Anecdotario Redondelán

Balonmán

A nivel de clubes o maior éxito foi o ascenso á Liga Asobal conseguido o 28 de abril de 1996 pola S. D. Chapela (fundada en 1963), despois de proclamarse campión da División de Honor B. Na seguinte tempada (1996-97) ademáis deles xogarían nesta liga o Cangas, o Octavio de Vigo e o Teucro de Pontevedra. Conseguiu manterse na máxima categoría catro  tempadas, chegando a gañarlle ó Barcelona no seu propio campo. A súa mellor tempada sería a 1997-1998 acadando o 7º posto na liga e caíndo eliminados en cuartos de final da Copa do Rey. En xuvenil masculino destacar, que xa no 1973, disputou a fase final do Campeonato Nacional.  Tristemente, despois de descender no ano 2000 a acumulación de débedas levaron ó clube á desaparición. Por sorte, a praza do equipo en Primeira mantívose grazas a cesión a un novo clube o Deportivo Balonmán Chapela.

            O outro equipo da vila é a Sociedade Atlética de Redondela (S.A.R.) fundado o 6 de agosto de 1963. O seu nome non é casualidade. Nos seus inicios, ademáis de balonmán, este clube tiña outras seccións: atletismo, ciclismo, hokey sobre patíns, ping pong... Na tempada 1997-98 quedou imbatido na Primeira División, promocionando na fase de ascenso á División de Honra B. Recentemente, acadou o ascenso a Primeira División. Recibiu un premio como mellor Clube Galego de Balonmán, destacando a súa laboura nas categorías base. Chegou a loitar en categoría xuvenil polo Campeonato Nacional en 1985. Nesa mesma tempada o equipo do Instituto de Redondela, formado por xogadores da S.A.R., gañou o Campionato de España escolar xuvenil. Tamén conta con equipo feminino que xa no 1974 conseguira o ascenso á 2ª División, é que tamén disputou o Campionato Nacional xuvenil.

            Con motivo da celebración das Olimpiadas en Barcelona en 1992, xogouse un campeonato nacional de seleccións autonómicas de xuvenís, baixo o nome de Objetivo 92. O campionato foi retransmitido por TVE. O equipo que aportou máis xogadores á selección galega foi a SAR: Germán Muíños, Javi Orge, Xorxe Fontela, Daniel Virulegio, Domingo Pérez e Jose Orge.

Tamén destacar neste clube ó directivo Javier Cordero que en 1985 recibiu a Medalla de Plata al Mérito en Balonmano otorgada pola Federación Española de Balonmano.

            A nivel organizativo en 1989 xogáronse, tanto en Redondela como en Chapela, partidos correspondentes ó Campeonato Mundial Junior. Daquela na selección española xogaba xente como Barrufet, Masip, Urdangarín ou Barbeito.

 

Xogadores máis destacados.

 

 

Balonmán Masculino.

 

Amoedo, Francisco (Paquiño): Pasou da S.A.R. a xogar á Asobal co 3 de Mayo e Octavio.

Ballesteros, Oscar: Xogou co SD Chapela en Asobal, fichando logo pola SAR en 1ªA.

Docampo, Pablo: Na tempada 2007-08 e na 2008-09 disputou a City Cup cun equipo extranxeiro.

Xorxe FontenlaXorxe Fontenla co Octavio.

Ferreras Fontenla, Xorxe: De a S.A.R. deu o salto á Asobal da man do Teucro e o Octavio (1993-1994).

 

Juri, Leonardo (Leo): Pasou da S.A.R. a xogar na Asobal co equipo canario 3 de Mayo e Octavio. Participou en 1984 no primeiro encontro da selección galega que perdeu fronte a  España 36-9.

Lago, Agustín (Tito): Procedente da canteira da SAR, debutou co S.D. Chapela na Asobal. Logo tornaría á S.A.R.

Germán MuíñosGermán Muíños mellor porteiro Copa do Rei 1995.

Muíños, Germán: Porteiro. Da canteira da S.A.R. Xogou a Asobal co desaparecido Caja Madrid, Teucro e Octavio (1994-1998). Seleccionado Nacional B e nas categorías inferiores. Mellor porteiro da Copa do Rei de 1995. Co Octavio foi finalista da Copa do Rei 1995, 4º Liga Asobal 1996-97, 5º1995-96, semifinalista EHF 1996-97 e semifinalista Copa City.

 

Javi OrgeJavi Orge final Copa do Rei 1995.

 

 

Orge, Javi: Ademáis de na S.A.R. xogou no Lalín e xa en Asobal co Teucro e Octavio (1994-1997). Co Octavio foi finalista Copa do Rei 1995, 4º Liga Asobal 1996-97, 5º1995-96 e semifinalista EHF1996-97.

 

Quique OrgeQuique Orge o día da súa retirada.

 

Quique Orge: Central nado o 28-12-1974. Pasou de Primeira División, coa S.A.R. (1992-93), á Asobal co Octavio Pilotes Posada (1993-1994). Despois pasaría á S.D. Chapela (94-95 e 95-96) coa que ascendería á Asobal. Xogaría tamén na máxima categoría co Teucro (96-97 e 97-98) e outra vez co Octavio (98-99). Por motivos laborais ficha polo Xiria de Carballo co que xoga 1 tempada en Segunda e as 3 seguintes en Primeira. En febreiro do 2003 con tan só 28 anos deixa o balonmán para ir traballar ó Salvador.

 

Pérez Souto, Domingo (Mingui): Da S.A.R. Xogou en División de Honor co Teucro e co Lalín na División de Prata.

Pérez Souto, Rodrigo: Irmán do anterior. Da S.A.R., xogou na Selección Española Junior.

 

Balonmán Feminino

 

Bibi (A Portela-Cedeira): Porteira. Xogadora procedente das categorías base da SAR fichou polo clube Porriño que militaba na División de Prata e no 2008 fichou polo Universidade de Oviedo.

Piñeiro, Eva: Porteira. Formóuse na canteira da S.A.R., deste equipo pasou ó Porriño,  para recalar logo no PSV de Eindhoven co que xogaría na División de Honra  Holandesa.

Prieto Miranda, Emma: Lateral dereita. Do D. B. Chapela. Selección Galega senior.

Sío Martínez, Noemí: Central. Do D. B. Chapela. Selección Galega senior.