Outros deportes
Atletismo
S.A.R. anos 60. Foto: Seren Nº 0
Juan José López Rodríguez "Nervio"A primeira referencia a este deporte que atopamos na vila foi nas Festas do Corpus de 1931, cando se organizaron competicións de cross e relevos.
En 1966 fundouse a Sociedade Atlética Redondelana (S.A.R.) con equipo de atletismo. O seu maior logro foi a consecución do trofeo Xuventude de Atletismo do torneo da Caixa de Aforros. Entre os seus atletas máis destacados atópanse: Juan José López Rodríguez e Antonio Becerra López.
Juan José López Rodríguez “Nervio”. Nado nos anos 40. Participaba na proba de triple salto. Conta con varios trofeos nacionais. Morreu con pouco máis de 20 anos nun accidente de tráfico cando voltaba en moto dun entrenamento en Vigo, cortando unha prometedora carreira. Pertencía ó R. C. Celta, que lle adicou un memorial atlético durante varios anos.
Desta época atopei que en 1970, no VI Trofeo Ayuntamiento de Marín, Jose Antonio Paz Núñez gaña a proba de 200 m. lisos cun tempo de 22´6 sg.
A nivel organizativo o 12-2-1978 celébrase en Redondela o Campeonato Provincial de Cross (masculino, feminino e junior masculino).
Outros atletas destacados de Redondela foron:
Jose Luis Pérez Docampo, “Luis Mechero” foi Campeón Galego dos 100 metros lisos en 1969. Entre outros, gañou un mitín internacional con atletas tanto españois como portugueses. No 2008 segue participando na categoría master.
Rosana Nogueira Vázquez. Saltadora de altura. Xunto ó loitador de Kung Fu Pablo Ortega, foi a encargada de conducir a antorcha olímpica de Barcelona’92 por Redondela (daquela o recorrido non pasou polo centro da vila porque o Concello non pagara as tasas correspondentes, deixando á xente que agardaba nas rúas do casco urban coas ganas de ver a antorcha).
Baloncesto
A S.A.R., fundada no 1963, tivo nos seus inicios equipo de mini basquet. Nos 90 formouse o Clube de Baloncesto Redondela (C.B.R.), pero a falta de axudas por parte do concello levou á súa desaparición, pasando algúns dos seus compoñentes a xogar no Arcade.
Billar
Escudo CCR Chapela.
En agosto de 1934 celebrouse un campionato de billar no Centro republicano de Redondela con exibición do campión vigués Palacios.
Dende os anos 80 o Circulo Cultural Recreativo de Chapela participa en competicións federadas, actualmente xoga no Grupo 1 da Liga Nacional de Billar a tres Bandas. No seu palmarés conta con títulos a nivel galego tanto por equipos como individualmente.
Bolos Celtas
Nos anos 30, tanto en Redondela como no veciño concello de Soutomaior, onde se segue a practicar, celebrábanse campionatos dominicais de ámbito comarcal que sempre remataban cunha pequena festa. Eran organizadas por iniciativa particular como a organizada en agosto de 1933 en Ventoselade por David López González, industrial desta parroquia. Participaron equipos de Cesantes, Reboreda, Quintela,Ventosela e O Viso , mais gañou o único equipo fóráneo, o Soutomaior.
Na parroquia de Reboreda existía nun torreiro, entre bancos e xardíns, un lugar disposto para a práctica deste deporte tradicional. O “Cruceiro do Campo dos Bolos” danos unha idea da ubicación do terreo de xogo.
Boxeo
En marzo de 1930 celebrouse unha velada no Círculo Mercantil de Redondela a prol das familias duns naúfragos de Bouzas, loitando César Campuzano Sanz (olímpico en Amsterdam 1928) e Edelmiro Morales “Cañoto” (Vigo, Campión de España 1930).
Despois da Guerra Civil, Redondela contaba cun local chamado “El Coreano” onde se adestraban os boxeadores da vila: Paco Piriquito, Fontán... Estaba situado no baixo da rúa Calexón de Don Basilio (ata o2008 pertencía á rúa Prata), ocupado hoxe polo Pub Mambo, anteriormente Pub Venus.
Judith Barbosa.Daquela houbera unha velada de boxeo no cine Fantasio (probablemente aínda se chamaba cine Figueiral) que tiña como último combate o de “Raspeli e Rosini”, que non eran outros que os redondeláns Raspelo e o fillo da Rosina. Como os dous eran amigos, puxéronse de acordo para amañar o combate e gañar os cartos sen mancarse. Pero nada mais comezar o combate, a un deles se lle escapou a man golpeando fortemente ó outro, que enfadado devolveu o puñazo. A cousa foise quentando e ó remate da pelexa, os dous recibirán cadansúa morea de golpes.
Outros boxeadores de Redondela, naqueles anos, serían Eugenio Garrido Iglesias, de Saxamonde, coñecido no mundo do boxeo como “A ciencia do ring” ou “Pozas” de Cabeiro.
Nas Festas do Corpus de 1952 se celebraron combates de boxeo. Nas mesmas festas, no 1971, se celebrou unha velada boxeística, que incluía loita grecorromana.
No 2006 se disputaron combates no Pavillón de Redondela coa participación de boxeadores da vila. Entre eles destacar a Judith Barbosa Sotelo (Cesantes 1988) que con 17 anos acadou o Campionato de España Amateur.
Futbol Sala
En Futbol Sala dispoñemos dos equipos federados Arealonga F.S. Chapela (creado no 2003) e o F. S. Redondela, que nos anos noventa chegou a xogar na Nacional A, despois descendería dúas categorías para consolidarse logo na Nacional B.
Antes da formación destes equipos destacaron Javier Pazos Docampo (Vierichi) e o porteiro Ernesto González González (Nesto) que xogaron na División de Plata co Rías Baixas de Pontevedra. Ademáis, Nesto gañou o Campeonato de España en 1997 coa selección galega, sendo considerado Mellor Porteiro Español do ano. Logo acadaría o ascenso a División de Honra co Rías Baixas pero ese mesmo ano decidiu retirarse.
A nivel feminino, o F.S. Redondela foi o primeiro equipo federado da vila. Na actualidade existe tamén o Centro Recreativo Cultural de Redondela, gañador no 2008 da Compostela Cup e o Arealonga F.S. Chapela, que gañou a liga local de Vigo 2005-06. Anteriormente á creación destes equipos, a única xogadora que xogou en equipos federados foi Mariló.
Xogou na División de Honra:
Marcos Ferreira: xogou varias tempadas co Rías Baixas de Pontevedra na División de Honra.
Juan Puertas.
En activo:
Juan Puertas Bouzón (Banana): Nado o 4-12-1979. No 2006-2007 acadou o ascenso á División de Honra co Leis de Pontevedra, co que debutaría na máxima categoría na tempada seguinte sendo o máximo goleador do equipo. Esta tempada (2008-2009) fichou polo Carnicer Torrejón.
Hockey Herba.
O 26 de marzo de 1959 disputouse no Campo de Santa Mariña un partido de 2ª división entre o Alerta de Vigo e o Almirante de Burgos, con resultado de 9-0. (NOTA: Non sei se atoparían a herba).
Hockei Patíns.
Durante uns anos, a S.A.R. tamén tivo equipo de hockey sobre patíns. Os partidos, coma os de balonmán, xogábanse na pista da Xunqueira. Atopei que en 1969 a SAR enfrontábase ó Laincobre na 2ª eliminatoria da Copa del Generalísimo. Entre os seus xogadores estaban: José María Álvarez e José Gunche.
Loita libre.
Nos seus inicios a S.A.R., fundada no 1963, tivo equipo de loita libre.
Kung Fu (Wu Shu)
Pablo Ortega Álvarez. Modalidade Combate 80-85 kg.
- Campionato de España. 8 veces 1º e 2 veces 2º.
- Campionato de Europa. 2 veces 2º.
- Campionato do Mundo. Un 3º posto en 1997 en Roma e un 5º posto.
Maestro Nacional desta modalidade, entrenador da selección galega e da española. Membro da Comisión Nacional de Wu Shu. Árbitro nacional e europeo. Ademáis é cinturón marrón de Taekwondo.
Xunto á atleta Nogueira, foi o encargado de conducir a antorcha olímpica de Barcelona’92 por Redondela.
Na actualidade (2008), dirixe un clube en Arcade porque o Concello de Soutomaior dalle as axudas que non recibiu por parte do Concello de Redondela.
Jose Luis Rodríguez Veiga. Modalidade Combate.
- Campionato de España. 7 veces 1º e 1 vez 2º.
- 3º no Campionato de Europa.
- 5º no Campionato do Mundo de Malasia.
Maestro e árbitro nacional, dirixiu durante varios anos o ximnasio Jo-Con en Redondela.
Motociclismo
O Motoclube Redondela encargouse de organizar no ano 199? unha proba do Campionato de España. Os afeccionados poderon observar a gran demostración do campión mundial Jordi Tarrés.
Motos de Auga e Embarcacións Neumáticas.
Na modalidade de embarcacións PR-550, Juan Carlos Solla e Jose David Álvarez acadaron o 2º posto no Campionato Mundial do 2007 e, no 2008, gañaron o Campionato Galego.
Paracaidismo.
Carlos Aula. Foto: La Vanguardia
Carlos Aula Cabaleiro (Redondela 1951) foi fundador e presidente da sección de paracaidismo do Aeroclub Barcelona-Sabadell, e campión de Cataluña de paracaidismo en saltos de precisión e figuras en caída libre. A nivel profesional é un destacado informático.
Petanca
Hai dous equipos de petanca un en Redondela e outro en Vilar. Este último, leva anos entre a 1ª e a 2ª división.
Ping Pong
Segundo "Chicuelo". 1948. Foto: Bodas de Oro Antonio OcampoO C.D. Redondela conquistou o Campionato Provincial e o Campionato N. O. de España en 1945, Subcampións de España de Educación e Descanso en 1946 e o Campionato de Galicia e subcampións de España en 1947. Destacaba Segundo Puga “Chicuelo” que acadou o Campionato Individual Gallego.
Logo, sería a S.A.R. a que collería o relevo. Hoxe en día, é o equipo do Centro Recreativo e Cultural de Redondela o que segue mantendo a tradición redondelana por este deporte.
Remo
No 1963 fórmase a S. A. R., que o pouco tempo formaría un equipo de remo.
Tenis
Nos anos 40, dada a carencia de campo de xogo, algúns xogadores adestraban en lugares insólitos para logo competir fóra da vila. No 1963 fúndase a S.A.R., clube que formou o primeiro equipo de tenis de Redondela.
Tiro con Arco
Mª del Carmen Cameselle 4ª Cto. de España 2006. Foto: Ver enlace.
Actualmente contamos co equipo Club de Tiro Meigarco de Chapela. Destaca no seu palmarés o 2º e 3º posto no Campionato de España 2007 masculino con arco tradicional long bow e o 4º posto no Campionato de España 2006 feminino con arco recurvado tradicional.
Tiro ó prato
A S.A.R., fundada no 1963, contaba con equipo de tiro ó prato. Ata os anos oitenta funcionaban, á carón do campo de futbol de Reboreda, unhas instalacións de tiro ó prato.
Vela
Barco capitaneado por Felipe Regojo no 2007.A principios dos 80 celebráronse varias edicións da Regata Internacional San Simón-Vigo.
Felipe Regojo, fillo do industrial José Regojo, capitanea barcos en probas como a Rías Baixas-Martín Codax do 2007. Estes barcos están patrocinados por unha das empresas da familia Regojo, Quebramar.
Voleibol
Nos oitenta formouse un equipo de volei pero a desidia da corporación municipal, unha vez mais, acabou co proxecto.
Wind Surf
A Enseada de San Simón é ideal para a práctica deste deporte. Xa se disputaron varias probas nela.
Xadrez
Nos anos 40 o C. D. Redondela tiña equipo nesta disciplina. No 1963, fúndase a S.A.R. recollendo o relevo. Actualmente contamos co equipo do Centro Recreativo e Cultural de Redondela.
Anecdotario Redondelán

