Anecdotario Redondelán

Sucesos

 

1892-xullo-14. Folga das mulleres da vila contra os consumos. O 23 e 24 folga en Pontevedra cun morto por baioneta e varios feridos de bala. Unha semana despois son as leiteiras as que se manifestan en Vigo, estando as de Chapela entre as máis exaltadas. Os disturbios chegarían a Ourense, morrendo un médico que presenciaba os sucesos dende un balcón.

1895 Prohíbense as fiadas do liño, que congregaban moita xente, por mor das pelexas que se producían. O alcalde J. M. Otero Milleiro multou ás donas das casas de Cedeira onde se seguían a celebrar.

1908, 1 de novembro. Os agricultores de Redondela, do mesmo xeito que noutras poboacións, celebraron unha manifestación parasolicitar a redención dos foros.

1911, 6 de novembro. O gobernador de Pontevedra telegrafou o siguinte ó gobierno: «Me comunica el subdelegado de Veterinaria de Redondela que apareció la glosopeda en el ganado de aquel partido. Doy órdenes al inspector de higiene pecuaria para adoptar medidas.»

24-1-1913 O cura de Redondela, Juan Álvarez, abofeteou en público ó ancián
José Angulo, promovéndose por tal motivo un forte escándalo. No medio de gran tumulto, o pobo pedía a detención do cura, tendo que intervir a gardia civil. Témense novos disturbios.

1915 Arturo Rodríguez de Pazos Prata, alias “o Sabio”, que curaba por hipnotismo, foi detido pola garda municipal por adicarse ó meigallo. Posto en liberdade coa promesa de tomar o tren a Portugal, como así fixo. 

1917-marzo Ós 107 anos de idade faleceu a señora doña Manuela Tejo Villanueva.

1917-abril. O tenente xeneral don Antero Rubín, enviou ó alcalde de Redondela, 500 pesetas para distribuir entre os pobres da vila. Asistiron o acto do reparto o alcalde, señor Otero Milleiro; o párroco, don José María Sanmartín, e o cura castrense, don Manuel Pérez Albán.   

1918 Foi denunciado e sometido ós tribunais de xusticia o xornal “El Pueblo” por insertar o artigo no que denunciaba que as eleccións de Vigo-Tui non se efectuaran. O artigo titúlase “Sigue el escándalo”.

1918-xaneiro. Faleceu en Redondela o capitán retirado don Manuel Iblas Arnariz.

1918-marzo. Na fábrica de aserrar madeira que na marxe do río de Os Valos ten Manuel Pereira, declarouse un incendio. As perdas calcúlanse en 3.000 pesetas.

1918 decembro. Por entrar e intentar roubar no domicilio do veciño de Cesantes, Nicanor Soto Ochoa, foi preso o xornaleiro Julio Mesa López, de 16 anos, residente na parroquia de Teis.

1923, 2 de novembro. Ingresou no carcere de Redondela o secretario municipal don Albino Loqueiro a consecuencia da visita de inspección.

1927, 4 de xuño. Na entrada do pobo un automóvil ocupado polo vicepresidente da Diputación de Pontevedra, acompañado da súa dona e fillas, chocou contra un carro matando á parella de bois que levaba uncidos. Do accidente resultaron ilesos o carreteiro e os ocupantes do automóvil.

1929, 2 de marzo. Cando o párroco de San Martín de Ventosela se atopaba dicindo Misa, foi asaltada a casa retoral levándose os ladróns 1.775 pesetas. Horas despois a garda civil detiña en Arcade ós ladróns que resultaron ser Pedro Ramírez e Francisco Yañez, ocupándoselles o diñeiro roubado, unha ganzúa e outros efectos.

1929, 2 de maio. Os ladróns penetraron na sastrería de Joaquín López Frajeiro, veciño de Redondela, apoderándose de 1.330 pesetas.

1931, 17 de xullo. Folga de Teléfonos. Nas proximidades de Redondela verificouse outro acto do sabotaxe na rede telefónica, sendo cortados algúns fíos. Por esta razón o servizo funciona con bastante retraso, facéndose activos traballos para restablecer a normalidade nas comunicacións.

1932, febreiro. Un aparatoso accidente automobilístico colma a paciencia da Corporación. O vehículo M-25506 con cinco veciños de Pontevedra dentro, que quedan mal feridos, dá de fociños contra unha árbore no paseo de Santa Mariña por exceso de velocidade; isto motiva que tomen unha decisión que chega aos nosos días: crear un talonario de multaspara infraccións na circulación de automóbiles; tendo tempo tamén para acceder á petición do Rexistro Civil de mercar un libro para a sección de nacementos. 

1932, 18 de setembro. Un furacán leva o tellado da fábrica de camisas de Regojo causando danos que ascenden ás 8.000 pesetas. Tamén sufriu desperfectos a conserveira do sr. Otero. A colleita no campo dase por perdida.

1932, 24 de setembro. Inundación das rúas, alcanzando as augas unha altura de metro e medio, derrubando as pontes de Pasais e do Carballo, así como outras das que non se lembran os nomes. As colleitas de millo e viño quedaron destruidas e morreron moitas cabezas de gando e aves. As parroquias que sufriron maiores consecuencias foron Redondela, Cedeira, Vilar, Saxamonde, Reboreda, Cesantes, O Viso e Ventosela.

1933. Os gardas municipais trocan o anticuado sabre por revólveres.

1934, febreiro. Aparecen na Rabadeira as pegadas dun oso, que serían expostas na farmacia de Pedro Otero Sestelo. Dando lugar ó consello das veciñas: “Non vaias á Rabadeira que te pode saír o oso” e a unha copla. Realizáronse batidas pero nunca se atopou o oso.

1934, 7 de abril. Cando o panadeiro de Redondela Nicanor Rodríguez Cauto se dirixía á aldea de Cedeira, lle saíron ó paso uns descoñecidos, con pistolas, obrigándolle a entregar cincuenta pesetas que levaba. Despois, os atracadores fuxiron en automóvil, con dirección a Vigo.

1934, maio. A estrada Redondela-Fornelos queda cortada, porque no km. 3, en Reboreda, un corremento de terras produciu un furado de 15 metros de longo por 6 de largo e outros 6 de profundidade, con gran alarma da veciñanza e con moitos piñeiros e carballos caídos.

1934, 15 de maio. Por efectos da tormenta en Saxamonde se derrubaron dúas trincheiras da vía férrea, polo que estivo detido durante varias horas o tren correo descendente de Madrid. Nas parroquias de Louredo y Quíntela descargou ó mesmo tempo unha forte granizada que arrasou os viñedos e os sembrados. O granizo alcanzou máis de medio metro de altura. Os perxuicios son enormes. Tamén en Redondela se desbordou o río que inundou as rúas e leiras próximas; As augas arrastraron animais domésticos e destruiron os sembrados. As perdas son importantísimas.

1934, 24 de xullo. En Cesantes, cando se dirixían á feira que se celebra en Redondela, tres mulleres foron atropeladas por unha camioneta, resultando gravemente feridas. O conductor foi detido.

1935, 16 de xaneiro. En Redondela esta mañá incendiouse unha casa propiedade de Bernardo García, na rúa de Salmerón, quedando destruida. Crese que a orixe do sinistro foi por depositar unhas cinzas nunha cuadra da leira. Resultou ferido un neno de corta idade, fillo do inquilino Moisés Rafael. Pediuse auxilio ós bombeiros de Vigo, que se negaron a prestar auxilio, o que produxo indignación e obligou a pedir auxilio ós de Pontevedra, que acudiron e impidiron que o fogo destruira as casas colindantes.

1935, 27 de decembro. O temporal derrubou numerosos árbores que dificultan o tránsito polas estradas e a vía férrea de Redondela a Vigo

1936, 30 de xaneiro. A Policía deteu a Ramón Reyes Pérez, veciño da parroquia de Cedeira. Practicado un rexistro no seu domicilio, foron encontrados dúas escopetas e 68 cartuchos con bala de chumbo.

1936. Tralo Golpe Militar do 17 de xullo declárase o toque de queda, prohíbense as reunións e restrínxense o horario dos comercios e bares.

1949, 10 decembro. O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movimento fixo entrega no seu  despacho oficial do  donativo de tres mil pesetas que S. E. o Xefe do Estado envía á  veciña de Redondela, Dolores Figueroa Pereda, que acaba de dar a luz tres nenos.

1951, setembro. O Xeneral Franco pasa por Redondela en dirección a Porriño. Un vehículo da súa comitiva sofreu un accidente na ponte de Quintela, co resultado de varios feridos, entre eles un alto mando da Garda Civil.

1961,21 de outubro. O Tenente do Exército do Aire, don Juan Gagane, que procedía de Salamanca, pilotando unha avioneta, non pudo entrar no aerodromo de Peinador a causa da falta de visibilidade. Volou depois sobre Redondela e intentou tomar terra na estrada de Reboreda, pero cando ía a facelo pasou por alí un camión e obligouno a aterrizar nun campo de millo. Unha das ás da avioneta vateu contra un cable do tendido do alumbrado eléctrico, e fíxolle capotar. O piloto resultou con feridas na cabeza e a fractura dun brazo. Saliu á estrada polo seu propio pé e nun coche foi trasladado a Vigo, donde foi hospitalizado.

1968, 21 de setembro. Pola Garda Civil do posto de Bouzas foi detido, despois de laboriosas pesquisas, Ramón Carro Navia, de 37 anos, natural de Vilagarcía, que se facía pasar por oficial da Marina Mercante. Descubriuse que este individuo roubou un día unha maleta na estación marítima de Vigo que correspondía, efectivamente, a un oficial da Marina Mercante e que contiña dous uniformes —un branco e outro negro— que empregaba según as circunstancias. Foi detido na estación de Redondela cando se dirixía en tren a Vilagarcía. No seu domicilio foron encontrados numerosos obxetos procedentes dos seus roubos. Con este mesmo truco contraeu matrimonio nesta misma provincia, simulando no seu fogar que os obxetos sustraídos eran regalos á sua volta de viaxes por mar, que non facía. Calcúlase que os obxetos roubados sobrepasan en valor as 200.000 pesetas.

1969, 18 de xaneiro. En Redondela inundáronse algunhas rúas de Vilavella, e tamén a estrada xeral de Vigo a Pontevedra, impedindo o paso dos vehículos lixeiros, por chegar a auga á altura dos tubos de escape. Entre os inmobles afectados está a Central de Teléfonos, na que a auga chegou a alcanzar unha altura de 30 a 35 centímetros. Nembargantes, en ningún momento quedou interrumpida a comunicación telefónica, ó ser retirados os equipos a lugares máis altos, evitando así que foran deteriorados polas aguas.

1969, 3 de setembro. Nun incendio no monte "Mirallo", en Redondela, arderon 1.500 pinos de tres anos de plantación, que foron valorados en cincuenta mil pesetas.

1972, 2 de decembro. Aprobouse o expediente relativo á adxudicación de obras para a variante de Redondela.

1974, 26 de xuño. Arredor de 6.000 persoas dos términos municipais de Vigo, Porriño, Redondela e Cangas de Morrazo, pasarán a formar parte da Asociación de Afectados pola Autopista do Atlántico; asociación que se encontra en periodo de creación rendinte da aprobación dos seus estatutos dos que xa existe un anteproxecto por parte do gobernador civil da provincia.

1974, 9 de setembro. O grupo escolar de Redondela, disposto para 32 unidades e que leva en funcionamento dous anos e medio, tivo que ser desaloxado. O curso non puido comezar, porque se descubriron repisos, cedemento de vigas e tamén apareceron boquetes, o que fixo que se considere perigosa a estancia dentro do recinto. Dase a circunstancia de que o arquitecto que planeou a obra faleceu e ninguén quere asumir a responsabilidade de dictaminar cal pode ser o futuro do edificio. Ademais dos defectos de construcción, unha das razóns que produciu os repisos e cedemento de vigas, poido ser que o edificio se construira sobre pilotes no que antes fora una marisma.

1976, 6 de decembro. Manifestación polo estado do “Funil” de Vilavella.

1976, 24 de agosto. Tormenta en Redondela. Unha chispa eléctrica destrozou instalacións do servicio telefónico. A avería afecta a unha amplia zona do sur de Pontevedra. Diversos técnicos e persoal de servicios especializados, traballan intensamente para solucionar este grave problema.

1977, 2 de maio. Unha das rodas dianteiras dun autobús que transportaba once escolares, desprendeuse do seu engranaxe, cando o vehículo circulaba na estrada denominada de Os Valos. Non se rexistraron desgracias persoais, mais os escolares resultaron lixeiramente contusionados.

1980, 9 e 11 de febreiro. Varios traballadores do Grupo de Empresas Regojo secuestran a mandos intermedios durante todo o día 9, e o 11 reteñen á dirección. Trataban de evitar a regulación de emprego de Confecciones Niza S. L.

1985, 23 de novembro. O ex-ministro de Asuntos Exteriores, Fernando Morán, resultou ferido onte á tarde nun accidente de circulación ocurrido en Redondela. Testigos presenciales manifestaron que o actual embaixador de España ante a ONU parecía encontrarse ben, non presentaba feridas externas, mais se queixaba dun golpe no peito. O accidente prodúxose cando Morán regresaba a Santiago de Compostela despois de participar nun mitin da localidade de Chapela. Ovehículo do ex ministro bateu frontalmente contra un camión cando adiantaba a un automóvil e o coche-escolta Peugeot PO-2163-N que seguía ó do ex ministro, bateu lixeiramente coa parte traseira do Renault-9 C-7046-V no que viaxaba Fernando Morán. O conductor do camión, matrícula PO-2960-V, Humberto Lage González, vecino de Vigo, permaneceu no lugar del accidente sin aparentes síntomas de lesión pero, posteriormente, acusou dores nun seonllo, polo que foi levado a un centro médico. O accidente se produxo ás 19,40 horas, na curva coñecida como “do pájaro pinto”, pola existencia dun bar con ese nombre. Nese establecemerito, según informou a Policía Municipal, Fernando Morán foi atendido polas persoas que alí se atopaban ata a chegada da ambulancia, que o trasladou, xunto co seu conductor, á clínica Nuestra Señora de Fátima, en Vigo.

1988, 2 de xullo. Un veciño de Cedeira gaña 904 millóns no sorteo da Lotería Primitiva.

1990, 7 de abril. Un veciño de Reboreda é agraciado con 1.198 millóns de pesetas o maior premio ata a data  dado pola Lotería Primitiva.

2008, 19 de abril. O tellado de un instituto en Redondela (Pontevedra) desprendeuse a consecuencia dunha tormenta de  vento e choiva.

 

Volver a Historia