Anecdotario Redondelán

Literatura e Xornalismo.

Alberto Barciela. Foto: Ver enlace.

 

Barciela Castro, Alberto Luis (Chapela-Redondela 1964)

            Director de comunicación e relacións externas da CRTVG desde 1994, membro do Pleno e da Comisión Permanente do Consello Galego de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia,da Ponencia Técnica de Novos Medios e do equipo técnico de estudios sobre Periodismo Electrónico do Consello da Cultura Galega. Periodista de profesión, é membro do Colegio Profesional de Periodistas de España, membro de número da Sociedad Española de Autores y Editores, e pertence á Asociación de la Prensa de Madrid.

Foi xefe de prensa do Centro Galego de Madrid, traballou nas revistas Sábado gráfico, El Caso e El Cocodrilo. Colaboró con diferentes medios de comunicación escritos e audiovisuais en Madrid, foi subdirector do Gabinete de Comunicación do Grupo Parlamentario Popular no Senado.

En 1990 regresou a Galicia, sendo director do Gabinete de Comunicación do Presidente de la Xunta  impulsando as Xornadas de Comunicación de Vilalba, o Club Internacional de Prensa de Galicia e o proxecto da Cidade da Cultura.

http://www.elcorreogallego.es/indexCanales.php?idMenu=58&idNoticia=51200

 

José Cereijo. Foto: Ver enlace

 

Cereijo, José (Redondela 1957)

Poeta. Vive en Madrid dende 1968. Publicou: Límites (Colección Melibea, Talavera de la Reina, 1994), Las trampas del tiempo (Hiperión, Madrid, 1999), La amistad silenciosa de la luna (Pre-Textos, Valencia, 2003), Apariencias e Música para sueños (2007).

http://www.poesiadigital.es/index.php?cmd=critica&id=81

 

Mendiño.

Nos cancioneiros portugueses pode aparecer coma Mendiño, Mendinho ou Meendinho.

Trobador medieval do século XIII ou XIV. Descoñécese o seu lugar de nacemento. Adicóuselle o Día das Letra Galegas de 1998. Compartiu este galardón con Martín Codax e Johan de Cangas. Só se conserva del unha única cantiga de amigo. É considerada unha das máis importantes da literatura trobadoresca galego-portuguesa. A cantiga fala da Illa de San Simón. É a seguinte:

Sedia-mi eu na ermida de San Simion
e cercaram-mi as ondas, que grandes son ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo,

Estando na ermida, ante o altar,
(e) cercaron-mi as ondas grandes do mar ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !

E cercaron-mi as ondas, que grandes son ;
non ei (i) barqueiro nen remador ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !

E cercaron-mi as ondas grandes do mar ;
non ei (i) barqueiro, nen sei sei remar ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !

Non ei (i) barqueiro nen remador ;
morrerei, fremosa, no mar maior ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !

Non ei (i) barqueiro, nen sei remar ;
morrerei fremosa no alto mar  ;

¡eu atendendo o meu amigo,

eu atendendo o meu amigo !

Cancioneiro da Vaticana : 438 e Cancioneiro da Biblioteca Nacional : 568.

 

Ernesto Casto Padín y Lorenzo (Redondela 13-11-1877- Madrid 19-4-1970)

            Poeta, Membro correspondente da Real Academia Galega en 1945. O seu discurso de ingreso versou sobre a teoría da orixe galega de Cristobal Colón. Publicou en galego o libro de poemas Amores e dolores, con prólogo na súa primeira edición de Ramón Otero Pedrayo. Chegou a preparar outro poemario, esta vez en castelán, titulado Flores y abrojos do que se publicaron algúns poemas en diferentes xornais. Foi redactor en Madrid do diario Mundo e da revista Semana Financiera. Colaborou en xornais como El Noticiero Español (Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), La Revista Popular (Vigo) ou El Pueblo (Redondela).  Ocupou altos cargos no Ministerio de Facenda.

 

 

Juan Crisóstomo Puga y Gómez (Redondela 1574)

Monxe mercedario e escritor místico. Escribiu “Vida del Vble. P. Fr. Juan de San José, fundador de los Descalzos de la Merced, año de 1638”, biografía do P. Juan Maroto, náufrago da Armada Invencible, que se conserva na Biblioteca Nacional, ademáis dun tratado xeralmente chamado Jardín del esposo co título de “Hortus deliciarium Divini Sponsi”.

 

Ignacio Ramonet (Redondela 1943)

Criado en Tánger. Director do xornal francés Le Monde Diplomatique. Semiólogo, xornalista e profesor de Teoría da Comunicación na Universidade Denis Diderot de París. Foi alumno de Foucault, Burthers e Sartre. Especializado en relacións internacionais e globalización é autor de obras como Un mundo sin rumbo, Rebeldes, dioses y excluidos, Pensamiento crítico versus pensamiento, Cómo nos venden la moto (2000, con Noam Chomsky). La tiranía de la comunicación (2001), La golosina visual e Fidel Castro. Biografía a dos voces (2006) entre outras.

José Sánchez Reboredo (Redondela 1941)

            Mudouse a Vigo sendo neno. Licenciado en Filosofía e Letras e Catedrático de Instituto. Autor de numerosos artigos de crítica literaria e dos libros El silencio y la música (1989 Ensaio sobre a poesía de Pimentel) e Palabras tachadas (1988 sobre a censura literaria na España da posguerra). Colaborador de varios xornais galegos.

 

José Ángel Xesteira Pazos. (1946)

            Xornalista, foi redactor de Faro de Vigo e colaborador en varios xornais.

Ademáis de publicar Memoria de Redondela. Album de postais (Ed. Xerais 2001) xunto a J.L. Borines. Escribiu as seguintes novelas: Acompañoo no sentimento (Ed. Xerais 2001), Blues da Ría (Ed. Xerais 2001), Caldo de mares para homes libres (Ed. Xerais), Contos de familia (Ed. Xerais).