Arquitectura Civil. Pazos e outros.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Pazos
O único Pazo aberto ó público na actualidade é a Casa da Torre, todos os demáis son de propiedade privada, si ben o Pazo de Torres Agrelo está adicado á hostelería.
Casa da Torre (Praza Ribadavia-Redondela)
Edificio renacentista de principios do s. XVI fundada pola familia Prego de Montaos. Pertenceu ós Condes de San Román. Dende mediados do s. XIX ata os anos 50 foi empregado como Casa do Concello, despois foi utilizada por unha empresa de autobuses e hoxe en día é albergue de peregrinos, contando con salas de exposicións e biblioteca.
Pazo de Petán ou de Santa Teresa (Rúa Padre Crespo-Redondela)
Fundado no século XVII por García Prego de Montaos y Sotomayor era coñecida nun principio como Granxa de Vilavella. Logo pasaría a Álvaro Prego de Montaos, abad de Cerveira, que en 1624 otorgou escritura de doación con gravamen de vínculo a favor do seu sobriño Gonzalo de Avalle. Despois esta familia entroncou cos Sotelo pasando o pazo ós Sarmiento de Sotomayor. Destes últimos detacar a frei Sarmiento de Sotomayor, bispo de Jaca e Mondoñedo.
A mediados do s. XVIII era propiedade do fidalgo Francisco Borja Sarmiento, señor xurisdiccional das parroquias de Corzáns e Petán (A Cañiza), de aí o nome do pazo.
Xa no século XX, foi mercado polo industrial José Regojo e desde entón pertence a súa familia. No 2009 está sendo reformado.
Pazo de Pousadouro (Reboreda). Vídeo de Xoán Arco da Vella
Francisco Casimiro Marcó Del Pont fundador do Pazo de Pousadouro. Foto: Ver enlacePazo de Pousadouro (Asnelle de Abaixo-Reboreda)
O Pazo de Pousadouro foi fundado en 1740 por Francisco Casimiro Marcó del Pont, derradeiro Gobernador de España en Chile. Era fillo de Buenaventura del Pont y Bori catalán afincado en Vigo, cidade da que chegou a ser alcalde, e que tiña unha casa navieira e comercial do seu nome. Trala morte de Francisco e os seus pais, en 1834 por Real Orden Testamentaria póñense á venda o Pazo de Pousadouro e outras propiedades. No pazo pódese ver o brasón pertencente a esta familia.
http://es.wikipedia.org/wiki/Casimiro_Marc%C3%B3_del_Pont
A finais do s. XIX, o pazo sería mercado por Fermín Alfaya Milijosa avogado, licenciado en filosofía e letras, que chegou a ser Deputado provincial. A súa neta María (Maruja) Feijoo Alfaya casou co empresario naval vigués Enrique Lorenzo Docampo (fundador de Vulcano). Esta última, deixaríallo en herdanza ós seus tres fillos. Reformado polo arquitecto Gómez Román. No 2008 atopábase en venta.
Pazo ou Casa de Reboreda (Reboreda)
Data do século XVII. Está unido á Igrexa Parroquial de Reboreda mediante un paso elevado. Este pazo pertenceu entre outros a Ignacio Manuel Pereira e o seu fillo, Juan Manuel Pereira.
Manuel Bárcena, o primeiro Conde de Torrecedeira. Foto: Ver enlacePazo de Torrecedeira (Cedeira)
Construido no s. XVII pola familia Pestaña Chamucero, que exercía o señorío xuridiscional de Cedeira, no lugar coñecido como O Corredor. Foi reformado nos s. XVIII e XIX, sendo neste último século cando o arquitecto Paczevich deseña a ala oeste.
Entre outros foi propiedade de Manuel Bárcena y Franco, que foi alcalde de Vigo, senador, fundador da Caixa de Aforros de Vigo e polo Real Despacho do 3 de xaneiro do 1891 a Raíña Rexente concédelle o título de Conde de Torrecedeira, de aí o nome do pazo.
http://www.camaravigo.es/es/manuel-barcena-y-franco-el-fundador.html
Hoxe en día, o actual conde de Torrecedeira comparte a propiedade de este pazo con varios familiares.
Pazo de Torres Agrelo (Reboreda)
En 1834, trala morte dos donos do Pazo de Pousadouro, por Real Orden Testamentaria ponse á venda o Bosque de Agrelo que contaba “con murallas” entre outras propiedades.
No s. XIX, o Mariscal Leoncio Rubín de Celis, construe o Pazo, do que aínda se pode observar o seu brasón.
En xuño de 1931 saiu a subasta pública porque os seus donos: María de la Concepción, José Manuel Joaquín e Jaime Cruces y Cruces; non podían facer fronte ó pago dun préstamo que recibiran por 100.000 pesetas.
Máis tarde, Concepto López Lorenzo rebautizou a propiedade co nome de La Tapera, que hoxe en día non se emprega. Este empresario foi fundador de Tranvías de Vigo, coa empresa Eléctrica Redondela-Vigo, transportou a electricidade producida polo río Verduxo a Redondela e Vigo. Era sogro de Carlos Guntsche, enxeñeiro de orixen alemán (Ver As Antigas Empresas>IME S. A.). O pazo sería empregado como hospital polo exército alemán durante a II Guerra Mundial e refuxio na Guerra Civil.
En 1998 pertencía ós irmáns Javier e María Eugenia Iturria y Rodríguez-Eztenaga. Actualmente está adicado á hostalaría. http://www.torresagrelo.com/
Máis en http://www.camelias.net/pazos/tagrelo/pag_1.html
Outras Casas antigas
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Casa da Alfóndiga (R. Isidoro Queimaliños-Redondela)
Construida no s. XVI polos Prego de Montaos, destaca polos brasóns da súa fachada. Preto da Casa da Torre. Recibe este nome da praza da Alfóndiga (lugar de venta de graos).
Casa do Carballo (Rúa Carballo-Redondela)
Foi propiedade de Pedro Ochoa Orcasitas. Tiña unha torre que foi derrubada hacia o 1870.
Casa do Cristo de Limpias (Rúa Cabo dos Fumeiros-Redondela)
Presenta dous brasóns. Ó seu carón existía unha capela que nos anos 40 estaba abandoada e era empregada como vienda por un portugués. Desapareceu anos despois coa construcción un edificio.
Casa dos Queimaliños ou dos Pregos Montaos (R. Isidoro Queimaliños-Redondela)
Ten un brasón. Nela viviu o médico Isidoro Queimaliños que lle deu nome á rúa.
Casa dos Táboas (Asnelle-Reboreda)
Esta casa posee a Capela da Nosa Señora da Conceición, construida en 1752 por Baltasar de Táboas, do Santo Oficio da Inquisición, e a súa dona Antonia de Otero. Nela pódese ver o brasón dos Táboas.
Casa reitoral de Redondela
Foi construida despois de que a antiga casa fora queimada polos franceses en 1809. A actual casa atopábase en ruinas, ata que a finais dos anos 80 foi restaurada. Conserva na súa fachada un brasón dos Prego de Montaos coa data de 1641 que anteriormente se atopaba no muro de peche da finca parroquial..
Casa reitoral de O Viso
Nun dos seus muros pódense observar numerosas lápidas antigas.
Pazos e casas desaparecidos
Casa de Quintela
Os donos desta casa entroncaron coa Casa de Salgado, de Baiona, ó casar Rosalía Núñez de Araujo con Juan Salgado.
Casa de Mañó (Quintela)
Fundada por Gutierrez Falcón de Sotomayor (ou Gutiérrez Falcón de Oya) a finais do s. XVI. Descendentes seus foron señores de Parderrubias (A Merca-Ourense) e marqueses de Bendaña, título otorgado a Rodrigo Antonio Falcón de Ulloa y Ribadeneira (Real despacho 27-10-1692).
Pazo de San Román (Saxamonde)
Aínda se conserva a capela que é a igrexa parroquial de Saxamonde.
Cítase como “Palacio y Fortaleza de Saxamonde”, cando pertencía a Gregorio de Valladares (s. XV) e foi incendiada por Álvaro de Cadaval “el Viejo”, merino en Tui por Pedro Álvarez de Sotomayor (Pedro Madruga). Polo que García Sarmiento “el Rojo”, xenro de Gregorio, pleitou co de Cadaval, quen debeu pagar 30 ou 40 maravedís para reparar os danos causados.
Entre os que viviron neste pazo destacan Luis Sarmiento de Valladares, primeiro marqués de Valladares, ou José Sarmiento de Valladares, Virrei de México.
Pazo de Soutoxuste (O Viso)
Consérvase a capela de San Vicente de Soutoxuste, que foi desprazada da súa ubicación orixinal. Foi propiedade de Esteban Barbeito Padrón. A súa linaxe procedía da casa de Piñeiro (Corzáns-Salvaterra do Miño). Destes Barbeito descenderon os da praza da Ferrería de Pontevedra, coa súa casa chamada “Casa de las Caras”. Outro descendente sería Antonio Mauricio Troncoso de Lira Sotomayor y Barbeito, o famoso “abade do Couto” da guerra da Independencia e defensor de Tui e Vigo.
Torre de Múzquiz (Chapela)
Carlos IV cocedeulle este morgado a un irmán do Arzobispo de Santiago, Rafael Múzquiz.
Anecdotario Redondelán

