Arquitectura Relixiosa.
Igrexas, capelas e conventos.
Ademáis da Igrexa e o Convento de Vilavella que contan co seu propio apartado, destacan:
Igrexa Santiago Apóstol de Redondela.
Do século XV sofre varias ampliacións ata o s. XVIII, é un exemplo de gótico tardío. Na fachada da casa reitoral pódese observar un brasón dos Prego de Montaos coa data “1641”.
Igrexa Parroquial de Cedeira.
Barroca de cruz latina. Probablemente do século XVI foi ampliada en 1743. O encargado da obra será o arquitecto Fernando de Casas e Novoa, que nese momento estaba construíndo a Fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago de Compostela.
Igrexa Parroquial Santa María de Reboreda.
Barroca do s. XVIII, sería construida a partires dunha máis antiga por mandato de Juan de Mondragón e frei García de Mondragón. O retábulo maior, deste mesmo século, foi obra do redondelán Antonio del Villar. A primeira ampliación foi realizada por Juan de Mondragón no século XVI. Unha segunda ampliación foi a levada a cabo por D. Diego de Araujo. O mestre de cantería foi Santiago de Pazos, que reedificou a Capela Maior.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Outras construccións serían:
Capela de Santa Mariña ou das Angustias (Av. Santa Mariña-Redondela)
Xa existía no s. XVII, nun principio foi adicada ó Espírito Santo. Ata 1904 pertncía á parroquia de Cesantes.
Capela de San Paíño de Santo Paio de Arriba (Reboreda)
Do s. XVIII foi empregada ata o s. XIX. Nela se celebraba a festividade do santo Paio. Mantíñase coas esmolas dos veciños de Reboreda, de quen era propiedade.
Capela de San Vicente de Soutoxuste (O Viso)
Pertenceu ó morgado do conde de San Román. Formaba parte do Pazo de Soutoxuste, xa desaparecido, sendo desprazada da súa ubicación orixinal. Entre os séculos XVIII e XIX sofreu periodos de abandono.
Ermida da Virxe das Neves ou da Peneda (O Viso)
Construida sobre os cementos da Fortaleza de Castricán.
Ermida da Illa de San Simón. Ver historia da Illa de San Simón.
Igrexa parroquial de San Pedro de Cesantes
Enriba da porta prinipal aparece “AÑO 1763” e nunha parede lateral “ESTA CAPILLA LA MANDO AZER EL LICEDO. YSIDORO COTA SIENDO JUAN PUDO Y BELAS MACULCOA EN EL AÑO DE 1670”.
Igrexa parroquial de San Fausto de Chapela
Debido ó seu pouco aforo, construiuse unha máis moderna, conservando a antiga.
Igrexa parroquial de Santo Estevo de Negros
Igrexa parroquial de San Mamede de Quintela
Igrexa parroquial de San Román de Saxamonde
Era a capela do desaparecido Pazo de San Román.
Igrexa parroquial de San Vicente de Trasmañó
Por riba da porta principal lese “AÑO1765”.
Igrexa Parroquial de San Martiño de Ventosela.
Foi construida sendo Bispo de Tui Juan García Benito, durando o seu pontificado dende 1797 e 1825.
Igrexa Parroquial de San Martiño de Vilar de Infesta.
Debaixo do campanario lese “ESTA OBRA SE IZO DE 1783 S. ABAD E. GARCIA”. E xunto a `prta principal aparece “1720”.
Igrexa parroquial de Santa María de O Viso.
Construida en 1710. No exterior pódense observar antigas lápidas e esculturas funerarias que o convirten nun pequeno museo ó aire libre.
Igrexa parroquial de Cabeiro
Convento de Monxas benedictinas en Trasmañó. Inaugurado en 1984, sendo o primeiro que se abriu en España dende a Idade Media. A comunidade procede do mosterio de “La Transfiguración del Señor” en A Guarda. Nun principio confeccionaban xerseis e gorros para mariñeiros e elaboran galletas caseiras, con ovos e nata. Na actualidade dispoñen de albergue e seguen vendendo doces.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Anecdotario Redondelán

