Natación e waterpolo.
Bañistas na praia de Cesantes (1931).
Na Marisma (actual Avenida Mendiño), no que hoxe sería a zona de aparcamento diante da depuradora, practicábase waterpolo e natación. Estariamos a falar dos anos 30-40. Os xóvenes adestrábanse nadando contra as correntes que alí había, isto levoulles a conseguir moitos éxitos.
En setembro do 1933 xogase un amigable de waterpolo na dársena da Ribeira o Delfín e o Tiburón, sendo o resultado 2-0. O primeiro equipo estaba formado por Ocampo, Alfaya, Portugés, Pereira, Cal e Torrado; e o segundo por Chicuelo, Fernando, Generoso, Pereira, Bernárdez, Vidal e Manolo.
En 1934 comezaron a competir os seguintes equipos: Recreativo de Redondela, Albatros, Nautilus e Natación Club de Redondela. En setembro de 1934 celebrouse o Campeonato de Galicia perdendo en semifinais o Centro Recreativo de Redondela co Marítimo. Este equipo tamén lle disputou ó Naútico da Coruña o título da Serie B en setembro de 1935. En 1936 o Natación Club de Redondela disputou o Campionato da Zona Sur de Galicia.
En 1934 disputáronse unha serie de partidos de categoría infantil a nivel provincial no que participou un equipo chamado Redondela. Tamén é sorprendente que en xullo do 1935 celebrouse un campionato de natación nas festas de San Bieito en ¿Vilar? En setembro dese ano o equipo do Centro Republicano Recreativo adícalle unha homenaxe a José Sánchez, gran propulsor deste deporte.
José Bernardo Núñez (Colón).Máis tarde, o Club Deportivo Redondela, creado en 1944, acadaría o Campionato de Galicia de 1946. Tamén contaba con equipo en categoría infantil. Nestes tempos seguíase a practicar a natación no mesmo lugar pero o waterpolo, pola pouca profundidade, pasou a xogarse no lugar coñecido como “o Pozo”, que estaría ubicado onde na actualidade se atopan as vellas casas dos mestres.
No Campionato Galego de Natación de 1947 este equipo acadaría o 3º posto e o 1º en infantiles, categoría na que se bate o record galego de 4x100 con 5’13 e na que destacou González 1º en 100 espalda. Hai que destacar que competía con equipos de Vigo e A Coruña as dúas grandes cidades galegas. En maiores destacou José Bernardo Núñez (Colón) de Cesantes 2º en 100 m. libres con 1’8’’ e en 400 m. libres con 5’40’’, nas dúas ocasións foi vencido pola figura viguesa Alejandro Febrero. En agosto dese mesmo ano e con tan só 16 anos, Bernardo acadaría o título de Campión Nacional de 400m. e o Subcampionato en 100m. libres. Colón foi o mellor nadador redondelán do seu tempo, acadando numerosos campionatos rexionais e nacionais e gañando varias veces a Travesía Vigo-Cangas. No seu comedor tiña máis de 70 copas. Participaba tamén no equipo de waterpolo. A súa irmá María Fernanda (Tata) acadou a victoria en varios campionatos rexionais. Outros nadadores destacados naquela época serían Alberto Barreiro, Pirulo ou Paco Piriquito que tamén practicaba o boxeo.
Coa desaparición deste clube a principios dos anos 50 e o posterior recheo da Marisma estes deportes deixaron de practicarse na vila. Moitos seguiron nadando pero o maior poblema co que se atopaban era que, como non había equipo, para competir tiñan que entrar no Clube Naútico de Vigo e non todos podían pagar o autobus para ir a Vigo tódalas semanas.
No 1963 fúndase a S.A.R. con equipo de natación. A seguinte noticia que atopei ata o de agora data do 31-8-1970 na que nadadores do C. N. Redondela participan na XXXIII Travesía a la Ensenada de San Almagro en A Coruña, xunto ós equipos C. N. Pueblo Nuevo de Barcelona, Canoe de Madrid, C. N. Coruña, R. C. N. de Vigo e C. N. Tenerife.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
A situación cambiou coa inauguración da piscina municipal en 1998 e a formación de equipos nestes deportes.
En 1999 créase o Clube Waterpolo Redondela que participou varios anos na Primeira División Galega. No 2008 Pasou a competir só en categorías inferiores porque a piscina municipal non cumpre as medidas mínimas para a práctica desta disciplina (sen comentarios).
O Clube Natación Redondela, pola súa banda, xa conseguiu varios campionatos e records galegos tanto en categoría alevín como infantil.
Anecdotario Redondelán

