Investigación.
Cordero Carrete, Felipe Ramón. (Redondela, 4-3-1894)
Doctorado en Ciruxía Dental na Universidade de Maryland (Baltimore). Formou parte do corpo de sanidade do exército norteamericano na Gran Guerra. De volta a Galicia instalouse en Santiago, onde foi concelleiro e membro da Sociedade Económica de Amigos do País. En 1933 ingresou no Seminario de Estudos Galegos na sección de Etnografía e Folclore. En 1934 licienciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago onde exerceu como profesor de idiomas. Ó ano seguinte foi nomeado Director do 1º pabellón da Residencia de Estudiantes. Xa nos 40 foi un dos impulsores do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, sendo nomeado Secretario de Honor cando se xubilou en 1972. Tamén foi cofundador da Sociedade de Bibliófilos Galegos e membro da Real Academia Galega. En 1977 concedéronlle a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio. Publicou numerosos artigos nos Cuadernos de Estudios Gallegos, por exemplo: Veneras y cruces de Santiago na heráldica inglesa. No 2007 puxéronlle o seu nome a unha rúa de Santiago.

Crespo Pozo, José Santiago (Padre Crespo). (Redondela 8-7-1909, Colexiata de Xunqueira de Ambía 11-1978.)
Ingresou na orde da Mercé e cursou os seus estudios en Poio. Xa ordeado fraile mercedario converteuse en investigador de heráldica e xenealoxía. Publicou, entre outras obras e tratados, Blasones y linajes de Galicia. Tamén realizou estudos da lingua galega, escribindo un vocabulario castelán - galego. Foi membro da Real Academia Galega, do Instituto Internacional de Xenealoxía e Heráldica, do Instituto Peruano de Investigacións Xenealóxicas, do Instituto Xenealóxico Brasileiro, de The American Society of Heraldry (USA), do Instituto Xenealóxico de Guayaquil (Ecuador) e un longo etcétera... En 1966 puxéronlle o seu nome á rúa na que naceu.

Iriarte Sanromán, Álvaro
Lingüista. Nado en Redondela. Doutor en Ciencias del Lenguaje-Linguística Aplicada, titulado en Ensino da Língua e Literatura Portuguesas pola Universidade do Minho (Braga) e licenciado en Filologia Hispânica (Galego-Português) pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa nas liñas de investigación da lingüística aplicada, a lexicografía, a lexicoloxía e a lingüística Contrastiva. É autor de numerosos traballos e artigos. Coordinou ó equipo do Diccionario Español-Portugués editado por Porto Editora no 2008.

Sampedro Folgar, Casto Antonio (Redondela 15-11-1848, Pontevedra 8-4-1937).
Avogado que impulsou os estudios arqueolóxicos en toda a provincia. Publicou o Cancioneiro Musical de Galicia. En 1889 fundou a Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra co fin de conservar a arte e a arqueoloxía da provincia salvando, por exemplo, as ruínas da Igrexa de Santo Domingo (Pontevedra). En 1927 foi un dos fundadores do Museo de Pontevedra. Foi membro da Real Academia Galega. Impulsou a publicación “Documentos, Inscricións e Monumentos para a Historia de Pontevedra”, da que o segundo volume atribúese totalmente a el. En 1940 o Concello de Pontevedra dalle o seu nome a un paseo situado frente a súa casa. En 1943 Redondela fai o propio cunha rúa e en 1987 colocouse na súa casa natal, na actual rúa Reveriano Soutullo, unha placa na súa memoria. Máis.
Anecdotario Redondelán

