Anecdotario Redondelán

Outros.

Médicos de Vigo (á dereita Manuel Amoedo). Foto Enrique Sarabia-La Voz de Galicia.

Amoedo Seoane, Manuel

            Médico. Descendente de John O´Doherty e irmán de Juan Amoedo. Estudiou a carreira con Castelao. Especializado en ciruxía, estableceuse en Vigo no 1914. Alí tivo, xunto a Cesáreo Corbal, o Sanatorio Santa Cristina, dirixindo despois o Hospital Municipal. Faleceu en outubro de 1966.

 

Domingo Docampo. Foto: Familia D. Docampo.

Docampo Amoedo, Domingo (Redondela 23-09-1954)

Director da ETS de Enseñeiros de Telecomunicación de Vigo (1988-1990) e do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións da Universidade de Vigo (1991-1998).  Desde 1992 catedrático do Departamento de Teoría de la Señal y Comunicaciones da Universidade de Vigo, institución na que foi Rector do 1998 ó 2006.

http://www.gts.tsc.uvigo.es/~ddocampo/ddocampoes.html

 

 

Benigno F. González-Foto Galeguismo e sociedade na Redondela da II República

González, Benigno F. (Trasmañó)

            Emigrante retornado que gastou os seus aforros en melloras para a súa parroquia. Ademáis de axudar ós veciños con menos recursos, arreglou un camiño, construiu unha casa-escola e unha edificación para a Sociedade Agraria de Trasmañó “La Predilecta”.

Despois da súa morte, en febreiro de 1934 fixéronlle unha homenaxe. A debandita sociedade esperou na estrada ás demáis sociedades agrarias do distrito, ao ex-diputado a Cortes Alfonso R. Castelao e ao secretario do Partido Galeguista Alejandro Bóveda. Precedidos da banda de música de Redondela e das bandeiras republicana e galega, dirixíronse á casa natal do homenaxeado na que Castelao deu unhas verbas e descubriu unha lápida na súa memoria. Logo, gardaron uns minutos de silencio. Máis tarde, sería Alejandro Bóveda o que falaría na escola seguido da interpretación do himno galego cantado por nenos e nenas da parroquia.  

 

 

 

Martínez de Lobera, Pedro (Redondela, s. XVI)

            Catedrático de Filosofía en Santiago. No 1570 foi nomeado Rector do colexio de Fonseca.

 

Ernestina Otero. Foto: Ernestina Otero Sestelo. Pedagoga

Otero Sestelo, Ernestina (Vilavella (Redondela) 23-10-1890 / Vilavella 13-2-1956)

Despois de rematar os seus estudios na Escola de Maxisterio de Pontevedra no 1908 coas máximas calificacións, especializouse en Ciencias e Pedagoxía na Escola Superior de Maxisterio de Madrid.

Iniciou a súa carreira na Escola de Maxisterio de Pontevedra na cátedra de Pedagoxía. Era 1915, nunha España na que laboralmente a muller tiña un papel ben distinto que hoxe en día. Isto non impediu que co tempo chegara a ser a directora deste centro. Puxo en práctica numerosas innovacións educativas como promover o roupeiro e o comedor escolar, a educación de adultos ou o fomento do estudio e investigación das características históricas, xeográficas e culturais de Galicia.

Despois de 21 anos por motivos políticos, xa que mostrara o seu apoio a prol do Estatuto de Galicia, foi primeiro suspendida de emprego e soldo e despois trasladada á Escola Normal de Ourense, onde traballaría durante 13 anos. No 1951 recuperou a súa cátedra en Pontevedra, exercendo o ensino ata o seu falecemento 5 anos máis tarde. 

Nos anos 90 a súa figura veuse homenaxeada coa otorgación do seu nome a unha rúa da vila.