Deporte
O deportista máis destacado de Redondela foi, sen lugar a dúbidas, Lorenzo Fernández Campión do Mundo e Campión Olímpico de futbol coa selección de Uruguai.
A referencia máis antiga da práctica deportiva en Redondela que atopei é a fotografía dun equipo de futbol de 1908, este primeiro clube foi o Redondela Futbol Club.
A primeira gran sociedade deportiva constituida en Redondela foi o Club Deportivo Redondela. Creouse en 1944, tiña equipos de futbol, natación, waterpolo, ping-pong, traíñas, axedrez, montañismo e caza. Tamén realizaba actividades culturales e artísticas. En 1948 é detido o seu primeiro presidente e doutor, Antonio Ocampo, acusado de delito equiparado ó de rebelión militar. A principios dos 50 disolveuse o clube.
Actualmente a Sociedade Atlética de Redondela (S.A.R.), fundada en 1963, conta cun equipo de balonmán, pero debe o seu nome a que, nun principio, dispuña ademáis de equipos de atletismo, natación, ciclismo, hockey sobre patíns, ping-pong, remo, loita libre, tenis, tiro ó prato, mini basquet e xadrez. Ó igual que o C. D. Redondela organizaba certámenes florais entre outras actividades culturais.
En canto ó deporte feminino tense constancia da práctica futbolística no ano 1932: “Partido de futbol entre os equipos femininos de Redondela e Quintela. A aliñación do equipo de Redondela é a que segue: Lita, Matilde, Maruja, Josefa, Elena, Marcelina, Carmiña, Ernestina, Margarita, Candrita e Mª Carmen; gañaron as de Redondela 2-0 e estivo cheo de incidentes, con sesións de boxeo e grecorromanas a cargo dos citados equipos”. Un pouco máis seria foi, nesa mesma década, a participación de María Fernanda Núñez (Tata) en competicións rexionais de natación.
Anecdotario Redondelán

