Anecdotario Redondelán

Relixiosos.

Bacelar, Fr. Antonio (Redondela, s. XVII)

            Entre 1606 e 1608 pertenceu a un convento de Coruña. En novembro dese último ano xa habitaba no convento de San Francisco de Santiago. E no 1926 trasládase ó convento S. Lorenzo de Trasouto (Santiago), ocupando o cargo de predicador e lector de teoloxía moral e calificador do Santo Oficio. Escritor, publicou as seguintes obras:

  • “Defensa de la cognación y parentesco de nuestro glorioso Apóstol y único patrón de España, Santiago el Mayor, con Cristo redentor nuestro en cuanto hombre, compuesto por...”. Santiago, por Juan de León, 1630. Este escrito sería reeditado en Coimbra en 1631 polo que Nicolás Antonio o considerou portugués.
  • “Relación sumaria en que se dice haber venido nuestro Apóstol Santiago a predicar a España y como después.... Tamén escrita no 1630, era unha crítica ós Padres Carmelitas.
Sermón de J. Fontenla. Foto: Ver enlace.

 

Barreiro Estévez, Gregorio (Redondela en 1580- Toledo 1645)

Coengo Maxistral de Ávila en 1622 e Toledo o 16-8-1641. Fundador da Misa de Alba en 1641. Esta misa celebrábase en case tódas as vilas do litoral. Estaba adicada á xente do mar e ós pelegríns. En Redondela era celebrada polo abade, agás os domingos que a celebraban os frades da illa de San Simón, que viñan á vila a pedir esmolas.

 

Fontenla, Joaquín (Redondela, 1744-¿Santiago?, 20-6-1815)

Prior do Convento de San Agustín en Santiago de Compostela. Catedrático de Teoloxía e rector da Universidade de Santiago. Un dos seus sermóns baixo o título En reconocimiento de los beneficios, que devió a Dios con motivo del rayo del día 28 de febrero (Recurso electrónico), está recollido en Sermones españoles-Obras anteriores a 1800; e orixinalmente foi publicado en 1788 por Ignacio Aguayo Aldemunde.

Groba Carballido, Francisco

            Rector do colexio de Fonseca no 1658, logo ocuparía unha das canonxías da catedral tudense.

García Prego de Montaos. Foto: Apuntamentos...Amado Gzlez. Cardama.

García Prego de Montaos y Sotomayor.

            Nado no segundo decenio do século XVI. Cónego da catedral de Tui, arcediano de Cerveira e párroco de Vilavella. Iniciou a construcción do Convento de Vilavella en 1501 rematándose en 1554. Faleceu en 1566, sendo soterrado na Igrexa de Vilavella. 

 

Iglesias Lago, Dámaso Egidio (Redondela 30-8-1768 / Ourense 13-11-1840).

Doctorado en Teoloxía na Universidade de Santiago. Canónigo magistral de la Catedral de Ourense dende xuño de 1794 ata xaneiro de 1816, data na que pasou a ser Canónigo Dignidad de la Catedral de Santiago. Nomeado bispo de Ourense o14-3-1819. Apoiou o levantamento Carlista. Propuxo e achegou financiamento, para a substitución do altar maior da catedral de Ourense.

 

Madre Constanza de Jesús.

Fundadora do Colexio dos Remedios as Orfas de Santiago de Compostela.

Sarmiento y Sotomayor, Antonio Alejandro (Redondela 16-4-1683 / Mondoñedo 18-10-1751)

            Algúns autores cren que naceu en Ribadetea, mais o que sabemos con certeza é que foi bautizado en Redondela. Fillo de Diego Sarmiento de Sotomayor, y de Antonia Prego, criouse no Pazo de Petán. Monxe benedictino que foi General de la Orden de Benedictinos, Bispo de Jaca (tan só 8 meses, nunca chegou a esta vila por mor dunha doenza reumática) e logo de Mondoñedo (1728-1751). A esta última vila levou a traída de augas e nela construiu o seminario conciliar, o hospital, a ponte de San Lázaro e o santuario da Virxen dos Remedios.