
Ucha, Emilio
Nomeado interino en Vilar de Infesta en xullo de 1939.
Uña, Dionisio
Era mestre no concello de Redondela en 1935.
Valderrama Fernández, Francisco
Era mestre na escola graduada de Redondela en 1935. En setembro de 1936 é nomeado provisionalmente director desta escola, na que seguía en 1940.
Valladares Rodríguez, José
Oficial do exército nomeado mestre provisional en Redondela en xullo de 1940.
Valverde Mayo, Antonio
Era mestre no concello de Redondela en 1935.
Vázquez Míguez, Teresa
Acada o título no 1935.
Vence García, Domingo
En xaneiro de 1939 destinado como mestre interino a Cedeira.
Vidal Portela, Placer (Pontevedra, 9-7-1899 / Pontevedra 31-10-1996)
Cursou Maxisterio en A Coruña, aprobando as oposicións no 1920. Ensinou durante 37 anos na escola de nenas de Vilavella. En 1960 e nomeada inspectora en Pontevedra, xubilándose ós 70 anos neste posto.
Da Vila Ubeira, Perfecto
Mestre en Saxamonde, o 16-09-1925 concédeselle unha excedencia por máis dun ano e un máximo de 2. O 18-11-1927 conmútaselle a excedencia.
Villar Landeira, Manuel
Mestre en Vilar de Infesta, por Real Orde do 1-4-1921 concédeslle unha excedencia.
Villar Martínez, Celia (Redondela 1909)
Estudiou en Pontevedra obtendo o título en 1940. Antes tivera escola en Vilavella. Durante 15 anos realizou 13 sustitucións nas provincias de Pontevedra e Lugo, unha delas foron 6 meses de 1947 en Trasmañó. En 1955 trasládana a Olicio (Cangas de Onís), acadando praza. Logo de 3 anos en Padróns (Ponteareas) volta a Asturias. En 1967 obtén praza en Mos, chegando a ter 112 alumnas, polo que loitará ata a construcción dun Grupo Escolar. En 1978 chega a Redondela, xubilándose un ano despois.
Villar Martínez, Clementina (Redondela, 13-11-1913)
Preséntase ás suspendidas oposicións de 1936. No 37 comeza a traballar en Cillero (Viveiro) e no 1939 en Cubilledo (Baleira). Nas súas segundas oposicións, por non ter carné da Falange segue como interina por Piñeiro da Igrexa (O Covelo), Ventosela, Reboreda, Rañadoiro (Soutomaior), Amoedo (Pazos de Borbén), Louredo (Mos), Bouzas (Vigo) e Darbo (Cangas). Obtén praza definitiva en Cabral (Vigo), onde permanecerá 30 cursos (14 como directora). Antes de xubilarse no 1983 exerceu no colexio Altamar (Vigo). Estableceu a súa residencia en Vigo.
Villar Martínez, Lourdes (Redondela, dec. 1915)
A Guerra Civil interrumpe os seus estudos, examinándose por libre. No 1941 comeza a súa carreira en Oitavén (Fornelos do Monte), vindo andando a Redondela a pasar os fines de semana. Pasa logo a Vilavella, Budiño (Porriño), Cangas de Onís, A Fonsagrada, Mañón, Guizán (Mos), A Pastoriza (Lugo) e, finalmente, Redondela, onde se xubila ós 65 anos.
Villar Martínez, Nicanor (Redondela)
En 1936 era mestre e bibliotecario no colexio de xordo-mudos de Madrid.
Villar Martínez, Nicolás (Redondela, ¿?)
Fusilado na represión franquista.
Villar Martínez, Paulino
Acadou o título no 1935.
Viñas Novás, Antonio
En xaneiro de 1938 foi nomeado mestre de Negros
Outros
Nesta relación aínda faltan moitos-as mestres-as dos que non atopei datos. Moitos deles tiñan a súa propia escola sen ter a oposición aprobada o que dificulta a búsqueda. A continuación engadirei algúns mestres con escola na vila dos que descoñezo os apelidos:
Pepe. Tivo escola na R. Reveriano Soutullo ata principios dos anos 40.
Petra. Tivo escola na Calle Vieja (R. Padre Crespo).
Dorotea. Daba clases na esquina de R. Telmo Bernárdez coa R. Dos Eidos no antigo cuartel. Posteriormente, sería a escola de Jesusa e de Adela, xa nos anos 30 e 40.
María Inmaculada. Xa tiña escola en Redondela antes de 1920.
Anecdotario Redondelán

