Política.
Javier Alfaya. Foto: Ver enlace
Ulpiano Alfaya Rodríguez, Francisco Javier (Redondela 31-6-1956)
Emigrou a Brasil en 1963 con tan só 7 anos. Estudou Arquitectura na Universidade Federal da Bahia-UFBA. Cursa mestrado en História e Teoria da Arte, Escola de Belas Artes, UFBA. Presidente do Diretório Acadêmico de Arquitetura, 1977, secretario xeneral e presidente do Diretório Central dos Estudantes-DCE, UFBA, 1979. Diretor de Cultura da União Nacional dos Estudantes-UNE, 1980 e presidente, UNE, 1981-1982. Xefe do departamento de Assessoria Parlamentar da Assembléia Legislativa da Bahia (1986-87). Suplente do deputado estadual polo Partido Comunista do Brasil-PCdoB, 1987-1991. Elexido vereador (concelleiro) en Salvador, 1989-1992, reelexido en 1993-1996, 1997-2000 e 2001-2004, renunciou no 2003. Suplente de deputado federal, 1999-2003. Deputado estadual por Bahía, 2003-2007; reelexido en 2007-2011.
http://www.al.ba.gov.br/v2/biografia.cfm?varCodigo=24
http://www.mme.org.br/
Foto: Arquivo Alén Nós
Amoedo Seoane, Juan
Xa aparece como avogado nunha lista do xuzgado de Vigo de 1932. Máis tarde sería decano do Colexio de Avogados de Vigo. É unha das figuras principais do agrarismo galego de princípios do século XX. Participou activamente nos movimentos antiforais.
López Vázquez Ballesteros, Ramón María (Vilavella 29-05-1807)
Senador 1861-1862. Elexido Deputado a Cortes en 9 ocasións entre 1837 e 1851.
López Vázquez Ballesteros, Joaquín.
Irmán do anterior. Deputado a Cortes 3 veces pola provincia de Pontevedra (1843-44 e 51) e 1 pola de Ourense (1844).
Rogelio Martínez. Foto Ver enlace.
Martínez Barreiro, Rogelio (Redondela 1923)
Tivo que exiliarse no 1941, sendo aínda adolescente, estableceuse en Uruguai despois de pasar por Francia e Arxentina. En Montevideo reencontrouse co seu pai, mariñeiro que no 1936 se atopaba fóra de España, negándose a voltar pola súa ideoloxía Republicana. Pasou por diferentes traballos ata conseguir o título de maquinista naval co que puido empregarse nun pesqueiro. Foi membro do comité central do partido Comunista uruguaio. Publicou en España unha crónica en tres tomos sobre o exilio español en Uruguai: “Los exiliados españoles en Uruguay”. Ed. Endymion ISBN: 978-84-7731-450-9
http://www.elpais.com.uy/07/10/20/pciuda_309323.asp
Foto: Red. crónica dun tempo pasado.
Otero Fernández, Alejandro (Redondela 14-12-1888 / México26-6-1953)
Médico xinecólogo, profesor desta especialidade na Universidad Central de Madrid. Despois seía catedrático de Obstetricia na Universidade de Granada, da que sería nomeado rector o 29 de novembro de 1932. Socialista e membro da UGT foi Concelleiro na cidade de Granada, Deputado a Cortes por Granada e Pontevedra (1931) e Subsecretario de Armamento durante a Guerra Civil. Exiliouse a Francia, onde formará parte do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles (SERE), e México, onde se convertiu no Xefe do Servicio de Xinecoloxía do Hospital Español e foi membro fundador da Sociedade Mexicana de Obstetricia e Xinecoloxía, da Unión de Profesores Universitarios Españoles no Extranxeiro e un dos médicos da Casa Presidencial mexicana. En canto á súa actividade política foi vicepresidente do Partido Socialista en México. Ofrecéronlle voltar a España, ó que se negou mentres gobernara Franco. Faleceu en 1953, ó ano seguinte os seus restos serían trasladados ó cemiterio dos Eidos. A principios dos anos 30 púxoselle o seu nome a unha rúa en Redondela, a actual rúa Reveriano Soutullo.
Visita de Castelar a Juan Manuel Pereira Foto Arquivo Orge Quinteiro-Historias de las Rías
Pereira de Castro, Juan Manuel (Reboreda, 24-5-1820 / Barbañas (Ourense), 15-4-1896)
Fillo de Ignacio Manuel Pereira. Señor da Casa de Reboreda, pazo no que naceu e se criou, e da Casa de Castro (Arcos-Ponteareas). Político progresista e republicano. Encarceado o 19 de maio de 1868 no cárcere de San Antón, acusado de conspiración por reunirse o ano anterior co xeneral Prim en Londres. Estaban a preparar a Revolución de 1868, máis coñecida como a Gloriosa. Coa victoria de Prim sería posto en liberdade, presidindo a Xunta Revolucionaria de Coruña. En marzo do 1871 accede ó cargo de Deputado por Redondela, deixandoo en agosto por ser nomeado Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos Reinos de Siam e Annam. Ese mesmo ano o Ministro de Estado ofreceulle a Cruz de Carlos III, que rexeitou. A resultas das viaxes propias do seu cargo recibe o Gran Cordón, concedido pola Coroa de Siam, e publica en 1883 Los Países del Extremo Oriente. Libro que amosa os costumes, paisaxes e tradicións destes pobos. No antigo Casino de Redondela existía unha foto na que podía verse a Juan Manuel Pereira sobre un elefante branco.
Coa chegada da I República, en 1873 voltaría a ser elexido Deputado por Redondela. Tamén foi nomeado Senador por Pontevedra (1871-1872) e por Ourense (1872-1873), cargos que non exerceu por atoparse fóra de España, Gobernador Civil de Pontevedra e Deputado ás Cortes por Ponteareas (1848-50). Ourense, Redondela (1847) e Lalín, a este último cargo renuncia ó ser tamén electo Deputado pola Provincia de Pontevedra ás Cortes constituíntes. En 1868 a proposta dos veciños adícanlle unha rúa en Ourense. No 1875, coa restauración da dinastía borbónica, retírase da vida política fixando a súa residencia en Ourense e pasando os veráns no Pazo de Reboreda. Faleceu na súa casa de Barbañas (Ourense) ós 76 anos, sendo enterrado en Reboreda.
En1931, durante a II República, adicóuselle unha rúa en Redondela. En 1962 Otero Pedrayo publicaría a novela O Señorito da Reboraina baseada na súa vida.

Pérez Varela, Jesús (Redondela 19-4-1946)
Foi director do Imparcial, diario de extrema dereita. Estivo ó fronte do Gabinete de Comunicación na Xunta de Galicia. Nomeado conselleiro de Cultura e Comunicación Social o 06-06-1996. A partir de 1997 conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo posto que ostentou ata a primeira semana de agosto do 2005.
Anecdotario Redondelán

