Anecdotario Redondelán

Os límites parroquiais

 

División de Galicia. Introducción histórica.

Antes da constitución de Cádiz de 1812 o Reino de Galicia estaba dividido en 7 provincias (pertencendo Redondela á de Tui), a súa vez formadas por Jurisdiccións e cotos redondos.

Coa Constitución de Cádiz Galicia pasa a ser unha única provincia, cunha única intendencia, unha sóa diputación provincial e un só xefe político. A diputación constituíuse en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 1813, co Marqués del Campo Real como presidente, que a trasladará á Coruña 2 meses despois.

O Real Decreto do 15 de xuño de 1814 suprime as diputacións. O 7 de marzo de 1820 restablécese o réxime constitucional como diputación provincial única para toda Galicia, en A Coruña. O 13 de abril de 1822 volven a crearse 4 provincias pola aprobación do decreto do 27 de xaneiro dese mesmo ano, sendo estas: A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

Tralo decreto do 10 de outubro de 1823 ábrese unha loita pola capitalidade da provincia entre Tui, Vigo, Pontevedra e Redondela, se ben a nosa vila sería a que tivo menos opcións de conseguilo. A cuestión quedaría resolta o 30 de novembro de 1833, quedando Galicia dividida nas provincias actuais: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.  

 

 

O Concello de Redondela

S. XIII.  Redondela xa é unha xurisdicción dependente do arcebispado de Santiago, coñecida como Vilanova de Redondela para distinguila de Vilavella de Redondela.

1752 Catastro de Ensenada. Redondela cunha extensión de 70 km2 ocupaba a meirande parte dos actuales  concellos de Redondela e Pazos de Borbén, estando dividida en 14 parroquias (Amoedo, Borbén, Cabeiro, Cepeda, Cesantes, Moscoso, Negros, Nespereira, O Viso, Quintela, Reboreda, Redondela, Vilar e Xunqueiras). Pertencía ó Bispado de Santiago, que nomeaba un Xuíz Ordinario que exercía de alcalde, 4 rexedores ou concelleiros vitalicios e renunciables, un escribán numerario e ata 5 procuradores de causas (no s. XVI 2, un representaba ó Gremio do Mar e o outro ó Gremio da Terra).

1822. Abolición dos señoríos xurisdiccionais Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela.

3 de decembro de 1836. Constitúese o Concello de Redondela como consecuencia das reformas liberais.

 

 

Os límites parroquiais.

 

CABEIRO

1752 Catastro de Ensenada. Cabeiro, como Vilar, si ben dependen de Redondela, no “político y concejil”, están sometidos ó partido de Mos. O seus límites serían: “linda principiando por el N. con el campo de Melixosa, de allí al río de Buelas, de este a la porta de San Domingo do Couto circundando a la fuente da ortiga, de allí al Castro Ferreiro de este a la Chan dos Loureiros, de allí a la piedra de picos, de allí a las piedras de Cambra, de allí al puente Míguez de esta al sitio do Patelo de allí al campo ya nominado de Melixosa primera demarcación”.

 

CEDEIRA (Ver Vilavella)

1589 Por mor da desamortización de Felipe II, Cedeira, ata daquela pertencente a Redondela, foi entregada co seu porto e 68 veciños ó asentista italiano Giacomo de Berdi que a vendeu por 1.100 ducados ó bacheler Álvaro Prego. Despois pasaría a mans do Alguacil Maior Lope Osorio; a Jerónimo Saravia, xudeu portugués e rexedor de Vigo; ós Lopez Portillo e ós Pestaña, fidalguía de servicio oriunda do Bierzo.

S. XVIII A mediados deste século, o señorío de Cedeira pertencía a Juan Francisco de Pestaña y Chamucero, gobernador da provincia peruana de Tucumán.

1752 Catastro de Ensenada. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la Rañada, de allí al Patrón de Frean, y sigue a las ¿mistas? de los ríos de las Lamas, hasta donde que se junta el que viene del Puerto dos Perones, de allí va por la orilla de dicho río a la fuente que viene del Castro, de esta otra que se nombra de Fernán Mallo, de allí ala Cruz de Laje do Pinede, de esta a las 3 fuentes que también se dicen do Pinede, y sigue a la Laguna de los Ollera, y por el río mayor de abajo hasta llegar a la arenta de Rande, de allí va por la orilla de la mar hasta la fuente de dicho sitio de Rande, que por allí pasa, y de allí va a la Cueva do Ouro, de esta a la fuente de Cascoña, y sigue a otra que la llaman de Canaval, de esta va al marco de mismo nombre, de allí al de Ravadeyra, siguiendo al Campo do Prado do Ameeyro todo por la orilla del río da Mazeyra arriba hasta llegar al Campo da Lova, en donde hace un rechazo y sigue al Campo de Muro Longo, y de allí a dicho marco da Rañada donde principió”.

1822. Abolición dos señoríos xurisdiccionais Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela.

 

CESANTES (Ver Redondela)

1752 Catastro de Ensenada. Cesantes e O Viso se ben dependían nas cuestións de xusticia de Redondela, era o duque de Soutomaior o que nomeaba ós seus concelleiros. Os seus límites eran: “linda principiando por el N en el riego que se dice de Santa Mariña, siguiendo a la fuente llamada del Mouro de allí a la fuente de Jardón de esta en derechura al marco de la Revolta, de allí vía recta a la fuente Cova, circulando al marco nominado da Cansela, de allí a la fuente del Molino Viejo y de esta al marco de la Cancela de Folgozas, siguiendo el pilar que se nomina de San Pedro, de allí al marco de división llamado de la Mina, de este a la Portela y marco de división que en ella hay,  y de allí al Pozo do Mouriño y de este al rego citado de Santa Mariña, primera demarcación”.

 

CHAPELA

1752 Catastro de Ensenada. Chapela e Trasmañó pertencían á xurisdicción do Val do Fragoso, concello independente de Vigo. Os seus límites eran: “principiando su demarcación a la parte de L. a la fuente de la Lamosa, dividiendo a la de San Vicente de Trasmañó, sigue a la piedra que llaman Rañagatos, de la cual confrontando con la mar va a dar con el río da Bouza, de donde partiendo con San Salvador de Teis pasa a la revolta y sitio de fuente alta, de aquí dividiendo a San Cristobal de Candeán, va a la Mina del Oro, y al sitio de fuente do Seixo, de allí partiendo con la de San Juan de Cabeiro prosigue al marco de Mina Alta, y a la fuente de Estripeiriña, de donde delimitando con dicha de San Vicente pasa a cerrarse con la citada fuente de la Lamosa”.

1935. Os veciños de Chapela forman unha comisión para solicitar a súa agregación ó concello de Lavadores e a súa desvinculación co de Redondela.

1942. O alcalde de Vigo, Suárez Llanos, tenta a anexión de Chapela. O alcalde de Redondela, Juan Muíños, en representación da corporación municipal, negouse, chegando a trasladarse a Madrid para facer prevalecer a ligazón de Chapela con Redondela.

 

NEGROS

19 de marzo do 1293. Doación das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1752 Catastro de Ensenada. Os seus límites son: “principiando por el N en el camino vereda Real, al sitio nominado de Frades, de allí al marco de Frean, de este a los Pazos del Río dos ¿Perino?, de allí a la fuente del Caño, de esta a la Cruz de Penide, de allí a la Pedra do Couto, desde ahí al Porto que dicen de sr. Domingo, de este al marco de división que se halla junto a la casa de Amaro de Amoedo, siguiendo al Riego de agua do Mangueiro, de allí al molino viejo de este río, abajo al Río da Señora, y de este a la vereda Real y sitio nominado de Frades primera demarcación”.

14 de febreiro 1782. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.

QUINTELA (Ver Vilavella)

19 de marzo do 1293. Doación das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1752 Catastro de Enseada. Quintela é totalmente dependente de Redondela. O seu Xuíz Pedáneoé nomeado polo Xuíz Ordinario de Redondela. Os seus límites son: “principiando por el N en el riego de agua nominado del Morral, de allí a la fuente Sabugueiro, de esta a la fuente Abreio, desde esta sigue por el riego de agua así abajo al sitio detrás Sandín, de allí al nominado de Colbaseiras, de este a la estrada Real, de esta al sitio de Frandes y marco de división que en él hay, desde allí circulando al Rigueiro de Barro, de este a la fuente del Conde, siguiendo vía recta a la fuente del Corbo, de allí al rigueiro de Muíño Vello y de este al riego citado del Morral primera demarcación”.

14 de febreiro 1782. O provisor eclesiástico tudense separa Negros e Quintela de Cedeira creando dúas novas parroquias.

REBOREDA (Ver Redondela, Ventosela e Vilavella)

19 de marzo do 1293. Doación das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1752 Catastro de Ensenada. Reboreda, si ben pertence a Redondela, é cabeza de Partido (circunscrición fiscal). Os lugares Castiñeira e Vilar do Mato sitos en Reboreda pertencen ó Duque de Soutomaior. Os seus límites son: “principiando por el N en el sitio de Eira Pedraza y de allí sigue al Penedo llamado do Toxo, de este al Laxeal, de allí al sitio do Campiño, de allí a la fuente Vaceira, siguiendo a la fuente Bilela, de esta sigue a la fuente do Mouro, de allí al portal de la casa de d. Antonio Gago, de allí sigue una recta al portal de la casa del Conde de San Román, de este a la fuente de Alta Meiga, y de allí al sitio nombrado de Eira Pedraza, primera demarcación”.

1822. Abolición dos señoríos xurisdiccionais Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela.

REDONDELA

1752 Catastro de Ensenada. Os seus límites son: “linda principiando por el N con la capilla de Santa Marina y fuente nominada del Mouro, de dicho sitio circulando sigue al muelle y Río de la Junquera de allí al de los pazos contiguos, a la casa de D. Domingo Amill, y de dicho sitio va a la Puente Longa circulando al río al medio del puente que llaman de Villavieja sigue río arriba a los molinos que dicen de San Román, de allí al nominado do Carballo y de dicho sitio sigue por la huerta y viña de D. Pedro Ochoa Horcasitas al camino de los Barreiros y marco de división que en el hay, de dicho sitio al crucero viejo y de este a la fuente llamada do Mouro”.

1890. As rúas Val (Isidoro Queimaliños), Rivero (Reveriano Soutullo) e Alfonso XII pertencentes a Reboreda, conseguen a súa agregación á parroquia de Redondela.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial. A rúa de Santa Mariña, a súa capela e o Monte do Cuco todos eles de Cesantes agréganse a Redondela. E as rúas Oriente  (actual Telmo Bernárdez) e Eidos pertencentes a Reboreda, agréganse tamén a Redondela.

 

SAXAMONDE

1159. Fernando II de León concede o Couto de Saxamonde a Gonzalo Muñoz, que logo casaría con Estebana Aldonza Saez de Valladares, señora de Valladares.

8 de marzo do 1537. Probanza e apeo (restitución) a Álvaro Sarmiento de Valladares, veciño de Vigo e señor dos cotos de Valladares, Saxamonde e Meira, sobre pertencerlle a este último certos bens nas freguesías, entre outras, de Santa María de Reboreda, San Esteban de Negros, San Mamed de Quintela e San Martín de Vilar de Infesta, que lle foran arrebatados polo arzobispado de Santiago.

5 de outubro de 1608. Apeo (restitución)  dos bens pertencentes ó arzobispado de Santiago de Compostela nas freguesías, entre outras, de Santa María de Reboreda, San Martín de Vilar de Infesta, San Esteban de Negros e San Mamed de Quintela.

17-6-1741. Felipe V ordea que se faga o apeo (restitución) e deslinde de todas as posesións pertencentes ó marquesado de Valladares, entre elas o Coto de Sajamonde e propiedades en Redondela.

1752 Catastro de Ensenada. O couto de Saxamonde está dividido en 4 distritos pertencentes a: o Marqués de Valladares, o Conde de San Román (conselleiro de Indias), José Mariño (residente en Pontevedra e señor de Toutón) e o Marqués de Sierra. Os seus límites son: “en el mojón que se halla al sitio dos Valos, y de allí sigue al que se halla al sitio do Río do Louro y de allí al mojón da Fontaiña, y de allí sigue al dos Barreiros, y de allí sigue a el del sitio da fonte de Aver Covo,  y va en derechura al de las Corvazeiras, y de allí al del sitio da Veiga Longa, y de este al mojón que se halla al sitio de Lamas, hasta el Río da Zapal, y va siguiendo al del sitio da Trigueira, y de este a otro que se halla al sitio de Carrascal y fenece en el mojón referido dos Valos primera demarcación”.

1822. Abolición dos señoríos xurisdiccionais Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela.

 

TRASMAÑÓ

1752 Catastro de Ensenada. Chapela e Trasmañó pertencían á xurisdicción do Val do Fragoso, concello independente de Vigo. Os seus límites eran: “principiando su demarcación en el marco de Couto a la parte de L. sigue partiendo con la de San Juan de Cabeiro, al de la Cruz de Pinide, de este limitando con el de Cedeira pasa a los que nombran la lagoa Laguna de Solleiro, y Cruz de Rande del que confinando con la mar sigue al das Cuncheiras de aquí dividiendo a San Fausto da Chapela va a los do Cavo da Pedra, Piedra do Loureiro, sitio do Tojo, Olmo do Fondón, fuente da Lamosa y al de Mirallo, de donde confrontando con San Cristobal de Candeán pasa a cerrarse al expresado del Couto”.

VENTOSELA

1497. Ventosela xa aparece coma un anexo de Reboreda.

1786. O Bispo de Santiago de Compostela, Domingo Fernández Angulo, separa de Reboreda a capela de San Martiño de Ventosela xunto cos lugares de O Castiñeiro e Vilar do Mato, creando unha parroquia independente e construindo unha nova igrexa.

VILAR DE INFESTA

19 de marzo do 1293. Doación das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1752 Catastro de Ensenada. Vilar e Cabeiro, si ben dependen de Redondela, no “político y concejil”, están sometidos ó partido de Mos. Os seus límites son: “principiando por el Norte en el marco da fonte da Presa, de allí va al sitio llamado da Trigueira, de allí al molino de Mangoeiro, de este a la Coutada de Tumbalobos, de allí a la Piedra nominada dos Picos, de allí a la fuente do Mouro, de allí a las Piedras de Gandaris, de allí a la Piedra Lodoso, de esta al marco do Outeiro llamado da Portuguesa, de allí al Castro de Guisan, de allí a la Coutada das Cartas, de allí al Monte de Formoso y marco de división que en él hay, y de este al ya nominado da fonte da Presa, primera demarcación”.

1936. Vilar estréase como entidade local menor. Dous meses despois  serán nomeados, interinamente, os seus primeiros rexidores: Perfecto Blanco Barciela, Juan Rodríguez Barciela e Manuel Blanco Camiña. A Guerra Civil non lles deixaría moito tempo para desempeñar a súa xestión.

 

VILAVELLA

No libro “Communicaciones al XV Congreso internacional de las ciencias genealógica y heráldica. Volumen 3” recóllese que Vilavella formaba parte “dos vellos territorios de Toronio”.

Dende 1118 ata o 22 de marzo de 1312. Vilavella pertenceu ós Cabaleiros Templarios, nesta última data disólvese a orde pasando Vilavella a pertencer á Coroa.

13?? Pedro I concede Vilavella a Suero Yáñez de Parada, Adelantado Mayor de Galicia.

14 de setembro de 1371. O rei Enrique II, que confiscara as posesións de Suero Yáñez,  dóalle ó Bispo de Tui, Juan de Castro, Vilavella xunto co castelo de Entenza, o coto de Coia e a vila de A Guarda. O prelado e o Cabildo de Tui nomeaba en Vilavella un xuíz que exercía de alcalde, un rexedor e un procurador de causas.

1752 Catastro de Ensenada. Vilavella ten agregada a aldea de Anseamonde (Pazos de Borbén) e segue a depender do Bispado de Tui. Os seus límites eran: “principiando en el marco de la Cabrita hasta llegar a la fuente de el Regueyro do Varro siguiendo por derechura hasta el camino Real que va de esta villa a la Ciudad de Tuy enderezándose por dicho camino hasta otro marco que se llama de Muro longo y de allí da la vuelta a otro marco que se denomina da Rabadeyra y de allí a la fuente de el Castañal de Canaval siguiendo a la Coba do Ouro y de allí a una Cruz que se halla en la casa de d. Phelipe Mage vecino de la villa de Vigo y de esta va a la fuente de Reande y de esta sigue a la mar y de esta sigue al Crucero de la capilla de Nuestra Señora del Socorro y de allí por la orilla del río que viene de la Maceira hasta llegar a la Puente Longa que se halla en el, y desde esta y hace un rechazo y va a lo largo del Río que viene de Reboreda hasta el medio de una Puente de piedra que se halla en él, que es la que divide el término de esta población de el de Villanueva de Redondela y va por la orilla de otro río arriba y a la distancia de unas ochenta varas hace otro rechazo y va al Marco dos Paisás y de este sigue a la fuente del Canudo, y de allí al marco da Cabrita, primera demarcación”.

1822. Abolición dos señoríos xurisdiccionais Cedeira, Reboreda, Saxamonde e Vilavella únense a Redondela.

1904. O Bispado fai un arranxo parroquial e pasan a pertencer a Vilavella: Pasales (Reboreda, actual Juan Manuel Pereira), O Muro (Quintela) e Maceira (Cedeira).

 

 

O VISO

19 de marzo do 1293. Doación das freguesías de San Miguel de Oya, San Saturnino de Amoedo, Santa María de Reboreda, San Martín de Nespereira, San Martín de Vilar de Infesta, Santiago de Borbén, San Esteban de Negros, e San Mamed de Quintela (Pontevedra), dada por Martín, arzobispo de Santiago de Compostela, a favor de Fernán Gómez de Valladares.

1709 Arcade (incluindo Soutoxuste) se separa de O Viso

1752 Catastro de Ensenada. Cesantes e O Viso se ben dependían nas cuestións de xusticia de Redondela, era o duque de Soutomaior o que nomeaba ós seus concelleiros. Os seus límites eran: “principiando por el N en el sitio que se dice da Roca, de allí va a la Portela de Ziguelos, de allí al Puntal, de allí al marco de la fuente dos Frades, de este sigue al monte do Cavaleiro, de allí al Outeiro dos Porros, de este al sitio da Mina, de allí a la Portela da Pía, de allí al marco do Loureiro, de este al marco de Folgosas, de allí al sitio do Lombo, de allí al campo dos Codorneiros, de este a la fuente Espiñeira, de allí a las Pedras Mouras, de allí al marco do Viso, de este a la Hermita de la Peneda, y de allí al sitio nominado da Roca primera demarcación”.

S. XVIII. A mediados deste século, San Vicente de Soutoxuste pasa a depender de O Viso.

 

 

 

Subir