Edificios e espazos públicos.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Alameda
Alameda.
En 1915 inícianse as obras de canalización do río Alvedosa e no 1924 comezan os traballos de recheo que darán lugar ó Paseo da Xunqueira e a Alameda. Recibiu en 1.937 o nome de Paseo del Glorioso General Franco, recuperando ó pouco tempo o nome de Alameda.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Asteleiro de Cesantes
Asteleiro.
Lugar onde se construían e reparaban os botes de pesca. En Redondela xa existía a Praza do Asteleiro antes de 1760. A principios do s. XX había un asteleiro no inicio da Rúa Prata, daquela a Praza da Constitución era unha marisma. Logo dos recheos estas labouras realizábanse no tramo da praia de Cesantes coñecido aínda hoxe como os Astilleros, entre a Praia Nova e a Marina. Na actualidade o porto de Cesantes conta co seu propio asteleiro.
Biblioteca.
Inaugurouse no 1968 nos soportais do Concello. Despois, trasladouse á Casa da Cultura, na Praza José Figueroa (antigo cárcere). Actualmente, atópase no Multiusos da Xunqueira.
Antigo Cárcere na Praza FigueroaCárcere.
Antes das celdas nas dependencias que a Policía Local ten no edificio do Concello a antiga Casa da Cultura e actual sede de Radio Redondela, na Praza Figueroa, era cárcere da vila. Contaba con vivenda para o funcionario ó cargo e a súa familia. Sustituía ó “cuarto de la cal” da antiga Praza de Abastos. Anteriormente, no século XVIII existía unha picota ou rollo (que deu nome á rúa Picota que era onde se atopaba) onde se expuñan a vergonza pública ós delincuentes e ós responsables das obras gremiais mal feitas. Consistía nunha rexa e alta columna cilíndrica montada sobre dous ou tres escanos anchos con 3 testas e 7 brazos, que representaban respectivamente o saber e o poder.
Cemiterio.
Antigamente, os enterros realizábanse tanto no interior como no exterior das igrexas. No enlousado das igrexas pódense observar nas sepulturas (algunhas numeradas) unha fendeduras para facilitar a extracción. Na capela de San Sebastián da Igrexa Parroquial de Redondela existe un sarcófago cunha estatua xacente e un brasón. Adosados aos muros das igrexas de Reboreda, Ventosela e Vilar tamén podemos observar sarcófagos.
Por outra banda, o Convento de Vilavella tiña o seu propio cemiterio. Nos anos 40, os restos dos exteriores das Igrexas Parroquiais de Redondela e Vilavella trasladáronse ao Cemiterio de Os Eidos. Construido en 1833, nel podemos observar numerosas tumbas do século XIX. En maio de 1936 derribouse un muro que separaba a parte civil da católica. Quedaría en desuso en 1988, cinco anos despois de que se inaugurara o cemiterio de Mañó en Quintela.
Na década dos 50 trasladáronse os restos do arredor da igrexa de Quintela, ó novo cemiterio parroquial. O cemiterio de Vilar inaugurouse no 1966. No cruceiro do cemiterio de Trasmañó lese o ano de “1948”.
Centro médico
Ocupou parte das instalacións da Casa do Mar ata a construcción do centro actual.
Clube de XubiladosClube de xubilados.
Atopábase na rúa Ribeira no local que fora ocupado pola Sociedade de Mariñeiros. A principios dos 90, trasladouse ó antigo Grupo Escolar Figueroa no Paseo da Xunqueira.
Casa do Concello
Concello.
No século XVI, e poida que no XV, o concello atopábase na Porta da Vila, que se pode corresponder co actual cruce das rúas Cruceiro, Telmo Bernárdez e Isidoro Queimaliños. Nos séculos XVII e XVIII, non existe un edificio se empregue como concello de forma permanente. Probablemente se empregasen casas propiedade do concello ou se alugaran vivendas privadas, eran denominadas: Casas de Ayuntamiento, Casa que sirve al Ayuntamiento, Casa que sirve de Consistorio, Casas Capitulares... No século XVII tamén se celebraban “concejos abertos”, ou sexa, plenos ós que podían asistir todos os veciños interesados. O lugar empregado para este fin era un campo cun gran carballo que deu nome á rúa Carballo.
En 1788 iniciouse a construcción do primeiro concello de Redondela, nun solar onde estaba o antigo alfolí (estanco ou almacén de sal). A obra rematouse 1789. O edificio é o actual nº 2 da Rúa Reveriano Soutullo. Nos anos 80 e 90 foi empregado como auditorio.
Na segunda metade do século XIX, o concello trasládase á Casa da Torre (hoxe albergue de peregrinos), probablemente porque o anterior se quedara pequeno para as necesidades do Concello.
En 1952 o arquitecto municipal Emilio Bugallo Orozco inicia a construcción do edificio actual.
Buzón da antiga oficina na rúa Meixón Frío. 2008
Correos e Telégrafos.
A principios do século XX, Correos estaba na Praza Constitución. No 1935 Telégrafos atopábase na rúa Fermín Galán (actual Alfonso XII). Despois trasladáronse xa unidos á rúa Meixón Frío e nos 90 ó Paseo da Xunqueira.
Estación de Redondela. 2009
Estación de ferrocarril
Situado nas inmediacións do viaduto vello, trocaría de ubicación por atoparse fóra da línea Vigo-Pontevedra. Da vella estación aínda se conserva algunha edificación e o depósito da auga para as máquinas de vapor. Esta auga recollíase directamente do río Alvedosa e un motor situado na rúa Ernestina Otero propulsaba a auga ata o depósito.
Cuartel no s. XIX.Fortes e Cuarteis.
A primeira construcción en Redondela para acoller tropas sería a fortaleza de Castricán construida no século XV no monte de A Peneda (O Viso). A fortaleza de Rande xa se atopaba en ruínas cando se empregou durante a batalla de Rande en 1702. Tamén no s. XVIII, se construiu un apostadeiro na Portela, no que estivo destiñado John O´Doherty, un dos heroes da batalla de Pontesampaio.
Máis recentemente tamén se empregou como cuartel a casa que fai esquina entre a Rúa Telmo Bernárdez e a R. dos Eidos.
A principios do s. XX, construiuse a Casa Cuartel da Garda Civil na Subida á Estación. Nos noventa a Garda Civil reduce os seus efectivos en Redondela, pasando a ocupar parte das instalacións da Casa do Mar, que compartiría logo coa Policía Nacional. Este corpo ata daquela tan só tiña presencia na vila cando había feira e un día a semana para tramitar os DNI nun despacho do Concello. No 2008 a Garda Civil deixaría de ter efectivos en Redondela. As súas estancias serían ocupadas en maio do 2009 pola Policía Municipal que anteriormente tiña as súas dependencias no Concello.
Brasón na rúa Cruceiro que se cree que pertenceu ó hospitaliño.
Hospital.
O hospital atopábase no solar ocupado, dende hai anos, polo cemiterio dos Eidos. Construido para dar asistencia ós peregrinos do Camiño Portugués. Existen referencias a este hospital do 1502. Mentras que o relato do peregrino alemán Xerónimo Münzer, que chega en 1494 e tense que albergar na casa dun compatriota por falta de albergue, demostra que aínda non entrara en funcionamento.
Era xestionado polo Concello, que llo cedeu ó bispo de Tui en 1741. A finais do século XVIII queda en desuso, empregándose a principos do XIX como escola.
Matadoiro.
Nas Ordenanzas de 1605 establecíase que debía haber un lugar específico para o sacrificio das reses.
A principios do s. XX, estaba na Ribeira. O 30 de outubro de 1926 o Xefe de Gobierno, acompañado do Ministro de Fomento, inaugura o matadoiro municipal na actual Avenida Mendiño, no solar onde hoxe se atopa o centro médico. Fechouse en 1984.
Peirao de Cesantes. 2008.
Peiraos.
Na 2ª metade do s. XIV o bispado de Santiago xa cobraba diezmo polo porto de Redondela. No s. XVI este porto comeza a gañar importancia grazas á captura de sardiña e pescada. A principios do s. XVII o peirao de Redondela atopábase no Cabo dos Fumeiros. A mediados do s. XVIII xa estaba na Ribeira. Na segunda metade deste mesmo século, fomentadores cataláns instalan unha fábrica salgadoira na Portela co seu peirao. A posterior instalación dun apostadeiro do exército determinou que este lugar aínda hoxe sexa coñecido como Peirao dos Carabineiros. No XIX un pequeno peirao na Regasenda unía este barrio con San Adrián. Outro peirao o da Punta do Cubillón foi empregado polos barcos de pasaxe para unir Chapela e Domaio
Xa no s. XX varias liñas de vapores unían Redondela e Chapela con outros puntos da Ría de Vigo. En 1915 inaugúrase a linea de vapores Cesantes - Vigo. En 1929 iniciase a construcción das barras do Alvedosa, eran dous diques que tentarían solucionar os problemas de calado do porto de Redondela, que poucos anos despois desaparecería por mor dos recheos. A principios dos 30, José Otero González “Mañas” construe un pequeno peirao en Cesantes para trasladar alí á súa conserveira. Posteriormente este peirao sería ampliado a mediados dos 60 co porto de Cesantes.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Praza de Abastos.
Praza de Abastos e a feira.
Nas Ordenanzas Municipais de 1605 se establecía que os cereais se almacearan e distribuiran na alfóndiga para a súa posterior venda ó por menor por mercaderes e tendeiros.
No Catastro de Ensenada de 1752 atopamos o seguinte: “...un Mercado que se hace el Jueves de cada semana de todo género de cosas vendibles y además de ello una Feria que se hace en el primer día de cada mes en el sitio y Campo llamado del Hospital.”
Na primeira metade do s. XX na praza da Alfóndiga existía un tellado con tella do país e estructura de madeira. Debaixo se montaban os postos de venta de millo, palla... Do mesmo xeito, a rúa Isidoro Queimaliños era coñecida popularmente como Rúa da Herba porque nela tamén se vendían productos derivados da agricultura. A Praza do Peixe, antes dos recheos atopábase no peirao da Ribeira. Outros puntos de venta serían a praza da Leña e a do Leite.
En canto á Praza de Abastos (carne e froita) a principios do s. XX estaba situada onde hoxe se atopa o concello. Era un tellado de zinc sostido por 24 columnas de ferro. No centro dela creouse en 1918 o “cuarto de la cal”, que era onde se encerraba ós que infrinxían a lei para escarnio público. Naquela época había varias carnicerías: a da señora Marcelina, a da señora Elisa, a de Bernardo Biquillos e a de Venancio. Tamén estaba a casa da Vilas vendendo fruta e caramelos e as Porriñesas con grandes bolas de pan que traían en cabalerías. Cando chovía durante as Festas da Coca, os grupos ou orquestras tocaban debaixo do tellado da Praza. Para a construcción do Concello en 1952 trasladariase á súa ubicación actual na rúa Ernestina Otero.
Na actualidade a feira celébrase os días 6 e 21 de cada mes na antiga Marisma. E en Chapela os días 2 e 16 de cada mes.
Telefonos.
A centralita de teléfonos estaba na rúa Alfonso XII enriba do Bar de Triscallo. Alí traballaron Nenola, Teruca, Mari Carmen...
Xulgados. 2009
Xulgados
As dependencias do xulgado estaban no Concello ata que en 1935 foi trasladado á rúa Fermín Galán (actual Alfonso XII), no segundo piso da casa onde se atopaba Telégrafos. Logo trocou á Praza Constitución. A finais dos 60 trasladarase ó Paseo da Xunqueira á Residencia Santo Domingo Savio coñecida como Casa dos enanitos por haber sido empregada polo Hogar Méndez Núñez, institución que acollía ós orfos dos mariñeiros e de familias pouco favorecidas e que anteriormente estivera ubicada na Illa de San Simón. Xa nos 90, este edificio sería derrubado para construir as instalacións actuais.
Anecdotario Redondelán

