Militares.
Crespo Martínez, Alfonso
Tenente coronel falecido en 1966.
Gil de Aballe, Benito
Nado arredor de 1760. Auditor de Marina do Departamento de Ferrol.
Gil de Aballe, Jacobo
Fillo do anterior. Nado en 1783, Mariscal de Campo e Inspector General de Artillería na Habana (Cuba).
Pereira, Ignacio Manuel María (Reboreda, 17-11-1784/Arcos, 24-4-1830)
Señor da Casa de Reboreda e da Casa de Castro (Arcos) na que morreu. Pai de Juan Manuel Pereira. Sen preparación militar tomou parte como caudillo de milicianos na loita contra os franceses na reconquista de Vigo e a batalla de Pontesampaio. En agosto de 1809 é nomeado Capitán do 2ºRexemeno de Infantería do Riveiro, máis o pouco tempo concédenlle o retiro por problemas de saúde. A súa sona chegaría durante o Trienio Liberal. Exerce primeiro de vocal e logo de Vicepresidente da Xunta Apostólica de Tui. Nomeado 2º Comandante das forzas Realistas de Galicia, trala captura do “barón”, convértese en Brigadier e, en xaneiro de 1812, en Comandante General de la División del Miño. Anos despois a Regencia de Urgel (contragoberno no exilio) confirmouno como tenente de infantería con antigüedade de 27 de decembro de 1820.
Soldados gubernamentais devastaron as súas propiedades da Casa de Reboreda para privalo de recursos. O xulgado de Vigo condeouno a morte é o embargo de haberes, e ata se tentou levar á súa muller e fillos a Vigo para obligalo a renderse.
Rematada a guerra civil o Xeral Morillo deixao na cidade auriense ó mando do Corpo de Voluntarios Realistas de Galicia, co que se traslada a Lugo e Santiago.En decembro de 1824, ratifícano como comandante e concédenlle a Cruz de Primeira Clase e a de Fidelidade Militar. En abril de 1825 ascende á Xefatura do Rexemento Provincial de Ourense, sendo encargado da vixilancia da fronteira con Portugal en outubro de 1826. Promovido en xaneiro de 1827 á titularidade do de Pontevedra marcha de guarnición a varias cidades galegas ata que en agosto de 1828 é disolto en provincia. En xullo de 1829 accede ó mando do Provincial de Tui.
Brasón de Leoncio Rubín no Pazo Torres Agrelo. Foto: Pazos y torres de la provincia de PontevedraRubín de Celis y Oroña, Leoncio (Redondela, 1810)
Era tío do xeneral Antero Rubín Homet. No 1843 destacouse como brigadier nos sucesos de Barcelona. Convertiuse en Xefe do 2º Corpo do Exército levantado en armas na insurreción de 1846. Constituida a Xunta de Goberno provisional de Galicia, o 15 de abril, el e Miguel Solís, que comandaba o resto do exército, foron nomeados Mariscales de los Ejércitos Nacionales. Deste xeito equiparábase ós dous militares, pero tan só 7 días despois Solís é elexido Capitán General de Galicia. A revolución rematou co fusilamento de Solís despois de rendirse en Santiago. Pola súa partee Leoncio Rubín, que fora incapaz de conquistar Ourense, exiliouse a Portugal polo que foi tachado de traidor á causa polos seus contemporáneos.
A seguinte noticia que atopo é cando entre 1849 e 1851, sendo brigadier, dirixe unha sociedad de militares que publica a Biblioteca Militar Portátil. Era una colección de 25 tomos que recollía as mellores obras antiguas e modernas, nacionais e extranxeiras pertencentes á arte da guerra.
O 20 de agosto de 1856, é relevado como Brigadier Comandante Xeneral do mando civil da provincia de Almería. O 14-7-1858, xa como Mariscal de Campo é nomeado 2º Cabo de Castilla la Vieja. Entre 1859 e 1860 o xeneral Leoncio Rubín participou na Guerra de África na que sustituiu ó xeneral Prim ó mando da División de Reserva. O 27 de enero 1863 é nomeado Capitan General de Extremadura. E o 18-7-1865 Capitán General de Granada, cargo que deixaría un ano despois.
No referente á política foi elexido deputado na provincia de Pontevedra en 5 ocasións entre 1858 e 1869. En 1860 concedéuselle a Gran Cruz de Carlos III. En Redondela construiu o Pazo de Torres Agrelo no que se conserva un brasón coas súas armas.
Antero Rubín Homet. Foto: La Ilustración Militar 15-1-1908.Rubín Homet, Antero (Redondela, 3 decembro 1853-Ourense, 1935)
Ós 14 anos ingresou no exército falsificando a súa partida de nacemento. Participou nas Guerras Pequena e Grande (Cuba), na III Guerra Carlista e na Guerra de Independencia de Cuba. En 1917 foi nomeado Capitán Xeneral da 8ª Rexión Militar (Asturias, León e Galicia), baixo o seu mandato realizouse a construcción do Cuartel Militar de Campolongo (Pontevedra). Agrarista, elexido Deputado nas Cortes por Quiroga (Lugo) o 8-3-1914, Senador pola provincia de Zamora (1921-22) e Gobernador Civil de Oviedo. Ademáis de en Redondela, adicáronlle rúas en A Coruña, Monforte, Pontevedra e Tui. Sendo nomeado fillo adoptivo de Redondela, A Coruña e Tui.
Sampedro Fontenla, Francisco
Capitán Provincial de Tui en 1816. Máis tarde, Coronel condecorado en S. Marcial y Tolosa (Francia). Na Guerra da Independencia tomou parte nas accións de Santiago, Pontesampaio, Caldelas...
Taboada y Ulloa, Francisco (Redondela 10-8-1648)
Sucesor da Casa de Orbán. Militar que ós 20 anos marcha a Flandes onde alcanza a graduación de Maestre de Campo. De volta a España convértese en Gobernador de la plaza de La Coruña, cargo que desempeñou durante moitos anos. No arquivo do Pazo de Santhomé de Freijeiro consérvase unha carta, con data do 5-8-1706, na que o rei Luis XIV de Francia lle agradece o envio duns documentos.
Anecdotario Redondelán

