Anecdotario Redondelán

Os Viadutos.

Redondela é coñecida como a Vila dos Viadutos por estar surcada por dous de eles:

 

Viaduto Vello (de Ourense, de Monforte ou de Madrid)

 

Este viaduto mide 411 metros de largo por 32 de alto, se ben a parte metálica ten unha lonxitude de 255’89 m. As pezas metálicas foron importadas das fábricas de Fives-Lille (Francia). O interior dos pilares de pedra foron recheados con miles de piñeiros, xa que a madeira resultaba máis económica. A súa construcción iniciouse en 1863 e entraría en funcionamento en 1876. O tramo Vigo-Redondela foi inaugurado e percorrido por Alfonso XII ó ano seguinte. Pero non sería ata 1881 cando entraría en funcionamento a línea Vigo-Ourense, chegándose a Monforte en 1885.

Sempre se dixo en Redondela que este viaduto fora construido por Pedro Paolo Floriani da Macerata, mestre italiano discípulo de Gustave Eiffiel, o constructor da homónima Torre parisina, mais parece ser que a realidade foi ben distinta. Houbo efectivamente, un Pedro Floriani, pero que nada tiña que ver cos anteriormente mencionados. En realidade, era un subcontratista. No 1868, a adxudicataria das obras comunícalle que non se lle pagará a obra aducindo a falta de seguridade da mesma. Endeudado tentou suicidarse e quedou inválido. Os outros financiadores da obra que tampouco cobraron os costes foron Francisco Buenagua Magulegui, de Marquina (Vizcaya), e Juan Praria Rozaza. Eles si conseguiron suicidarse.

Durante os anos de posguerra, cando “o tren Portugués” (tren procedente de Portugal) facía soar a súa sirena tres veces e freaba antes de chegar a este viaduto, a baixa velocidade era aproveitada para lanzar sacos de café, harina...; que os mozos da vila recollían rápidamente. Este estraperlo axudaba á precaria economía de moitas familias de Redondela.   

A finais dos anos 60 deixaría de ser utilizado ó deseñarse un trazado alternativo, retirándose as vías e as varandas. Daquela a estructura de ferro foise deteriorando pola falta de mantemento, que non chegaría ata o 2004, ano no que a Consellería de Cultura invertiu 318.000 euros en limpeza, toma de mostras e pintado do viaduto. Os traballos non deberon resultar moi efectivos xa que tan só 5 anos máis tarde caiu unha peza metálica de case 1 Kg. de peso, coa fortuna de que non causou danos. Este suceso provocou que en maio do 2009 o viaduto comezara a ser tapado cunha malla en espera de financiación.        

Inmediacións do Viaducto Vello.

O que moita xente non coñece son as inmediacións desta ponte na parte de O Muro. Ademáis das vistas que se poden admirar dende o viaducto nas cercanías atopamos unha pequena lagoa na que fan parada algunhas aves migratorias (garzas e patos salvaxes principalmente). O conxunto péchase cunha vexetación na que destacan carballos, loureiros, castaños... Tamén se poden observar numerosos paxaros como verderoles, paporubios, lavandeiras, merlos...; e se temos sorte algún esquío.  

 

¿Cómo chegar?

            En coche: Saír de Redondela cara a Porriño. Realizar un cambio de sentido ó chegar ó cemiterio de Mañó. Coller a estrada que pasa por diante do bar Villaverde. Esta estrada non é máis que o antigo trazado da vía. Seguimos por ela ata dar co viaducto.

            A pé: No camiño que une a Praza Pontereas coa Rúa Muro, coller o camiño que atopamos á man esquerda. Pasamos por debaixo dunha ponte que formaba parte da liña do ferrocarril. Subimos e seguimos a pista asfaltada.

 

Estado actual (Agosto 2008).

            O acceso ó viaducto está pechado cunha cancela que  nos impide o paso á zona de pedra do viaducto, parte segura por contar cunha balaustrada, polo que non podemos disfrutar da paisaxe. Nas inmediacións da lagoa hai basura e prácticamente está tapada pola vexetación. No camiño tamén había árbores tumbadas no asfalto.

 

Conclusións.

            Nos anos 80 publicouse un proxecto no Faro de Vigo para convertir este viaduto nun paseo, o proxecto contemplaba entre outras cousas ascensores e un bar. A día de hoxe (2008) aínda non comezaron as obras. A idea é boa e si se fixera sería mellor.  Se ademáis se contemplara a posibilidade de recuperar a lagoa e o seu entorno (son de propiedade privada) dotaría a Redondela dun espacio de lecer no casco urban dunha gran riqueza ecolóxica.

 

Viaduto Novo (de Pontevedra).

           En 1864 o inxeñeiro José Pérez presentou o primer proxecto para a liña Redondela-Pontevedra no que non se recollía a construcción dun novo viaducto. En 1879 nun novo estudio Manuel Tabuenca recomendaba a súa construcción. Sería finalmente Mariano Cordereda o que, en 1881, fixaría as dimensións e a localización da ponte.

O Viaduto Novo (Pontevedra-Vigo) só ten pedra nos tramos de acceso. A parte metálica consta de tres tramos sostidos por dous pilares. O central ten unha luz de 57’5 m. e os laterais de 46m. O inxeñeiro que dirixiu a obra foi Luis Wirtz. Empregouse ferro laminado construíndose as pezas nos talleres da barcelonesa “Maquinista Terrestre y Marítima”.

O 17 de marzo de 1881, celebrouse a inauguración previa ás obras. Ante varias autoridades locais e provinciais, unha vagoneta fixo a primeira descarga de terra. En xuño de 1881 dan comezo as obras de construcción. As probas de resistencia realizáronse en maio de 1884. E definitivamente, o 30 de xuño de 1884  celébrase a inauguración oficial da liña Redondela-Pontevedra iniciada o 17 de marzo de 1871. Na actualidade segue en funcionamento.

 

Viadutos Menores

Viaduto de San Estebo.

Ponte de Fontán (Soutoxuste-O Viso). Pequeno viaduto do ferrocarril que leva á Punta de Fontán.

 

Viaduto los Cuatro Puentes (límite Chapela-Teis (Vigo)). Chamado así por ter catro arcos de pedra.

 

Viaduto de San Estevo (Negros). Viaduto do ferrocarril do trazado Vigo- Ourense que deixou en desuso ó Viaduto Vello.