Historias do Mar.
1573 Redáctanse unhas ordenanzas para a “Ría de Vigo, Redondela e Cangas” que regulan a actividade pesqueira, como xa fixeran Pontevedra e Vilanova de Arousa.
1870 O francés Philipe Hipolite Magen recupera 44 kg. de prata, canóns, vigas de carballo e cerámica do tesouro de Rande.
1898 Redondela, Camgas e Marín solicitan ó Ministerio de Marina a prohibición de pescar con cerco de Jareta ou traíña, xa que esta prohibición perxudicaba ós pescadores que empregaban artes tradicionais (xeito e boliche).
1898, 9 de setembro. Numerosa manifestación contra os traineros, Asistiron os mariños, as súas mulleres e fillos, que suxetaron as embarcacións para que non saíran a pescar. O alcalde e a garda civil disolveron ós manifestantes.
1901, 28de febreiro. Por negarse a pagar os dereitos de consumo do pescado importado nesta vila, moitas vendedoras se apostaron frente ós fielatos dirixindo graves insultos ós empleados durante tres horas. A orixe do conflito é a pugna na que se atopa a Compañía Arrendataria co Concello, que obriga a aquela a extremar os medios de recaudación para reunir a cuota mensual. Coméntase desfavorablemente a conducta das autoridades por non previr o conato de motín. Témese que éste se reproduza. En previsión de que poidan ocurrir desórdenes chegaron sete parellas da garda civil mandadas por un tenente.
A cañoneira Cóndor en A Coruña días antes de naufragar. Foto Historia de las Rías
1902, 24 de Xaneiro. A explosión da lancha Cóndor ocurriu cerca da praia do Samil. Entre os feridos atópase Andrés López, de O Viso (Redondela), con quemaduras no corpo e contusión. Coa explosión, algunhas das víctimas lanzáronse ó mar e outras cairon nel, sendo recollidas por traineros. Ó Cóndor foi remolcado por un vapor que recolleu ós feridos trasladándoos o Temerario. Deste ó hospital militar, o traslado dos feridos fíxose en angarellas da Cruz Vermella. Polo relato que fixeron os salvados resulta que a explosión foi da caldeira e de un dos pañois, quedando o barco destrozado e desarmado completamente. O comandante quedou colgado dunha corda, de onde o recolleron despois de largo rato de estar alí. Tres vapores de pesca conduciron os restos do Cóndor á praia do Arenal. Varios tripulantes están desaparecidos.
1911, 29 de outubro. A causa do forte temporal reinante, zozobrou unha lancha de pescadores frente ó lazareto de San Simón. Ía tripulada por un padre e dous fillos, perecendo afogado o menor deles.
1917-outubro. Polo comandante do gardapesca “Gaviota”, foi denunciada a lancha de pesca “Carmen”, de Neira, por pescar de noite con boliche e carecer de sol, impúxoselle dúas multas de 15 e 5 pesetas. Tamén foi denunciada a chalana “Angelita”, de Chapela, polos mismos delitos e impúxoselle o mesmo correctivo.
1917-decembro. Foron denunciados á autoridade mariña por pescar con bou, os patróns da traíña “Dos Hermanas”, de Cesantes, e a chalana “Vicenta”, de Rande. Recolleuselles o aparello para destruilo e a cada un se lle impuso unha multa de 500 pesetas.
1930, 30 de xaneiro. Naufraxio da lancha “Peonia”. Os mariñeiros de Redondela
chamados Agustín Alfaya, o seu fillo Manuel, Víctor Puga e Antonio Villar, saíron das illas Cíes, onde estaban refuxiados por mor do temporal, non chegaron ó porto nin se ten noticia da súa sorte. Crese que zozobraron.
1934, 11 de maio. Os carabineiros do porto de Redondela José Barral, Maximino Avila e Francisco Carrión, auxiliados polo axente de vixilancia de Pesca e Bernardino Rodríguez, realizaron a noite do pasado día 8 do actual un importante servicio sorprendendo un contrabando de tabacos, nas proximidades do Lazareto
de San Simón. Aprehenderon quince bultos contendo sete mil trescentos paquetes de cigarrillos norteamericanos, cen botes do mesmo xénero, doscentas latas dos mesmos cigarrillos. O valor do tabaco calcúlase de corenta a cincuenta mil pesetas. O contrabando viña nunha gasolineira sen folio, nin número, auxiliada por unha embarcación denominada «Manuel» de matricula de Vigó. Os contrabandistas ingresaron no cárcere. Parece que o contrabando foi desembarcado dun barco inglés que días pasados estivo no porto de Vigo.
1934, 4 de xullo. Cando se bañaban na praia de Cesantes, os irmáns Juan
e Casto Pérez Otero, avanzaron demasiado mar adentro, véndose arrastrados. Ós gritos de auxilio, lanzouse á agua Francisco Pérez Miguel, que conseguiu salvalos dunha morte certa, cando xa un perdera o conocemento. Solicítase unha recompensa para Pérez Miguel polo seu heroico comportamento.
1950, 22 de agosto. Volca unha lancha en Cesantes. Das máis de sesenta persoas que transportaba pereceron cuarenta e tres e 29 desaparecidas. A lancha motora, denominada «Monchiña» emprendeu o viaxe da illa de San Simón ó peirao da praia, levando a máis de 60 personas da garda do Xeneralísimo que se trasladaban a Redondela para xogar un partido de futbol co equipo de dita vila. Aproximadamente á metade do traxecto, un dos ocupantes da abarrotada lancha caeu á auga. Dada a voz de alarma, a lancha fixo un rápido viraxe, e ben sexa pola marexada existente naqueles momentos, ou porque un gran número de ocupantes se agolpou nunha das bordas, zozobrou, cundindo o pánico entre os ocupantes. Varios de estos conseguiron salvarse manténdose sobre táboas ou sobre a quilla do barco, ou nadando, pero outros, por non saber nadar ou por non ter onde asirse foron ó fondo do mar. Algúns quedaron atrapados no camarote da «Monchiña», que ó cabo e dez minutos hundiuse por completo. Neste periodo de tempo se rexistraron as naturais escenas de fondo dramatismo. Prontamente acudiron os pescadores que en distintas embarcacións se encontraban naquelas augas, prestando rápido auxilio ós náufragos, logrando levar á illa a varios deles en estado de ásfixia e que volveron á vida, merced ós cuidados dos compañeiros que non foran na lancha e moitos deles lanzáranse en pequeñas embarcacións en auxilio dos seus amigos. No lugar d suceso se persoaron rápidamente o comandante de Mariña e outras autoridades, que dispuseron as medidas oportunas. Igualmente acudiu o gobernador civil, Señor Solís Ruíz, xunto cos mandos provinciais, que foron a orar na capela onde estaban depositados os cadáveres e visitaron ós supervivintes.
1955, 19 de Abril. Vigo. Unha lancha pesqueira se afunde ó colisionar cun vaporciño. Foron salvados trece tripulantes, outro foi rescatado afogado e dous máis desapareceron. Na dársena do porto pesqueiro do Berbés cando o buque «Maso 28», de unhas 180 toneladas, que estivera descargando peixe durante a noite, se desprazaba esta mañá ó inmediato peirao da casa M. A R., para cargar xeo, entrou en colisión coa lancha pesqueira «Florencia», de 42 toneladas, tripulada por 16 homes, que se afundiu rápidamente. O «Maso 28» intentou manobrar para acudir en auxilio dos náufragos sen poder realizalo, debido a que as redes se lle enredaron nas hélices. Varias embarcacións pesqueiras que se atopaban cerca acudiron en auxilio dos náufragos e lograron recoller a trece, que foron levados inmediatamente a terra ó cercano hospital da Cruz Vermella, onde foron asistidos de síntomas de asfixia, pois ningún tiña feridas. Os máis graves dos asistidos na Cruz Vermella son: Alejandro Bouzón Martínez, de 21 anos de Redondela; Basíldo Alonso Torres, de 30 anos, de Cesantes, e José Rodríguez da Costa, de 15, también de Cesantes. As embarcacións que recolleron ós supervivintes se dirixían a portos da outra beira da ría na península do Morrazo, o que dificultou a localización dos náufragos. As autoridades de Mariña ordearon a un equipo de buzos que investigara o lugar do sinistro para rescatar ós desaparecidos e pouco despois lograron extraer a Manuel Lago Barros, de 34 anos, casado e con dous fillos. Veciño de Nogueira, en Redondela; comprobacións posteriores confirman que faltan dous tripulantes, os chamados: Aquilino Pazos, de 32 anos, e Cándido Martín Barreiro,
de 18. Os buzos seguen rastrexando o lugar para ver de recuperar os seus cadáveres.
1957, 28 de xuño. Unha embarcación inglesa, afundiuse nas proximidades da costa,
pero, según a declaración entregada polo capitán, un individuo de Malta, o «Fury» transportaba cigarrillos americanos, whisky, sedas, nylon e artigos de perfumería. Os
tripulantes eran casi todos españois: Juan Caballero, de Redondela; Pedro Duque, de Málaga; Cristóbal Rodríguez, de Cádiz. A Policía sabe que algunhas destas embarcacións, procedentes de Tánger e que fondean no Tajo con destino a outros portos de Europa, transportan contrabando, aparte dunha carga mínima facturada para Lisboa.
1961, 26 de decembro. Un fortísimo temporal iniciouse na mañá de onte. Sufriron importantes danos barcos bacaladeiros ancrados frente a unha factoría de Rande.
1963, 24 de abril. Chegaron a Lisboa por estrada procedentes de Cascáis, onde foron desembarcados, os tripulantes do barco español «Virgen de la Esperanza» que tivo unha colisión co buque sueco «Loviga Grothon». Entre eles atopábase o maiordomo, Alvaro Solengas Pena, de 17 anos e veciño de Redondela.
1965, 24 de marzo. Despois de que se afundiu e embarrancou o pesqueiro español «Redondela», foi posto esta mañá a flote cerca da isla de Islay, frente á costa occidental escocesa. Os trece membros da tripulación se atopan sans e salvos.
1967, 9 de xaneiro. Os 39 tripulantes do cargueiro alemán «Arenberg », de 17.000 toneladas, de 160 metros de eslora e 20 de manga, que se incendiou ás once menos cuarto da noite do pasado sábado no Golfo de Vizcaia, chegaron o domingo ó porto lucense de Cillero, a bordo do mercante «Malchow», con bandeira da Alemania oriental, que os recollera despois de que abandoaron o «Arenberg», envolto en chamas.
Entre os membros da tripulación había oito españois, o resto eran alemanes e dous norteafricanos. Os nosos compatriotas levaban no buque alemán desde o mes de outubro do pasado ano, un deles era; Ramón González González, de 23. solteiro, natural de Redondela (Pontevedra).
Anecdotario Redondelán

