A Telleira.
O monte da Telleira recibe o seu nome porque nel se fabricaban tellas dende o século XVIII. Chegou a haber sete fornos, deixando de empregarse o último deles en 1939. Xa no 2008, o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy deixou ó descuberto restos destes fornos, organizando unha xornada na que se mostrou como se fabricaban antigamente as tellas.
¿Cómo chegar?
Podese ir en coche ou caminar uns 20 minutos. Saímos de Redondela pola Avenida Mendiño cara o Peirao de Cesantes. Coller o primeiro cruce á esquerda antes de iniciar a baixada ó porto. Logo xiraremos a dereita e no seguinte cruce colleremos o camiño do medio. Chegamos ó final do asfalto e collemos un sendeiro cunha baixada na marxe esquerda. Esta última parte do camiño está indicada.
Conclusións.
Esta é unha boa iniciativa que esperemos reciba os apoios necesarios para explotar o seu valor etnográfico e o seu potencial como zona de lecer. Sería unha forma de que este monte, pragado de construccións que vulneran a lei de costas, recupere parte do seu atractivo.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Anecdotario Redondelán

