Pontes.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
A Marca do Rei. A Marca do Rei. Ponte que cruza o río Maceiras ó entrar no casco urbán de Redondela por Vilavella. Esta ponte, ten na súa balaustrada unhas pedras grabadas, que hoxe resultan ilexibles. Eran coñecidas popularmente como “La Marca del Rey” e foron erexidas para conmemorar a visita á nosa vila do Rei Alfonso XII, en 1876.
Ponte do Carballo. Destruido polo asulagamento do 28 de setembro de 1932.
Ponte de Esteiro.Ponte de Esteiro. Desaparecida. Cerca da Fonte de Rivas, cruzando o Pexegueiro. Unía Santa Mariña con Cesantes antes de que, en 1912, se construira a estrada que cruzaba a Marisma.
Ponte de Fenosa. Une a Xunqueira coa Subida á Estación. Probablemente, sustitue a unha ponte de madeira que se construira no 1915.
Ponte dos Fornos. Destruido polo asulagamento do 28 de setembro de 1932. Uniría a antiga rúa dos Fornos (de ahí o seu nome), actual Xoán Manuel Pereira, coa rúa Alfonso XII. Desapareceu coa construcción da actual praza Ribadavia.
Ponte da Illa de San Simón. Une as illas de San Simón e San Antón. Foi construido polo enxeñeiro Alejo Andrade Yáñez como parte das infraestructuras necesarias para a construcción do lazareto que entrou en funcionamento no 1842. Daquela contaba con portalóns nos extremos para separar o lazareto limpo (San Simón) do lazareto sucio (San Antonio, enfermos máis graves).
Ponte do Concello e restos do velloPonte de Julián Peitudo. Destruida durante o asulagamento do 28 de setembro de 1932, sendo logo reconstruida. Une a Rúa Xoán Manuel Pereira coa R. Figueiral. Chamada así polo dono dunha taberna próxima á ponte.
Ponte de Lima construida en 1863. Sustiuida pola chamada Ponte do Concello, que sería demolida para facer outra máis ancha en outubro do 1996.
Ponte Longa. Sen ubicar. No século XVIII empregábase de lindeiro de Redondela uníndoa con Vilavella.
Ponte de Paulino.Ponte de Paulino. Ponte que une o Paseo da Xunqueira coa Avenida Ernestina Otero. Chamada así por ser financiado polo dono do coñecido como Baile de Paulino, que co tempo se convirtiría na discoteca Diva. A principios do s. XXI foi recuberta de madeira.
Ponte de Pasais. Arranxada no 1872, foi destruida polo asulagamento do 28 de setembro de 1932. Situada na rúa Pasais, actual Xoán Manuel Pereira, une Redondela con Reboreda.
Ponte da Praza.
Ponte da Praza. Construida para dar acceso á Praza de Abastos. Coas obras do recheo instalouse nun principio unha pasarela de madeira que sería sustituida pola actual ponte de pedra. Esta sería ampliada no 2007.
Ponte da Portela. Construída despois do recheo da Marisma para unir a Portela coa Avenida de Santa Mariña. Ampliada entre o 2000 e o 2005.
Ponte da Portela.
Ponte da Ribeira. Desapareceu coa desviación do río. Estaba situada ó final da Alameda, máis ou menos á altura da Praza Santiago Apóstolo. Daba acceso ó peirao e á Praza do Peixe.
Ponte de Solla. Sen ubicar. O nome pode deberse a ser construído polo canteiro do s. XVIII Pedro Solla.
Pasarela da Alameda.
A finais dos 70 a necesidade de desviar o tráfico da N-550 (Vigo-Pontevedra) do casco urbán levou á construcción do Scalextric, que dividiu Redondela e provocou durante anos repetidas inundacións do paso inferior.
A partires do 2005 instaláronse varias pasarelas de madeira sobre os ríos que surcan o centro de Redondela.
Na actualidade (2008) as obras do AVE e da Autovía encherán o concello de novas pontes e viaductos.
NOTA: No 1774 o Procurador Xeral do Mar, Antonio Amoedo, contratou ó canteiro de Cedeira Domingo Pereira para construir unha ponte na vila, que ese mesmo inverno tería que ser reparada por mor dun asolagamento.
Tuneladora do AVE en Negros.
Anecdotario Redondelán

