A Fervenza de Reboreda (Reboreda)
Fervenza de Reboreda. 2008
Unha das paisaxes máis fermosas de Redondela. Nos oitenta os nenos se bañaban ós pés da fervenza. Anos atrás, as familias facían xantares campestres á beira do río.
¿Como chegar?
En agosto do 2008 visitei a fervenza e isto foi co que me atopei. Intentei acceder a pé polo camiño que está xunto ó muíño vello, hoxe adicado á hostalaría. Atopei que o camiño estaba cortado por un portal (descoñezo se legal ou ilegamente). Cabía a posibilidade de poder acceder saltando de pedra en pedra polo río, pero deixei as aventuras para outro día e preferín preguntar a unhas veciñas. Unha delas comentoume que, días atrás, fora pola beira de enfrente, pero un veciño berráralle por atravesar as súas leiras. Decidinme a acceder polo camiño que empregara hai anos.
Saíndo de Redondela collemos a estrada cara a Amoedo. Xusto antes do supermercado Familia, atópase o acceso aberto para as obras do trazado do Ave. Onde se le “Prohibida la entrada a toda persona ajena a esta obra” saltar a malla de plástico. Seguimos o camiño da esquerda e, facendo frente a alta vexetación, chegamos á fervenza.
Estado actual (2008).
A paisaxe segue sendo espectacular a pesares da falta de accesos, o abandono e a alta vexetación.
Conclusións.
O curioso e que o Concello sempre emprega a imaxe da fervenza para promocionar o turismo, sen que os redondeláns e, moito menos os turistas, a poidamos disfrutar por toparse rodeada de propiedades privadas. Cun acceso adecuado e a construcción dunha zona de lecer poderiase convertir nun dos puntos máis visitados da vila. O ideal sería a construcción dun sendeiro que a enlazase cos diferentes muíños.
Outra fervenza en Reboreda. 2009
Anecdotario Redondelán

