Anecdotario Redondelán

Crónica Negra.

1887-Outubro-20. Morre un pirotécnico e dous dos seus fillos nunha explosión na súa casa.

 

1895. Na parroquia de Candeán, distrito de Mos, apareceu degolado Ramón Gil de Cabeiro.  

 

1895-Xuño-27. No Chan das Herbas (Negros) aparece morto Manuel Ramiro Álvarez Crespo natural de Cabeiro, coa cabeza esnaquizada cunha gran pedra. Foron detidos a súa muller, posta en liberdade tras o pago dunha multa, e o seu irmán Cándido. O xuízo causou gran espectación na época. Finalmente o reo foi declarado inocente e posto en liberdade. Á súa saída da audiencia de Pontevedra varios veciños de Redondela tentaron linchalo. O mesmo pasaría co cura e varios veciños de Cabeiro que ó chegar á vila tiveron que escapar por debaixo das viñas. Unha copla da época reflexa o sucedido:

En Cabeiro andan a tiros,

Constante matou a Ramiro.

En Cabeiro andan a paus,

Constante matou ó irmao.

 

1900 Durante as Festas da Coca un incendido destrue por completo dúas vivendas nos Eidos, unha delas propiedade do mestre de albaneis Francisco Rodríguez.

 

1908, 4 de Marzo. Avaro morto. En Redondela encontrouse morto de fame e de frío un mendigo. Rexistradas as roupas que vestía encontráronselle nos petos 300 pese-
tas en billetes e algunha prata.

1913, 2 de xaneiro. En Redondela faleceu Emilia Vilaboa, de 26 anos. Practicada a autopsia do cadáver apreciáronse síntomas de intoxicación. Sospeítase que foi envenenada polo seu amante Juan Belin López, mentras comían nunha taberna. Juan se  adicaba ás artes de bruxería e Emilia era de conduta moi sospeitosa. O presunto culpable ingresou no cárcere, despois de rexistrarse o seu domicilio, onde se atoparon varios paquetes de arsénico.

 

1915 O garda municipal Juan Varela evitou que tres individuos entraran ás dúas da noite nunha casa de Vilavella. Dous o suxeitaron polos brazos, mentras o terceiro o empurraba cara á Xunqueira, alí puido soltarse dándose os individuos á fuga. 

 

1917-xullo. Cando unha muller chamada Paulina Pérez Lourido pasaba pola calzada de Teis (Vigo), levando unha cesta na cabeza, foi atropelada por un tranvía, ó intentar cruzar a vía. O automotor deulle tan forte golpe na rexión occipital, que foi recollida do chan sin sentido. Conducida á súa casa no barrio da Bouza, da parroquia de Chapela, dixou da existir sen poder articular palabra, según comunica ó xuzgado o facultativo que a asistiu ata o derradeiro momento. As autoridades xudiciais ordearon á garda civil que practique averiguacións para saber o número do tranvía que causou tan mortais feridas.    

 

1917-outubro. Unha cuadrilla de malfeitores asaltou a casa reitoral de Saxamonde. Entre a unha e as dúas da madrugada, atopándose na cama o párroco don Ricardo Sampedro Folgar, ancián de 72 anos, foi sorprendido por dous individuos, que lle deron cun azadón un formidable golpe na cabeza, sen dúbida con ánimo de asesinalo ou inutilizalo para a defensa. Logo obligárono a levantarse da cama para que lles entregara o diñeiro que gardaba.Vacilando e chorreando sangue, chegou o ancián ata unha cómoda, da que, aproveitando un descuido dos bandidos, sacou unha navalla de grandes dimensións; pero antes de que puidera usala, perdeu o coñecemento. A criada do cura, que acudira ó lugar en que se desenrolaba a tráxica escea, recibiu tamén unha tremenda contusión na cabeza, que a fixo caír sen sentido. Xa donos da casa os asaltantes, abriron os mobles e efectuaron un concienciudo saqueo, levándose todo o que acharon dalgún valor. Logo fuxiron nun coche.      

 

1917-novembro. Atópase fóra de perigo o cura párroco de Saxamonde, don Ricardo Sampedro Folgar, vítima do audaz atentado e roubo daquela retoral. Polo de agora non foron achados os cobardes ladróns apesares das activísimas xestións que practican as autoridades do distrito. 

 

1927, 8 de novembro. Á entrada de Redondela un automóvil atropelou ó neno de trece

anos José Alfonso Domínguez, causándolle graves feridas.

 

1928, 29 de decembro. Na parroquia de Saxamonde entraron ladrones na casa

de Dolores González Alonso, de setenta años, solteira, que vive sola e ten fama de rica.

Os ladróns sorprendérona na cama, atándoa de pes e mans. Logo rexistraron

os mobles e colchóns, apoderándose de 40 pesetas, as únicas que tiña en casa.

Mentras os ladróns maniobraban Dolores simulou estar desvanecida para evitar que a

asasinaran.

 

1929, 3 de setembro. Por unha disputa polos regos das suas leiras, maltratáronse de palabra e obra os veciños de Reboreda e Redondela José Couñago Veiga e Juan Amoedo Rivas, resultando este con gravísimas coiteladas no ventre, polo que foi trasladado ó hospital de Pontevedra. O agresor foi detido.

 

1930, 21 de xuño. Esta noita un carro tirado por mulas que ocupaban José Pío e os seus tres fillos, Antonio, Adolfo e José, e que regresaban a Vigo dende Redondela, despeñouse por un terraplén, debido a que se asustaran as mulas, caendo o vehículo e os seus ocupantes á vía férrea. Os tres rapaces resultaron gravemente feridos e o seu pai ileso.

 

1930, 3 de xullo. No barrio de Tuimil apareceu o cadáver de María Alján Rodríguez de 60 anos, presentando produndos tallos nas pernas e grandes feridas na cabeza. Horas despois detívose a Teresa Alján de 70 anos, irmá da morta, por sospeitas, pois a detida tiña uns zapatos rotos manchados de sangue e na súa casa atopouse un azadón tamén manchado de sangue. Teresa nega rotundamente que matara á súa irmá.

 

1930, 5 de xullo. David Dacosta Ferreira que viaxaba na baca dun autobús caiuse na estrada cerca do pobo de Redondela, por mor de tropezar cun arame que cruzaba o camiño a seis metros do chan. David sofre graves feridas.

 

1930, 12 de agosto. Os bois que arrastraban o carro que guiaba Clemente Figueroa asustáronse, arrolando ó coitado Clemente, sobre o que pasou o eixo matándoo.

 

1931, 18 de marzo. O xoven comerciante Antonio Gallego Moldes, ó intentar subir ó tren en marcha na estación de Redondela, caiu entre a vía e o andén, desgarrándolle as ropas e a carne, producíndolle graves feridas, logrando saír con vida gracias a cinguirse contra o andén. O ferido foi conducido a Pontevedra.

 

1932, xaneiro. Na fonte da Ribeira tres mozos, un deles borracho, intentaron abusar dunha servinte, acudindo os veciños a auxiliala.

 

1933, 30 de decembro. Fai uns días disputaron Encarnación González e Ricardo González, porque ela cunha filla de 16 anos chamada María lavaba a roupa nun pozo que Ricardo pretendía cegar. Durante a disputa Ricardo golpeou a María no ventre e faleceu onte a noite. Practicada a autopsia, o médico forense dictaminou que a morte foi natural. O vecindario da parroquia de Quintela, onde vivía María, esta indignado por crer que a rapaza faleceu por mor dos golpes de Ricardo. O Xulgado interven no asunto.  

 

1934, 7 de abril. A Benemérita deteu ó demente Juan Paz, fugado do manicomio de Conjo. Estaba recluido por sentencia da Audiencia de Pontevedra, por asesinato dunha veciña súa. No momento de ser detido, montaba nunha bicicleta, e acompañáballe un portugués, que se deu á fuga. O xefe da cárcere non se comprometeu a recibilo, por inseguridade da mesma. Quedou nos calabozos municipais.

 

 

1935, 2 de maio. Celebrouse unha carreira ciclista en Redondela. Ó chegar os corredores á meta, o coche do xurado quiso chegar antes, e despitouse e foise contra un grupo do público, atropelando a dezaseis persoas na súa maioría nenos. Resultaron feridos graves Isidoro Buceta, Castor, Castro, Antonio González, e Marcial Pereira. Os demáis menos graves.

 

1938. Os familiares dun finado solicitaron a exhumación do cadáver por botar a faltar un obxecto valioso. Tan estraña petición foi concedida, e cal sería a súa sorpresa ó comprobar que ó morto faltáballe o traxe. Despois descubriuse que fora o sepultureiro municipal quen llo roubara.

 

1941, 31 de marzo. Incéndiase un almacén de materias inflamables que os propietarios da fábrica EIMA, lle tiñan alugado a Lloves, habendo varios mortos.

1955, 26 de febreiro. Un autobús ocupado por viaxeiros que se dirixían a feira de Ponteareas volcou en Cans. O accidente prodúxose ó bater o vehículo cunha pedra de gran tamaño que orixinou a volta de campá e o inmediato incendio. O fogo propagouse axiña ó departamento de viaxeiros que na súa maioría estaban aprisionados e sen poder saír. Moitas das victimas pereceron carbonizadas. A cifra total alcanza o número de 29 mortos e 10 feridos. Ata o de agora identificáronse 25 cadáveres, todos eles pertencentes ós municipios de Redondela e Tuy, e un de Pontevedra chamado José Papiño. A veciñanza acudiu axiña no auxilio dos accidentados, sen que poidera facer nada por salvalos, xa que o autobús ardía totalmente. É motivo de eloxio o heroísmo do mestre de Cans don Carlos Díaz Álvarez que foi o primeiro en acudir en auxilio das víctimas, e con desprecio da súa propia vida realizou inauditos esforzos por salvar algunhas persoas. Ó lugar do suceso acudiron o Gobernador Civil, o xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e os alcaldes dos pobos inmediatos. Tamén chegaron ambulancias de Vigo e servicios sanitarios de Pontevedra, Vigo e a comarca de Porriño. O Cónsul de Arxentina visitou o Gobernador Civil, entregándolle unha importante cantidade en metálico para o que crea convinte. Varios particulares tamén contribuiron con diñeiro e aportando camións e outros socorros. O conductor, Antonio González Caballero, que resultou con lixeiras lesións, está detido e incomunicado.    

 

1955, 8 de xullo. O neno de Cesantes, Bernardo Crespo Fontán, de sete anos de idade, trasladárase ó pobo de Redondela para visitar a uns parentes e o regresar aprobeitou a oportunidade dun camión que ía a pasar por Cesantes  e montouse nel sin ser visto polo ninguén Ó chegar o camión a Cesantes o neno tirouse do mesmo en marcha, sen que o conductor nin ningún dos ocupantes o advirtiran e o caír quedou morto no acto na estrada. Un automóvil que pasou pouco despois polo lugar do suceso descubriu o cadáver e deu conta ás autoridades do feito.

 

1955, 3 de agosto. A Garda Civil de Redondela atopou na vía férrea restos humanos diseminados nun traxecto de cen metros. Pola gorra foron  identificados como pertencentes ó sereno dunha fábrica chamado Agustín Otero Collado, de 40 anos, natural e veciño de Trasmañó. Parece que ó atravesar a vía para dirixirse ó traballo foi alcanzado polo tren.  

 

1987, 11 de xuño. Incendio na rúa Reveriano Soutullo. Unha casa de dúas plantas queda destruida sen rexistrarse danos persoais.

 

1991, 20 de maio. Intento de secuestro dunha nena, o autor resultaría ser o asasino doutra rapaza en Candeán.

 

1998, 25 de maio. Dous delincuentes que feriran dun tiro a un cabo da garda civil, son perseguidos ata Redondela. Tras bater co coche comeza un tiroteo coa garda civil logrando a fuxida a pé. Desprégase entón un dispositivo formado por Garda Civil, Policía Nacional, Policía Municipal de varios Concellos, motos, helicopteros... A mañá seguinte unha muller descubre no seu galiñeiro, xunto ó río Maceiras, a un dos homes. Comeza un novo tiroteo que termina coa detención do delincuente. O outro sería detido horas máis tarde en Vigo.       

 

2002, 5 de novembro. Un artefacto explosivo mata a un matrimonio en Redondela, dous horas despois de que outra bomba en Vigo ferira a un neno de 12 anos e o seu pai.

 

 

 

Subir