Cronoloxía.
Mámoa do Rei no Monte Mirallo.3.000 a 1.800 a.C. (Neolítico): No monte Mirallo ou Penide (Cedeira/Trasmañó /Cabeiro/Negros/Chapela) atópanse catalogadas 39 mámoas desta época. Máis. Máis.
1.800 a 60 a. C. (Idade de Bronce): Os vestixios que nos dan constancia desta época son machadas de bronce (hoxe no museo de Pontevedra) e gravados rupestres ou
petroglifos (no monte Mirallo principalmente, pero tamén en Ventosela e O Viso).Máis. Máis.
En Vilavella recuperouse unha machada de tope con 3 aneis e con 2 asas do 800 a. C. sendo o vestixio máis antigo do casco urbán de Redondela.
S. I a. C. (Idade de Ferro): O Castro da Peneda (O Viso) e o castro de Negros no monte Mirallo. O primeiro conserva parte do muralla e restos de vivendas. O segundo restos da muralla e o sistema de terrazas.
61 a. C.: A expedición de Xulio César chega a Redondela.
S. I-IV d. C.: Redondela era atravesada polas vías romanas XIX e XX. Atopáronse en Redondela miliarios romanos en Cesantes, Quintela, Saxamonde e Vilar. Agás o último, coñecido como Miliario de Antas, todos foron trasladados ó museo de Pontevedra. Máis.
Tamén se acharon moedas, restos de cerámica... Tense constancia de dúas villae romana, unha en Soutoxuste (O Viso) e outra en A Portela (Cedeira).
Illa de San Simón.250: Redondela aparece baixo o nome de Búrbida no itinerario de Antonino Pío.
1ª metade do S. V: Asentamento dos Suevos en Galicia, establecen a capitalidade do seu reino en Braga.
456: Os visigodos derrotan ós suevos.
821: Alfonso el Católico recupera Redondela do poder do árabe Melik despois de vencelo en Pontecaldelas.
968: O normando Gunderedo chega ata Fornelos do Monte, onde é vencido polo bispo Sisenando de Iria, que morre no combate.
997: Almanzor arrasa as Rías de Vigo e Arousa.
Finais do S. XII: Vilavella pertence á Orden Militar de los Caballeros Templarios (orde de monxes guerreiros), que habitan a Illa de San Simón. Construen nela a igrexa chamada San Simón que lle da nome.
1014: A ría de Vigo é atacada polo vikingo Olav Haraldson (San Olav, patrón de Noruega).
1032: Os normandos, comandados polo conde danés Easl Ulf, saquean toda a comarca ata que son expulsados polo bispo de Iria e Compostela Cresconio.
1114. O arcebispo Diego Xelmírez fixa a súa residencia temporalmente en Redondela.
1120: Redondela é invadida polos portugueses, sendo recuperada por Doña Urraca.
S. XIII: Comeza a chamarse Retundela á nosa vila.
1243: Nun documento do Mosteiro de Melón aparece xa co nome de Redondela. Nome dado pola forma redondeada coa que creceu en torno ó mar.
1267: Aparecen referencias a dous núcleos diferenciados: Vilavella e Vilanova.
S. XIII-XIV: Redondela convértese no centro artesanal e comarcal máis importante da Ría de Vigo.
S. XIII-XIV: Mendiño escribe a cantiga de amigo que fala da Illa de San Simón.
1310: Nun documento do 20 de febreiro aparece co nome de Redondiella.
1312-Marzo-22: Vilavella e a Illa deixan de pertencer ós templarios, pasando á Coroa.
1369, 1371 e 1384: Redondela é atacada polos portugueses despois do comezo da guerra entre España e Portugal.
1371-Setembro-14: O rei Enrique II dóalle ó Bispo de Tui, Juan de Castro, Vilavella e a Illa de San Simón xunto co castelo de Entenza e a vila de A Guarda.
S. XV: A cidade de Vigo é coñecida como Vigo de Redondela porque daquela é unha pequena vila formada por barracas construidas polos mariñeiros de Redondela.
Efixie de Alonso II de Fonseca.S. XV: Época de loitas polo poder territorial entre o arzobispo de Santiago de Compostela, Alonso II de Fonseca, e Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga) conde de Camiña.
S. XVI: Ataques de corsarios franceses, holandeses, turcos, portugueses e ingleses.
S. XVI: Vigo iguala a Redondela en poboación.
1501: Comeza a construcción do Convento de Vilavella.
1507: Os veciños de Redondela expulsan da Illa de San Simón ás forzas dos señores de Soutomaior.
1517: Fray Juan Pascual funda o cenobio Custodia de los Pascualinos de San Simón na Illa.
1585: O corsario inglés Francis Drake ataca a Ría de Vigo e a Illa de San Simón.
1589: Novo ataque de Francis Drake. Os pascualinos abandoan a Illa.
1634 P. Teixeira Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo Galicia en los Siglos XVI y XVII1596: Os monxes benedictinos de San Juan de Poio instálanse na illa de San Antón.
1601: Os franciscanos voltan á Illa de San Simón e fan prevalecer os seus dereitos sobre os benedictinos que deciden marchar.
1603: O Alcalde de Pontevedra (Rodrigo Mariño de Lobera) pídelle a doña Ynés de Aballe Mariño, superiora do Convento de Vilavella: "[...] seis doçenas de biscochos; seis doçenas de mazapanes; çinco de Tur Ron de almendra; y cuatro de Cuadros de huevos reales; dos Coronas de adviento (roscón)" para agasallar ó Arcebispo de Santiago Maximiliano de Austria.
1634: O rei Felipe IV encarga facer un Atlas e o cosmógrafo portugués Pedro Teixeira realiza un mapa da Ría de Vigo no que Redondela aparece ubicada no lugar de Pontesampaio.
1635-Maio-17: Morre na parroquia de Saxamonde o Bispo de Tui, Diego de Vela, cando se atopaba de visita pastoral. Sería enterrado na capela de San Telmo da catedral de Tui
1640,1661 e 1665: Comeza a guerra con Portugal, Incursións dos portugueses.
1666 Celébrase en Redondela unha Xunta do Reino de Galicia, decidíase a concesión da nacionalidade (naturalización) do Padre Everardo Nithard, confesor e conselleiro da raíña Mariana.
1669-Marzo-02: Chega á vila Cosme III de Medicis, Gran Duque da Toscana. Na súa comitiva ía Pier María Valdi, que pintou a que é hoxe a imaxe máis antiga da vila.
1702: Ten lugar a batalla de Rande coa victoria da flota anglo-holandesa sobre a franco-española. Saqueos en Redondela e na illa de San Simón.
1719: Felipe V subleva ós escoceses para influir na sucesión ó trono en Inglaterra. Como represalia o Almirante Michells ataca as costas españolas, arrasando Redondela entre outras vilas.
1743: Amplíase a Igrexa de Cedeira. O encargado da obra será o arquitecto Fernando de Casas e Novoa, que nese momento estaba construíndo a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago.
1746: Despois de numerosas invasións a orde franciscana abandoa a illa trasladándose ó lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, doado polo duque de Soutomaior.
1782-Febreiro-14: Quintela e Negros, ata entón pertencentes a Cedeira, convértense en parroquias.
1669 Acuarela Pier María Valdi. Planos y dibujos de arquitectura y urbanismo Galicia en los Siglos XVI y XVII
1809- Abril-13: Invasión francesa. As tropas francesas incendian e saquean Redondela. Trala batalla de Ponte Sampaio os franceses son expulsados.
1822: Unificación de Redondela (Cedeira, Reboreda, Saxamonde, Vilanova e Vilavella).
Entre 1823 e 1833: Redondela opta a ser capital de Provincia xunto con Tui, Pontevedra e Vigo, se ben foi a que menos opcións tivo de conseguilo e a primeira en ser descartada.
1833: Finaliza a construcción do cemiterio dos Eidos nos terreos do antigo hospital de pelegríns.
1836-Decembro-3: Constitución do Concello de Redondela.
1838-Xuño-06: Unha Real Orde concede permiso para a construcción dun lazareto na Illa de San Simón dependente do porto de Vigo, co fin de tratar ós enfermos dos barcos que tiñan que pasar a corentena.
1867: Suprímese o Xulgado de Redondela. O Concello de Redondela agrégase ó Xulgado de Vigo.
1876-Xuño-30: Entra en funcionamento o viaducto vello (Ourense-Vigo).
1884-Xuño-30: Inauguración oficial do viaducto novo (Pontevedra-Vigo).
1896-Marzo-09: Chega a Redondela o coronel Antero Rubín Homent despois de loitar en Cuba.
1896-Abril-15: Morre en Barbañas (Ourense) o redondelán Xoán Manuel Pereira.
1899: Primera proba dun cinematógrafo en Redondela na casa de Fontán na Ribeira.
s. XX, finais: Un novedoso teléfono comunica o Pazo de Torrecedeira coa casa que o seu propietario ten en Vigo, sen posibilidade de outras comunicacións.
s. XX, finais: Reproducción de grabacións no chamado fonógrafo de Edison no salón teatro da rúa Alfonso XII.
1902, 23 de marzo: Chega a electricidade a Redondela.
1904: O Bispado fai un arranxo parroquial. Pasan a pertencer a Vilavella: Pasales (Reboreda), O Muro (Quintela) e Maceira (Cedeira); e a Redondela: Santa Mariña e o Monte do Cuco (Cesantes) e a rúa Oriente, actual Telmo Bernárdez, e Eidos (Reboreda).
1910: Créase en Río de Janeiro (Brasil) a Asociación de Hijos de Redondela presidida por José Figueroa.
1911: Instálase o primeiro teléfono na vila, nas oficinas da Electra.
1915: Inaugúrase a linea de vapores Cesantes - Vigo.
1915: Inicio da desviación do río para ampliar o recheo (futura Alameda).
1922: Inaugúrase a estación de tranvías San Fausto de Chapela.
1924: Comezan os traballos de recheo de: a Xunqueira, a Alameda e a Ribeira, parte da terra é sacada do Monte da Telleira. Posteriormente, canalízanse os ríos con pedras da Canteira (Rúa San Xoán de Arcal).
1927: A Illa deixa de funcionar como lazareto, convertíndose en lugar de veraneo da crase alta viguesa.
1928: José Regojo establece unha pequena fábrica de camisas con 8 traballadores na rúa Alfonso XII. Co tempo chegaría a xerar cerca de 6.000 empregos e ser o motor económico da vila.
O Viaducto Vello.1932: As monxas abandoan o Convento de Vilavella.
1933-Xullo: Por primeira vez ondea no Concello de Redondela a bandeira galega.
1934- Novembro-13: Noméase á primeira concelleira da vila, Carolina García Tenreiro.
1936-Agosto-6: Aparece morto Jesús Reboredo Barral, de Queimadelos (Mondariz), primeiro asasinado en Redondela durante a Guerra Civil.
1936-Outubro-1: A Illa de San Simón convértese en centro penitenciario.
1943: Os últimos presos abandoan a illa.
1948: A illa é empregada como Albergue Nacional para uso e disfrute da Garda de Franco.
1950-Agosto-22: Morren 43 homes da garda de Franco ó volcar a lancha que os conducía dende a Illa de San Simón ata Cesantes. O cruceiro que hai no Cobreiro (rochas cercanas á Illa) lembra o sucedido.
1954-Abril: Inaugúrase o Aeroporto de Peinador en terreos de Redondela, Mos e Vigo.
1955: A Illa é empregada como Fogar Méndez Núñez para acoller ós orfos dos mariñeiros e de familias pouco favorecidas.
1962: Otero Pedrayo publica a novela O Señorito da Reboraina baseada na vida de Xoán Manuel Pereira, nado en Reboreda.
1963 O Fogar Méndez Núñez trasládase á Casa dos enanitos, sita na Xunqueira no lugar que hoxe ocupan os Xulgados. A Illa é abandoada.
1965: Comezan a realizarse as alfombras de frores nas Festas da Coca.
1968: Inaugúranse o Grupo Escolar de Santa Mariña e a Biblioteca Pública Municipal.
1970 e 1974: O Concello de Redondela recibe da Corporación Provincial os premios ó Mellor Conxunto Urbanístico de Pontevedra.
1971: O Concello cede terreos en Ventosela á institución Aldeas Infantiles S. O. S.
1980: Peche do Grupo de Empresas Regojo.
1981-Febreiro-07: Inauguración da Ponte de Rande.
1983 Apertura do cemiterio de Mañó.
1984-Marzo-02: Trasládanse a un novo convento en Trasmañó as monxas benedictinas procedentes do Mosteiro da Transfiguración do Señor de A Guardia.
1987: Celébrase a primeira edición da Festa do Choco.
1992-Xullo-18: Os creadores do documental “Aillados” organizan unha visita á Illa de San Simón para os superviventes que estiveron alí presos.
1996-Decembro: Comeza a emitir Radio Redondela.
1997: A illa de San Simón e declarada Ben de Interese Cultural, ó ano seguinte a Xunta comeza os traballos de rehabilitación.
1998: Inauguración das novas dependencias do Xulgado.
1998: Remate das obras da Casa da Torre, convertida en albergue de peregrinos.
2001-Maio-18: A Xunta de Galicia declara de Interese Turístico as Festas da Coca.
2008-Xullo: O conxunto arqueolóxico do Monte Penide é declarado Ben de Interese Cultural.
Anecdotario Redondelán

