Traíñas.
C. R. Chapela. Foto: www.trainerasdelnoroeste.com
A práctica deportiva de regatas na Ría de Vigo remóntase á segunda metade do século XIX, cando comezaron a celebrarse para conmemorar as festas parroquiais de Vigo. No 1886 xa participan nestas probas faluchos con 12 remeiros e patrón, pero non sería ata o 6 de agosto de 1900 cando as traíñas participan por primeira vez, sendo o primeiro premio de 125 ptas. para a "Niña" dirixida por Francisco Álvarez e o segundo para "Rosalía" capitaneada por José Casado.
A primeira embarcación de Redondela da que atopo datos é a de Chapela no periodo da I República. En setembro de 1933 o Club Marítimo de Vigo organiza unha regata de milla e cuarta en dúas quendas, na que participan: Ríos, Baiona, Meira e San Fausto de Chapela. Acadaría o 2ª posto por detrás de Meira, gañando un premio de 250 pesetas. En agosto de 1934 Chapela, baixo o mando de Feliciano Iglesias, participa no Campeonato de la Ría de Vigo, consistente en probas eliminatorias por parellas, sendo vencida por Rodeira. En agosto de 1935 tamén participaría na competición organizada polo Club Naútico de Vigo, quedando no 6º e último lugar. Coa Guerra Civil por medio, volvo a encontrar unha participación do Chapela nunha competición organizada polo Club Naútico de Vigo en 1946, tendo como Patrón a Floro Chapela.
Escudo do C. R. ChapelaUn ano antes, no 1945 fúndase o C. D. Redondela. No 1947 disputou o Campionato Provincial, que gañou Meira. Para a segunda praza houbo que realizar unha regata de desempate na que os de Redondela venceron a Tirán. O 29 de agosto de 1948, no mesmo campeonato e con 16 equipos participantes, acabaría 3º por detrás de Tirán e Meira. Este equipo desaparecería a principios dos anos 50.
No 1963 fórmase a S. A. R., que o pouco tempo formaría un equipo de remo.
Actualmente, Redondela conta con tres equipos de traíñas: o Clube de Remo Cesantes, o Clube de Remo San Simón e o Clube de Remo Chapela. Este último participa na Liga do Noroeste.
No 2007 as olas esnaquizaron a traíña do C. R. Chapela na Bandeira Teresa Herrera na Coruña. O resultado foi de cinco feridos. http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2007/08/06/0003_6039535.htm
En categorías inferiores tamén se teñen conseguido bos resultados, como o 4º posto no Campeonato de España 2001 acadado polo equipo xuvenil do C. R. Cesantes.
Destacar a nivel feminino o C. R. Chapela que acadou os Campionatos Galego e de España 2008. Nese mesmo ano na categoría xuvenil acadou o Campionato Galego e o 3º posto, por diante da embarcación do C. C. D. Cesantes, no Campeonato de España.
Recepción no Concello dos equipos Femininos participante no Campionato de España 2008 Foto: www.Vigometropolitano.com
Anecdotario Redondelán

