Anecdotario Redondelán

O redondelán que gañou un Mundial con Uruguai.

Lorenzo Fernandez (arriba 2º pola dereita) coa selección de Uruguai que gañou o Mundial de 1930.

 

           Alá polo 1930 celebrouse o primeiro mundial de futbol en Uruguai. Nesta primeira cita mundialista existía unha norma que permitía xogar ós emigrantes na selección do país que os acollera. Como non podía ser doutra maneira alí estaba un redondelán gañando o título.

            Lorenzo Fernández  (el gallego Fernández) emigrou a Uruguai coa súa familia a principios de século. Alí empeza xogando de mediocentro no Club Caparro no campeonato de Terceira Extra e no 1921 debuta na primeira categoría co Wanderers. En 1925 estrea a camisola celeste da selección contra Paraguai e ó ano seguinte disputa o Campionato Sudamericano en Chile, no que acadan o triunfo, destacando coma un dos mellores da competición.

Cartel do Mundial de 1930

 

Dous anos máis tarde, xa no Peñarol de Montevideo, volve xogar coa selección o Campionato Sudamericano perdendo a final contra Arxentina por 3-2. Pero o desquite chegaría na final dos Xogos Olímpicos de Amsterdam’28  donde gañaron, a pesares de que El Gallego perdeuse o partido por lesión.

No 1929 os arxentinos volven a gañarlles no Campionato Sudamericano por 2-0. Lorenzo estrease coma dianteiro marcando tres goles contra Perú.

E chegamos o 1930 ano do primeiro Campionato Mundial de Futbol celebrado en Uruguai. Lorenzo Fernández segue sendo titular indiscutible da selección que chega a final que os enfrentará o seu eterno rival Arxentina. Estes comezan adiantándose no marcador, pero os uruguaios realizan a remontada e pasan a historia como primeiros Campións Mundiais gañando o partido cun 2-1 final. Nese equipo podería haber mais españois. Un deles podería ser Pedro Cea por alcume El Vasco, dianteiro que foi segundo na táboa de goleadores con cinco tantos. Completaban o equipo Alvero Gestido, Jose Mazassi, Enrique Ballestrero, Ernesto Masqueroni, Jose Leandre Andrade, Pablo Dorado, Hector Scarone, Hector Casstro e Santos Iriarte.

Xa sería no 1935, no Campionato Suramericano de Perú, e con Uruguai gañando na final 3-0, como non, ós arxentinos, cando El Gallego ten que abandoar o campo extenuado. A victoria estaba conseguida pero este partido sería a despedida de Lorenzo Fernández da selección. A pesares disto aínda seguería xogando ata 1939, ano no que colgaría definitivamente as botas.

Lorenzo con Pedro Cea e Héctor Scarone celebrando o gol que suporía a conquista do Mundial.

 

Os equipos nos que militou foron o Caparro, o Wanderers, o Peñarol, co que acadou 3 títulos de liga (1928 e 1929, como equipo amateur, e 1932 primer ano da era profesional), o Nacional e o River Plate arxentino co que realizou unha xira europea no 1936. É recordado en Uruguai por formar unha histórica media coñecida como La Cortina Metálica xunto a Tatito Silva e Álvaro Gestido. Tamén recae nas súas botas a honra de marcar o que é considerado o primeiro gol da era profesional nun Peñarol-River Plate no ano 1932. Xogou co número 5 no primeiro clásico uruguaio no Estadio Centenario, gañando o Peñarol 1-0. Despois da súa retirada aínda adestraría a equipos coma o Peñarol ou o Racing.

Os seus éxitos chegaban a Redondela en forma de recortes á peluquería Lago sita na rúa Ribeira, dende onde era seguido por familiares e veciños. Os cales tiveron a ocasión de coñecelo cando, tras o triunfo nas olimpiadas do 28, viu xogar coa selección de Uruguai un amigable contra o Celta en Balaídos.

A traxectoria futbolística de Lorenzo Fernández fala de por sí. Espero que estas liñas servan, dalgunha maneira, para paliar o esquecemento que sofre a súa figura por parte do pobo redondelán. Tampouco estaría mal que algun día o concello puxera o seu nome a un campo de futbol ou a algunha instalación deportiva en lembranza do que foi mellor deportista redondelán de tódolos tempos e o único galego Campión do Mundo de Futbol.

 

YouTube-Video