Curiosidades 3
Nemo e os seus homes recollendo o Tesouro de Rande.Libros ambientados en Redondela.
No s. XIII ou XIV, Mendiño escribe unha cantiga de amigo ambientada na Illa de San Simón.
En 1745, o Padre Sarmiento nos seus diarios de viaxe anota: “Rande, punta y castillo y batería”.
Jules Verne no seu famoso libro 20.000 leguas de viaxe submarino (1870) conta como o capitán Nemo e os seus homes recollen o tesouro de Rande na enseada de San Simón. En homenaxe a este feito na praia da Punta instalouse unha estatua de Nemo e dous buzos.
Federico García Lorca no primeiro libro que publicou, “Impresiones y paisajes”, describe os viaxes que realizou nos seus tempos de estudiante. Nel aparece Redondela, aínda que só como estación de paso.
Na obra cume da lingua galega “Follas Novas” de Rosalía de Castro, aparece nomeada Redondela.
O ourensano Ramón Otero Pedrayo publicou en 1962 a novela O Señorito da Reboraina baseada na vida de Juan Manuel Pereira, nado en Reboreda.
O derradeiro libro que escribiu Manuel Vázquez Montalbán foi Eric y Enide (2002) no que parte da trama desenrólase na illa de San Simón. O escritor aínda visitaría a illa antes de morrer no 2003.

Avisos con mensaxe.
Cartel explícito na Regasenda: “Hay perros. Cuidado con los dueños.” Este é un exemplo do sentido do humor que se pode observar en avisos, carteis e pintadas. Lembranos a outro en Cesantes que dicía: “Cuidado co can é pequeno pero sabe Kung Fu”. Máis forte era un en Vilavella que facía referencia a unha famosa muller da vida. No camiño á casa na que vivía, baixo un sinal de dirección prohibida, podíase ler: “Excepto Juana y usuarios”.
Na Xunqueira aínda se pode contemplar unha vella pintada dos anos 80 concienciando á poboación sobre o perigo das drogas duras: “Co porro ris, co pico morres”. E moi cerca no actual multiusos había outra que facía referencia á alcaldesa: “Fita: Yo vos quiero mucho, mañana calor”.
Convento de Vilavella 2008
Redondela Terra de Conventos.
O primeiro mosteiro do que se ten constancia en Redondela foi en 1517 o cenobio Custodia de los Pascualinos de San Simón na illa de San Simón. Si ben e certo que en 1501 xa comezaran as obras do convento de Vilavella as monxas da orde de clausura San Lorenzo Justiniano non se establecería ata 1574, permanecendo na nosa vila ata 1932.
Outra orde que se instalou na illa de San Simón foi a dos monxes benedictinos de San Juan de Poio en 1596, que abandoarían a illa pola volta en 1601 dos pascualinos. Estes trasladaríanse en 1746 ó lugar de Vista Real de Agrelo en Cesantes, onde fundarían o Convento de San Antonio de Vista Real de Agrelo que sería destruido polos franceses en 1809.
No Catastro de Ensenada de 1752 faise referencia ao priorato de Rande, que dependía do Cenobio de Armenteira. En realidade atopábase en Río Frío (Chapela) e eran monxes bernardinos. Tamén en Cidadelle se atopaba a Casa Grande que foi durante un tempo residencia de frades con capela.
En 1984 inaugúrase un convento de monxas benedíctinas en Trasmañó, sendo o primeiro que se abre en España dende a Idade Media. A comunidade estaba integrada por 20 monxas procedentes do mosterio de “La Transfiguración del Señor” en A Guarda, a meirande parte delas eran galegas. A maior, Soledad Rodríguez, tiña 97
anos e a máis xoven, 19. As monxas confeccionaban xerseis e gorros para os mariñeiros e elaboraban galletas caseiras con hovos e nata. É o único que segue en uso en Redondela na actualidade, dispoñen de albergue e seguen a vender doces.
Sorteo do Brandy Soberano
A boa fortuna redondelana.
Durante dous anos Redondela foi o centro de atención informativo por mor da lotería primitiva e a súa choiva de millóns. O 2-7-1988 Juan Freaza veciño de Cedeira é o único acertante da lotería primitiva. O premio sería de 904 millóns de pesetas. Dous anos mais tarde, o 7 de abril sería un albañil de Reboreda o que se convertiu no afortunado gañador no mesmo sorteo. O seu pleno valeulle gañar 1.198 millóns de pesetas, sendo naquel momento o maior premio de lotería dado en España. Ese mesmo ano en setembro unha obreira do textil tamén foi agraciada cun suculento premio da lotería primitiva.
O antecedente máis antigo o atopamos en novembro de 1901 cando son agraciados co segundo premio da lotería: Manuel Fernández, ecónomo de Reboreda, cun décimo; Gregorio Miguel de los Nalos, capataz da liña Ourense-Vigo, tamén cun décimo; e compartindo un terceiro décimo os mozos da estación Manuel Mosquera, Francisco Muñoz e Benito Barrado.
A lotería de navidad non se porta moi ben coa nosa vila pero en 1995 o Centro Cultural de Cedeira repartiu o
terceiro premio en participacións de 250 ptas. pagadas a
600.000 ptas, sendo un total de novecentos cuarenta e tres millóns douascentas mil pesetas.
Os seguintes casos dan boa mostra de que a fortuna dos redondeláns non se reduce á lotería:
- No 5º concurso Profiden (campaña de hixiene dental), septembro 1955-maio 1956, a nena Matilde González Iglesias resultou agraciada cunha boneca «LILI» e unha bolsa de productos Profiden.
- En maio de 1963 no 5º gran premio Soberano, Rogelio Rodríguez Núñez con domicilio na rúa Isidoro Queimaliños gañou un Seat 600 e o Auto Bar resultou gañador dun Televisor Marconi.
- En xaneiro de 1975 no sorteo de Reis Magos de El Caserío el queso predilecto de los niños gañou un lote de xoguetes o neno Jesús Rodríguez de Cesantes.
- Entre os 120 niños de toda España que, en abril de 1989, foron seleccionados para pasar 10 días no Campus Deportivo Nocilla, entrenando con Epi e Abascal, atopábase Diego Cobo Lodeiro de Redondela.
Tomas Berkley
Evanxelismo en Redondela.
En 1878 iniciaronse reunións na casa de Ángel Méndez, capitán retirado da Armada española. Houbo algúns convertidos pero a obra extinguiuse prácticamente en 1892. En 1898 chega a Galicia Tomás Berkley, instalándose en Vigo para pastorear a igrexa evanxélica dende 1900 ata a súa morte o 14 de abril de 1938. Impulsou a obra edificando unha igrexa na rúa Pi Margall de Vigo. En Redondela entre os anos 1910 e 1911 construense una capela e un cemiterio evanxelistas en San Vicente de Trasmañó, ambos todavía en uso na actualidade. Neste cemiterio está enterrada María a esposa de Tomás Berkley.
http://personales.ya.com/sacosu/historia/historia.htm
Anecdotario Redondelán

