Cine, Televisión e Teatro
Carreira, Fernando (Cuchi)
Ademáis de colaborar na grabación de arredor de vinte documentais é o autor dun sobre as Festas da Coca e outro do hundimento do Prestige. Máis recentemente dirixiu:
Manolo Barros, un rebelde de aceiro, con guión de Gonzalo Amoedo, e O Imperio textil, con guión de Ana Xesteira. Promove o certame de cortometraxes Redondela en Curto.
Crespo Toucedo, Luis
Nado en Redondela en 1973. No 1995 funda xunto a Luis Bermejo a compañía Teatro del Zurdo. No 1999 esta compañía recibe o premio especial do xurado no Certamen de Teatro Joven de la Comunidad de Madrid pola obra "De aquí para allá". Outras obras nas que participou serían: Esperando al Zurdo, Lorca al Rojo vivo, Rosencrantz y Guilderstern han muerto, Los Caballeros de Aristófanes, Historias de Tíos y Machos... En Redondela propulsou o festival Artistas na Rúa.
J.A.Egido premio Goya 2002. Foto: www.alu.ua.es
Ejido, Jose Ángel
Naceu en Redondela en 1951. Cunha larga traxectoria no teatro chegoulle a popularidade pola serie Médico de familia. Logo, acadaría o recoñecemento cinematográfico co Premio Goya ó mellor actor secundario polo seu papel en Los lunes al sol (2002) de Fernando León. Volveu a ser nominado na mesma categoría por Los girasoles ciegos (2008). Na súa filmografía tamén destacan Rosa rosae (1993), El amor perjudica seriamente la salud (1996), Carreteras secundarias (1997), Abre los ojos (1997) ou La edad de la peseta (2007) entre outras.
En televisión tamén participou en Lorca, muerte de un poeta (1987) ou Ciudad sur (2000), ademáis de colaborar en Siete vidas, El comisario, Aquí no hay quien viva...
Pereira, Sebastiana
Actriz do século XVIII de nome Sebastiana Rosa Pereira e coñecida como La Gallega. Destacouse actuando en traxedias e dramas, sendo o seu caracter forte polo que os seus compañeiros lle chamaban “Cara de pocos amigos”. Algúns autores a supoñen nada en Lisboa, pero sempre recoñecendo o seu orixe galego e que viviu nesta comunidade ata que comezou a actuar. O que hai de certo é que o seu pai era Benito Lorenzo Pereira y Castro, natural de Redondela, e a súa nai Felipa Martínez Rosales. Sendo os seus avós paternos Benito Pereira e Sebastiana Pereira, naturales tamén de Redondela.
Pereira fixo comedias en provincias, ata que en 1754 representou con éxito “Primeras damas” na corte. En 1756 ingresou como primeira dama na compañía de José Parra. Foron anos de actuacións en Madrid na Cruz e no Príncipe, compartindo éxitos con Águeda de la Calle e María Antonia Castro. O 6 de abril de 1760 pasou á compañía de José Martínez Gálvez, con Juan Ángel Valledor como autor. Na Pascua de Resurrección de 1762 Sebastiana Pereira pasou ó Príncipe, tendo como autora a Águeda de la Calle.
En 1763, a famosa María Ladvenant logrou o posto de autora, favorecida por personaxes influintes. Un grupo de actores, entre eles Sebastiana dirixiron un memorial ó rei. Como resposta a Xunta de teatros encarceou a Nicolás de la Calle e a Gabriel López Chinita. Se a nosa protagonista evitou a prisión foi porque finxiu estar enferma, chegándose a facer sangrar. Aínda así tomouselle declaración, formándose o correspondente proceso por desacato. Despois disto non lle quedou máis remedio que irse a actuar ó teatro de Cádiz, que daquela tiña tanta importancia como o de Madrid.
En 1765 voltou á capital aprobeitando a retirada de Ladvenant, figurando na compañía de Nicolás de la Calle. Ó ano seguinte, pasou á de María Hidalgo, pola volta da súa rival, na que seguiu ata que en 1771 a supresión dunha das compañías da corte obrigouna a ir a Andalucía. En abril dese mesmo ano voltou a Madrid á compañía de Martínez, na que continuaría ata 1776. Nese ano xa no declive da súa carreira pasa a facer papeis de “sobresalienta”, retirándose definitivamente o 3 de marzo de 1779.
A nivel persoal casou con Antonio Blanco, natural de Balaguer, irmán da cantante Casimira Blanco “La Portuguesa”, actriz a compañía de Parra. Tivo dous fillos: Faustino Ramón e Antonia Blanco, tamén actriz que en 1773 traballou coa súa nai na compañía de Martínez.
Tanxarina. Foto: Programa Festival de Títeres 2009Tanxarina
Compañía de títeres fundada no 1983 por Esther Cabacés, Eduardo Rodríguez (Tatán), Elías Araujo e Marga Maderal. Desta primeira formación tan só continúa Tatán acompañado de Miguel Borines, dende 1984, e Andrés Giráldez. As súas actuacións ademáis de percorrer numerosas cidades españolas leváronos a actuar en varios países tanto de Europa como de América.
Rodríguez Cunha, Eduardo (Tatán)
Fundador de varias compañías de teatro (Colectivo de teatro Cirigaita e Produccións teatrais do Sur S.L.) e títeres, entre elas Tanxarina.
Actor en obras teatrais como Macbett, Cacatúa Verde, Os vellos non deben de namorarse... No 1998 participou na súa primeira largometraxe, La lengua de las mariposas, baixo a dirección de Jose Luis Cuerda. No 2000 participou na segunda, Lena. Logo virían: El lápiz del carpintero, El regalo de Silvia, Trenes en el camino, Heroína e Señora Beba.
Anecdotario Redondelán

