Anecdotario Redondelán

A Ruta das Pedras (Ventosela).

           Sendeiro lineal de 6 km. na parroquia de Ventosela con vistas á Ría de Vigo e con curiosas formacións rochosas:

1.      Conxunto Rupestre de Pedreira. Presenta petroglifos con escenas ecuestres e círculos concéntricos.

2.      As Pedras Agudas. Grupo de rochas presentes en moitas lendas locais.

3.      A Pedra Taió. A súa orixe mezclase coas lendas dos mouros e os seus tesoros.

4.      A Pedra que Fala. A súa forma permite que a nosa voz produza  reverberacións.

 

¿Como chegar?

            Saímos de Redondela cara a Pontevedra e a 2 km. veremos nunha curva un negocio de lavado de coches. Xiramos á dereita, logo á esquerda e outra vez á dereita. Despois de douscentos metros chegamos a un cruce que collemos á esquerda. Atopámonos xa na parroquia de Ventosela. Continuamos sempre de frente deixando atrás a igrexa e chegamos ó final da estrada.

Ó inicio do camiño está sen sinalizar, teremos que subir por unhas rochas situadas ó carón dunha casa. Despois iremos atopando o camiño sinalizado con frechas, xa sexan pintadas nas rochas do chan ou feitas de madeira.

 

Conclusións.

O sendeiro podería mellorarse cunha sinalización adecuada, especialmente no punto de partida, e paneis explicativos ó carón das rochas antes referidas.

 

Estado actual.

En setembro do 2008, xurdiu a noticia dun proxecto para a explotación mineral neste lugar. Se isto se leva a cabo suporá a destrucción dunha das paraxes naturais con máis posibilidades para o turismo rural da vila.