Illa de San Simón (Cesantes)
A Illa de San Simón é en realidade un archipélago formado polas illas de San Simón e San Antón unidas por unha ponte, ademáis de varios illotes menores. Trátase dunha illa chea de encanto xa que por ela pasaron Cabaleros Templarios, o pirata Francis Drake e diferentes congregacións de monxes; inspirou ó poeta Mendiño a famosa cantiga de amigo Sedíame na Illa de San Simón; escenario da batalla de Rande e no pasado máis recente foi lazareto e despois cárcere durante a Guerra Civil.
¿Cómo chegar?
As visitas á Illa de San Simón son gratuitas, a reserva pode conseguirse a través da páxina www.fundacionilladesansimon.org/ ou na oficina de turismo da Alameda.
Un guía nos recibe para contarnos a historia da Illa, levándonos polos lugares máis destacados. A visita guiada dura unha hora e é opcional, ó que non lle interese pode afastarse do grupo e visitala pola súa conta. A narración realízase en galego polo que, normalmente, estas visitas comezan con 15 minutos de discusións por parte da xente sobre si o guía debería falar castelán. Non quero entrar en polémicas, pero non deixa de ser curioso que os que rifan sempre son galegos.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Estado actual (2008)
Para quen visitou a illa nos anos en que estivo abandoada o contraste é moi grande. A accesibilidade foi adecuada para a xente con problemas de movilidade. A restauración dos edificios externamente e moi bonita, digo isto porque do interior só se poden visitar tres salas con exposicións: unha da historia da illa, outra da época en que foi cárcere e, a última, das obras de restauración. Tamén está fechado o acceso ó pequeno cemiterio que se atopa na Illa de San Antón, nel atópanse sarcófagos de pedra moi antigos. Outra cousa que chama a atención, é o elevado número de esculturas erixidas nun sitio tan pequeno.
Conclusións.
Resumindo, a visita paga a pena. Os encantos da illa son bastante evidentes e o relato do guía sumérxete na historia do que estás a contemplar. Das exposicións destacaría a histórica porque os paneis explicativos aclaran e ilustran a gran cantidade de acontecimentos que aquí sucederon. Na dedicada ó periodo da Guerra Civil chama a atención o material recollido: fotos, cartas dos presos...
A mágoa é que a duración da visita sexa moi curta. Esperemos que, nun futuro próximo, todos podamos ter acceso á totalidade das instalacións e non sigan sendo disfrutadas só por uns poucos (arquitectos, políticos, poetas...).
Anecdotario Redondelán

