Anecdotario Redondelán

Hostalaría doutro tempo.

 

PREHISTORIA DA HOSTALARÍA.

Amador, Taberna de => En Santa Mariña.

América, Café => Na Pz. Constitución. Era de Laureano Lago.

Ángel, Fonda => Xa se chamabaa así en 1929, anteriormente era La Cueva.

Bienvenido, Taberna-Tenda de => Na R. da Ribeira. O dono fabricaba vela.

Bolera Americana=> Nos anos 50 na avenida de Santa Mariña. Bar dirixido á xuventude.

Buena Ventura, La => Bar, tenda e frutería da Señora Petra na Praza da Constitución a principios do s. XX.

Canastro, El => No calexón entre Xeneral Rubín e a R. das Regateiras.

Chispa, La => Na rúa Juan Manuel Pereira. O seu dono abriría logo o bar “La Torre”.

Concha, a Casa => De Victoriano Núñez (Cagarría) na Praza Constitución. Preparaba moi ben a lamprea.

Cristo de Limpias, El => Na R. Cabo dos Fumeiros. Debe o nome a un día da procesión do Cristo en que empezou a chover e tiveron que gardar alí a imaxe.

España, Hotel => Na R. Alfonso XII. Era de Juan Muíños Casal falecido en 1935, logo do seu fillo e, por último, de Luis Martínez. Tiña fama de boa cociña, destacando a preparación do choco. 

Estación, Restaurante La => Na antiga estación de trens (nas proximidades do viaducto vello). En agosto de 1935 era propiedade de José Rodríguez Martínez, o que lle entraron a roubar na casa mentras traballaba no restaurante.

Flor del Vino, La (ou a da Monteira) => En Xeneral Rubín, no baixo que hoxe ocupa a Pastelería Pili. Viños e marisco.

Galleiro, El => Tasca ubicada na Praza Ribadavia, no solar onde hoxe se atopa o Bar La Farola. Debe o nome a que o dono era da zona onde se atopa o Monte Galleiro.

Imperio, Café => Logo chamado Café Royalty por prohibir as autoridades o nome anterior. Coñecido popularmente como o Café de Triscallo, alcume do dono. Na R. Alfonso XII. Nos 90 recuperouse o nome de Royalty. Foi dos primeiros bares en ter unha neveira de xelados na porta. Cada vez que pasaba Nené e Triscallo estaba distraído a cantidade de xelados menguaba misteriosamente, ata que o final optouse pola colocacións de candados para evitar tentacións.

Julián, Casa => Na Rúa Juan Manuel Pereira. Facía comidas, merendas e café expres. O seu dono era Julián Peitudo, que daba nome a unha ponte cercana.

Manuel Otero Lago, A Tasca de => Na rúa Padre Crespo adosada á fábrica conserveira da súa propiedade.

Marcelino, Casa => Nos anos 50 na Praza da Constitución. Bar-tenda que daba comidas.

Marcha Mañán => En Rúa Reveriano Soutullo.

Martínez, Casa => Estrada á praia.

Miguel Virulegio, Bar de=> En Telmo Bernárdez. Preparaba merluza con allada e raia o día de Todos os Santos.

Moujáns, Taberna => Na Rúa Cruceiro.

Nador, Taberna => Estivo na rúa Espíritu Santo e logo na Calle Oriente (R. Telmo Bernárdez). Famoso por dar tapas gratis durante un tempo. Á fronte estaba a señora Juana e o seu fillo Docho, ó que Gildo Casal lle cantaba con música de Gilda:

Querido Docho

cómprame un bolso

de plesiglás

un vestidito acampanado

 y unos zapatos

forma Gildá.

No estoy solo => Na Praza Constitución. Recibe o nome do alcume do seu dono, Julián.

Pepita, a taberna de => Na Pz. Santiago Apóstolo.

Raxado, a Taberna de => En Reboreda na estrada a Amoedo, a beira dunha curva moi pechada,´waque deb

Reboreda, Casa => En Xeneral Rubín. Daba comidas.

Ribadavia, Bar => Na Pz. Santiago Apostolo.

Señor José, Casa Bar => Na Punta de Cesantes.

Señora Anita, A da => Na R. Alfonso XII. No primeiro piso tiña habitacións para parellas. Alí estivo a pastelería Virita.

Señora Josefa, a Fonda da => Na R. Alfonso XII. Tiña diante a parada dos coches de línea. Co tempo convirtiríase na Casa Barciela.

Señora Matilde, Taberna da => Na Pz. Ribadavia. Daba comidas e habitacións.

Tablón, Bar El => Cerca dos Horreos (R. Cabo dos Fumeiros). Propiedade de Cabezo I.

Tres Portiñas => Recibe o nome polas 3 portas que tiña o bar. Na rúa Alfonso XII. Comidas e marisco.

Tuyo, El => Na R. dos Fornos de Julián González “Peitudo”.

 

PASADO RECENTE.

Alvedosa, Hostal => Na R. Ernestina Otero cerca da Praza de Abastos. O último, ata o de agora, que ofertou hospedaxe no casco urban de Redondela. Trocou o seu nome polo de Hostal Julio César e acabou por fechar despois de varios cambios de dono.

A Roda, Asador => En Reboreda. O churrasco era a súa especialidade.

Autobar => Na Praza Ribadavia. Despois de ser reformado abriu como Cafetería Caballo Salvaje.

Azul, Bar => En Quintela.

Barciela, Casa => Antiga Fonda da Señora Josefa. Nun principio na R. Alfonso XII, logo na R. Meixón Frío. O seu dono era José Barciela Tojeiro.

Barriles, los => Na R. Ernestina Otero. Despois de anos como taberna reabriu como tapería pechando ó pouco tempo.

Búrbida, Cafetería => En Santa Mariña.

Casino, Café-Auditorium => Na R. Ernestina Otero.

Cruceiro => Bar-tenda en Reboreda. Fechou ó xubilarse os donos.

O Cruceiro => En Cedeira. Nun principio funcionou como bar-tenda.

Jamaica, Bar => En Meixón Frío. O nome do bar convertiuse no alcume dos donos e da familia que o alugou posteriormente. Despois dunha reforma reabriuse como pub, fechando definitivamente por mor das denuncias dun veciño.

JB, Bar => Na Calle Vella. Antes de ter A Fragua, os seus donos xa aportaban neste local os bocadillos de xamón asado e tortilla ós alumnos do instituto, daquela na Xunqueira. 

Mariñas, Hamburguesería las => En Santa Mariña. Enchíase os domingos cos xóvenes que ían ó Miramar.

Mimos, Pastelería-Cafetería => Na rúa Alfonso XII. Nos seus últimos anos abría a porta de atrás as sete da mañá, para venderlle pasteis e refrescos á xente que saia da discoteca La Fábrica.

Minso, a de => Na praia de Cesantes, nos Asteleiros.

Moncho, a de => Na Pz. Constitución.

Montevideo, Café-Bar => Na Pz. Constitución. Co tempo trasladariase a un baixo cercano no que anteriormente estivera  El Gaucho.

Novo Choco, o => Na R. José Regojo. O seu dono xa rexentara con anterioridade o Café-Bar Montevideo.

Porrón, Bar El => Na R. Alfonso XII. Nos seus últimos anos os fillos dos donos convertírono en “bar heavy”.

Prescila, a de => En Vilavella. A súa dona Prescila Castro acabou por alugala. Daba comidas, principalmente ós empregados da cercana Fábrica de Regojo.

Rato, Brasería a do => En Cabeiro.

Raxado, a Taberna de => En Reboreda. Deu nome á Curva de Raxado.

Stop, Cafetería => A súa terraza na praza Constitución era a mellor da vila.

Tasca, La => Bar de Mingos na Calle Vella.

Torerillo, Bar de => Na baixada ó peirao de Cesantes.

Torre, la => Na R. Alfonso XII. Dispuña de hospedaxe. O seu dono anteriormente tiña o bar “La Chispa”. Ata o último día, xa só como cafetería, o seu dono mezclou o café con achicoria, botando sempre máis achicoria que café.

 

 

OS BAILES DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.

O Baile de Arturo => Xunto ó antigo paso a nivel do Coto (Cesantes)

O Baile de Enrique

O Baile de Figueiral => Na rúa Padre Crespo no mesmo local que estivo o Baile de Paulino.

O Baile do Ladrillo => En Negros.

O Baile do Loural

O Baile de Paulino => Nun principio ocupaba un local na rúa Padre Crespo e logo trasladouse a rúa Ernestina Otero. Nesta ubicación comezou como baile ó aire libre para se convirtir en Discoteca Diva, Sol Latino, Latinos en Salsa, Cafetería Latino e recuperar finalmente o nome de Diva. Para que a xente chegara ó baile os donos construiron a ponte que une a Xunqueira coa Avenida Ernestina Otero.

O Baile do Pereiro => En Cesantes nos anos 20. Na recta da Pantalla na marxe esquerda da estrada a Pontevedra.

O Baile do señor Sequeiros => Na Avenida de Santa Mariña.

O Baile do Serapico => En Cesantes, logo convertiríase no Cine San Simón.

Casino => Atopábase na Rúa Alfonso XII, na primeira pranta da casa onde se atopa a Farmacia de María Rita. Noticia aparecida no xornal El Soplete (nº59/1933):“Una señorita ya entrada en años y que luce una cabellera obligadamente rubia, no perdió una pieza en el último baile del Casino”.

Salón Míguez => Na rúa da Ribeira, no baixo máis tarde ocupado por O Bazar. En 1910 celébrase nel un baile de entroido organizado polo Centro Científico Deportivo. No 1932 celebrouse nel un mitín galeguista e nese mesmo ano un mitín de dereitas. Ese mesmo ano durante a celebración das Festas da Coca entregou os premios as parellas gañadoras dun campionato de baile de resistencia.

Salón San Juan.

            A todos estes habería que sumar os bailes organizados nas instalacións das  diferentes asociacións: Centro Recreativo e Cultural de Redondela, Centro Republicano... E tamén os celebrados no salón do Café América.  

 

 

LOCAIS DE COPAS.

No 2007 un “decretazo” do concello levou ó peche a catro locais da R. Prata: 4X4, Brooklyn (antes Gangalus), Solapa e Trisquel (antes Tío Elías). Dous deles levaban máis de 20 anos pagando os seus impostos sen que se lle concederan os permisos pertinentes. Dous conseguiron reabrir entre o 2008 e o 2009.

            Outros pubs xa desaparecidos:

La Guagua=> En realidade non era un local senon un vello autobús. Era propiedade de Ucha estivo primeiro aparcada na Punta de Cesantes e despois entre as naves de Regojo. Suplía a falta de bares de copas.

 

Olimpus => Na R. José Regojo. Anteriormente coñecido como Anagrama.

Plural => Na R. Cruceiro. Tivo numerosos nomes: Chuco’s 33, Rafagas e Sinagoga.

Ruina, la => Na R. Campo de Futbol. Nun principio abrira como tapería baixo o nome de A Lareira.

Servando, a de=> Na Calle Vella. Bar propiedade de Servando que o seu fillo Manolín convertiu no primeiro bar de copas da vila. Na actualidade é o bar Vidal.

Solera => Na Subida á Estación. Durante un tempo foi Villa Lola, mais nos seus inicios abriu como Tapería Casa Cuartel.

Xanela Pub => Na R. Reveriano Soutullo. Ambiente tranquilo para tomar a primeira copa.

Vai ver se chove Basilisa => En Reveriano Soutullo. Un día un veciño chegou a ameazar ós xóvenes que estaban na porta do pub cun coitelo. Nun principio abrira como Cactus.

 

            Os locais de copas máis veteranos e que seguen abertos, todos na R. Prata: Aquelarre (Apolo XII e Copas), Mambo (Venus) e Tálamo.