O Monte Penide (Cedeira, Negros, Trasmañó e Cabeiro)
Mámoa do Rei
Este monte destaca pola súa riqueza arqueolóxica. Nel podemos atopar petroglifos, máis de 30 mámoas catalogadas e o castro de Negros. Foi declarado Conxunto Histórico-artístico en 1970 e Ben de Interese Cultural en xullo do 2008. Para saber máis.
Este conxunto ten a súa continuación no concello de Vigo.
¿Cómo chegar?
Saír de Redondela en coche cara a Vigo. Deixamos á man dereita o acceso á estación de ferrocarril e, a uns 300 metros, xiramos á esquerda. Seguimos esta estrada ata ver os muros do colexio de Cedeira, chegando a un cruce que tomamos á dereita. Comezamos a subida ó monte Penide pasando xunto ó Pazo de Torrecedeira (non pode ser visitado por ser de propiedade privada). A terceira pista do lado dereito condúcenos a un vello campo de futbol, coñecido como Campo da Rata. Nos arredores podemos atopar petroglifos e os restos dunha mámoa, así como un alto dende o que poderemos disfrutar de vistas á ría de Vigo.
Se continuamos a subida pola estrada, chegaremos á área de descanso Poza da Lagoa. Deixando as mesas á nosa esquerda seguiremos a pé por un sendeiro que nos levará ata a poza que da nome ó lugar. Seguimos o sendeiro rodeándoa e a escasos metros, na marxe dereita, atoparemos máis petroglifos.
Voltamos co coche á estrada internándonos na parroquia de Trasmañó. Atopamos unha serie de cruces que tomaremos á esquerda, dereita e novamente á esquerda. Chegaremos a unha curva na que se atopa a Mámoa do Rei. Fixándonos nos arredores encontraremos numerosas mámoas, ata 30 catalogadas. Tomando un sendeiro cercano, a uns centos de metros na marxe dereita, acharemos ademáis petroglifos e unha cruz gravada na Idade Media que da nome ó lugar, Chan da Cruz.
Se preferimos facer todo o camiño a pé ou en bicicleta, unha opción sería a marcada no mapa adxunto na galería.
Podemos completar a visita acercándonos ó Castro de Negros. Podemos ir a pé dende a Mámoa do Rei, a través de pistas, ou en coche dende Redondela. Nesta segunda opción dirixirémonos cara o Aeroporto de Peinador. Na parroquia de Negros, deixamos á esquerda o Bar Rosi e xiramos á dereita. Seguimos a estrada xirando no segundo cruce á esquerda. Chegaremos ata unha pista pola que subiremos ata o castro.
Do castro tan só poderemos ver parte do muro exterior e depresións no terreo que indicarían a posible existencia de restos de vivendas. O lugar tamén conta con bonitas vistas ó val do río Maceiras
Esta sería unha visita ó máis destacado, existen máis petroglifos e restos arqueolóxicos, pero a falta de sinalizacións dificulta explicar a súa ubicación dende un texto. Para saber máis.
Páxina con fotos dos petroglifos (en inglés).
Estado actual (2008).
Nin os petroglifos nin as mámoas estan sinalizadas. O único panel existente, que indicaba a ubicación da Mamoa do Rei, foi destrozado pouco tempo despois da súa colocación. Pola súa parte, o Castro do Rei sofreu a colocación dunha torreta de alta tensión, dunha torre luminosa indicadora do aeroporto e de mesas e bancos de pedra.
Conclusións.
Coa sinalización axeitada poderiase crear unha ruta de senderismo que unira tódolos puntos de interese.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Nota: O mapa e os calcos dos petroglifos foron facilitados na ruta guiada celebrada o 12 de outubro do 2008, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte, e a do Medio Rural, agás do calco da Poza da Lagoa no que aparecen formas humanas, recollida na páxina Internovas.
Vídeo do Monte Penide en:
http://www.tu.tv/videos/petroglifos-en-el-monte-penide-redondel_1
Anecdotario Redondelán

