Anecdotario Redondelán

Redondeláns de Adopción.

Javier Alfaya Bula (Ramallosa 6-8-1939)

            Criouse en Reboreda ata que, cando contaba con 7 anos de idade, o seu pai foi destinado como notario a León. Ó longo da súa vida aínda pasaría largas tempadas en Reboreda. Nos anos 60 comezou a colaborar en revistas literarias, programas de radio e xornais como Triunfo, Informaciones e Nuevo Diario. Xa nos 70 foi xefe das páxinas culturais de Realidades, El Europeo e Mundo Obrero; colaborou en Cuadernos para el Diálogo e, novamente, Triunfo.

            Logo traballou en radio, televisión, revistas como Sherzo e Contrarios e xornais como El País. Tamén escribiu ensaio, poesía e novela, ademáis de numerosos traballos de traducción xunto á súa dona. Destacar a súa novela Una luz en la Marisma ambientada en Redondela.  

 

Libro de José de Castro.

 

José de Castro Arines

            Nado en Tui, criouse cos seus avós maternos en Redondela ata os seus estudos de bacharelato. Estudiou Pintura, Dereito e Filosofía e Ciencias da Información. Exerceu como crítico de arte nos xornais Ya, Alcázar, Arte y letras e Informaciones, nos dous últimos como redactor, ademáis de ser director de Santo y seña. No 1951 recibiu o Premio de Teatro del Ateneo de Madrid e pouco despois o Premio Nacional de Literatura. Colaborou como experto en arte en RNE, TVE e no diario ABC.

            Membro fundador da Asociación Española de Críticos de Arte. Membro da Comisión de Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Profesor durante 20 anos na Universidad Menéndez Pelayo de Santander. Recibiu varios premios polos seus traballos de investigación de enxeñería e arquitectura. Autor de numerosos ensaios e artigos de prensa.

 

Ángel Lemos. Foto: Ver enlace

 

Ángel Lemos de los Reyes (Mojica) (Vigo 1-3-1917/A Estrada 5-12-2002)

Pintor que expuso en toda a xeografía galega, Palma de Mallorca, Bos Aires, etc., con obras en coleccións privadas por todo o mundo. Pasou a súa infancia en Redondela. Con 15 ou 16 anos co seu amigo Ramonet colle un tren correo con dirección a Madrid coa esperanza de ser alguén no mundo da arte. En León a policía os manda de volta, pero son recibidos como heroes e as coplas populares deron conta da súa aventura. Despois embarcaría en Vigo de polizón pero foi descuberto e desembarcado en Lisboa. Tras a Guerra Civil tentaríao de novo logrando esta vez chegar a Bos Aires. Regresa a España no 1977 establecéndose definitivamente na Estrada.

http://www.terra.es/personal2/anglemos/

 

John O´Doherty. Foto: Historia de las Rías.

 

John O’Doherty Brown. (Bolyborron (Irlanda) 6-11-1777  /Redondela )

            Descendente da nobreza irlandesa, queda orfo ós 7 anos e cos 6 irmáns emigra a España fuxindo da persecución dos potestantes. Entra no exército español cos seus irmáns Henry e Clinton Dillon que morrerían en combate. John participou en numerosos combates navais: Las Guayanas, Las Malvinas, Río de la Plata, Trafalgar, Las Canarias....

En 1808, estando destinado no Apostadeiro da Portela, casou en Redondela con María Josefa Macedo Salazar. Xa na guerra da Independencia, 1809, luchou contra os franceses en Santander, A Coruña e Pontesampaio. Nesta última tivo un papel destacado, sendo alférez de navío e ó mando de 3 lanchas cañoneiras, foi o encargado da defensa da ponte romana dende a auga.

            Retirouse do exército en 1812 como Teniente de Fragata. En 1823 foi nomeado Ayudante Militar del Distrito de Redondela. Debido á dificultade para pronunciar o seu nome era coñecido popularmente como Juan do Juerto. Entre os seus descendentes destacan en Redondela os irmáns Juan Amoedo Seoane e Manuel Amoeo Seoane.

 

Diego San José de la Torre (Madrid 9-8-1884/Redondela 11-11-1962)

            Novelista, poeta, autor teatral e xornalista. Fíxose famoso polas súas novelas cortas publicadas, entre outras, en El Cuento Semanal, La Novela Corta e La Esfera. Tras o alzamento nacional do 18 de xullo de 1936 seguiu escribindo artigos en defensa da República polo que foi detido en abril de 1939. Estivo preso entre outras cárceres na Illa de San Simón, na que pasou case dous anos. Despois de ser liberado en xaneiro de 1944 quedouse a vivir en Redondela amparado polo empresario José Regojo. Seguiu escribindo pero tan só vería escritos dous libros máis: Gente de ayer e Estampas nuevas de Madrid.

http://www.ucm.es/info/emp/Numer_12/Sum/4-14.pdf

Reveriano Soutullo. Foto: Ver enlace

 

Reveriano Soutullo Otero (Ponteareas 11-7-1880 / Madrid 28-10-1932)

Se ben os seus pais vivían en Redondela, naceu casualmente en Ponteareas onde a súa nai estaba visitando ós seus sogros. Ós 14 anos xa dirixía o Orfeón de Tui e con 15 era músico no Regimiento de Murcia destinado en Vigo. Logo trasladaríase a Madrid onde se destacou como estudante no Real Conservatorio de Música. Isto valeulle unha beca do Concello de Vigo para perfeccionar os seus estudios en Italia, Francia e Alemania, converténdose nun prestixioso compositor de zarzuelas, pasodobles... Moitas das súas obras firmounas xunto a Juan Vert, sendo o seu maior éxito a zarzuela “La del Soto del Parral”.

http://www.soutullo.com/

 

Suso Vaamonde 1984. Foto: Ver enlace

 

Suso Vaamonde (Regodobargo-Pontecaldelas 20-12-1950/Vigo 16-2-2000)

            Xesús Vaamonde Polo compositor e cantautor. Formou parte dos grupos musicais Os Copens, Marco Balorento  e Voces Ceibes, posteriormente comezaría a súa carreira en solitario. As súas letras de marcado caracter galeguista acadaron a súa maior radicalidade nun concerto en Pontevedra no ano 1979:

Cando me falan de España

sempre teño unha disputa

que se España é miña nai

eu son un fillo de puta.

            Esta estrofa supúsolle unha condea de 6 anos e un día de prisión por inxurias á patria con publicidade, polo que decide exiliarse. Despois de regresar en 1984 é indultado despois de cumprir 46 días no cárcere.

            Durante moitos anos viviu en Chapela, onde unha rúa leva o seu nome. En Redondela foi un habitual da Tasca de Mingos, facendo disfrutar ós parroquianos coa súa guitarra.

http://usuarios.lycos.es/susovaamonde/