REDONDELA
REDONDELA (Santiago Apóstolo): Do latín rotundus (redondo). O nome de Redondela faría referencia á forma redondeada coa que a vila creceu en torno ó mar.
BARRIOS
Esfarrapada, a: Comprendería a parte da propia R. Esfarrapada, R. Laurel, R. Cruceiro, R.Espíritu Santo...
Muro, o: Pertenceu a Vilavella. Correspóndese coa actual R. Muro.
Ribeira, a: Por estar (en tempos) á beira do mar. Este nome xa existía no s. XVIII.
Abarcaría a Praza Santiago Apostol, Rúa Ribeira, Xeneral Rubín e as rúas situadas detrás das anteriores.
Salgueiral, o: Pertenceu a Vilavella. Comprendería ademáis da marxe dereita da R. Salgueiral a R. Amieiro, o resto da zona foi urbanizada recentemente. Situada nunha marxe do río Maceiras, en tempos estaría cheo de salgueiros.
Santa Mariña: Recibe este nome da capela ubicada nela. Ademáis da Av. de Santa Mariña, abarcaría a P. da Fonte do Mouro, parte da R. Picota e as proximidades da capela.
Vilavella: Foi unha poboación independente, logo converteuse en parroquia de Redondela e finalmente foi absorvida por esta. Recibe este nome por ser máis antiga que Redondela, chamada en tempos Vilanova para diferenciala da Vilavella.
Rueiro
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
En caso de coñecer nomes anteriores dunha rúa, estes aparecerán xusto debaixo en cursiva.
Pz. da Alfóndiga.R. do Adro (Atrio): Por estar preto da Igrexia de Redondela.
· R. Ramón Franco (durante a II República): Ramón Franco Bahamonde (Ferrol 1896-1938). Político, militar e aviador. Irmán do xeneral Francisco Franco. Xunto con outros 3 tripulantes realizou o "Vuelo del Plus Ultra", realizando o primeiro viaxe en hidroavión entre España e América. http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Franco
· R. Porta da Igrexa: Nun documento de principios do s. XV.
Pz. da Alfóndiga: Etimolóxicamente significa locais públicos para a venda, compra e deposito de graos. Nesta praza, existía un tellado con tella do país e estructura de madeira, debaixo se montaban os postos de venta de millo, palla...
R. Alfonso XII: Rei de España e bisavó de Juan Carlos I. http://es.wikipedia.org/wiki/Alfonso_XII_de_Espa%C3%B1a
· R. Fermín Galán (durante a II República): Militar español defensor da República que foi fusilado tralo fallido alzamento de Jaca (Huesca) de 1930. http://es.wikipedia.org/wiki/Fermin_Galan
· Son terreos gañados ó mar no s. XIX.
R. Amieiro: Tipo de árbore que crece a beira dos ríos. Chamada así por estar a carón do río Maceiras. (Ver R. Canedo).
· Antes do 2005 era un tramo da rúa Salgueiral.
Camiño do Apeadeiro (No 2008): Neste camiño se atopa o apeadeiro do ferrocarril.
Rúa Cabo dos FumeirosR. Bidueiro: Tipo de árbore propia das zonas húmedas. Por estar cerca do río Maceiras (Ver R. Canedo).
· Nome posto no 2005. Con anterioridade esta rúa e a rúa das Cardosas (na parte máis baixa) non eran mais que un terreo sen edificacións e na súa maior parte sen cultivar, coñecido popularmente como Campo de las Ranas, pola existencia de charcas nas que habitaban moitos destes animais. Pertencían ó barrio do Salgueiral (hoxe nome de rúa), na parroquia de Vilavella.
R. Blanco Amor (No 2008, formaba parte da R. Picota): Eduardo Blanco Amor (1897-1979). Escritor, tanto en galego como en castelán, nacido en Ourense. http://es.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Blanco_Amor
R. Cabo dos Fumeiros: Antes dos recheos era un cabo que recibía este nome por ser o lugar onde se ubicaban os fumeiros, edificacións empregadas para afumar as sardiñas.
· Antes do 2005 esta rúa formaba parte da R. Picota, pero popularmente era coñecida como Os Canastros polos hórreos que existen no lugar. Tamén era chamado Calexón da Conecha, probablemente por vivir alí algunha persoa con ese alcume.
R. Campo das Redes: Lugar donde os mariñeiros secaban e reparaban as redes.
R. Canedo: Canedo ou canaval, lugar poboado de canas. O igual que as rúas Amieiro e Bidueiro cercana ó Maceiras. No 2005 o Concello decidiu poñer nomes de árbores e prantas que nacen a beira dos ríos nestas zonas de nova construcción.
· 2ª Travesía Ernestina Otero: Antes do 2005.
R. do Carballo: Había un carballo nun campo cercano ó cruceiro chamado, do mesmo xeito, do Carballo. Neste lugar celebrábanse no século XVII os concejos abiertos, ou sexa, os plenos do goberno municipal ós que podían asistir os veciños que o desexaran.
· Antes do 2005 era un tramo da Rúa Adro.
R. das Cardosas: Fai referencia ó cor morado das amoras das silvas que poboaban o camiño (Ver R. Bidueiro). Este nome só se empregaba para o tramo de Cedeira que vai dende a estrada nacional ata Outide, a parte baixa foi nomeada deste xeito no 2005.
Camiño do Carrascal: Nome do monte. Do castelán carrascal. Sitio poboado de aciñeiras pequenas.
· Antes do 2005 pertencía á R. Loureiro.
R. Castelao: Daniel Rodríguez Castelao. Político, escritor e dibuxante gráfico. Estivo moi ligado a Redondela onde deu numerosos mitins, e tamén nos deixou o debuxo de Xan Carallás. http://es.wikipedia.org/wiki/Castelao
· Antes do 2008 formaba parte da R. Picota.
Rúa Cruceiro.R. Casto Sampedro: Casto Sampedro Folgar. Avogado que impulsou os estudios arqueolóxicos en toda a provincia. A rúa leva o seu nome dende 1943. Máis.
Pz. da Constitución: Dedicada á Constitución Española.
· Pz. 18 de Julio (durante o goberno de Franco): Día do alzamento nacional, principio da Guerra Civil.
· Pz. da República (durante a II República)
· Pz. da Constitución de 1812.
· En 1910 recheo da Praza, anteriormente era unha marisma.
· Asteleiro. Xa existía no s. XVIII. Antes do recheo, no inicio da Rúa Prata, era o lugar onde se construían e reparaban as embarcacións.
R. Cooperativa: Urbanización construída mediante a constitución dunha cooperativa.
· 1ª Travesía Padre Crespo: Antes do 2005.
R. Cruceiro: Nun terreo privado había un cruceiro.
· R. Ramón Otero Milleiro (durante a II República):
Calella de Don Basilio: Nome recibido popularmente por ter alí a súa botica Basilio Bernárdez Otero, pai de Telmo Bernárdez.
· Antes do 2008 formaba parte da R. Prata.
Rúa dos Eidos. 2009.R. Eduardo Pondal: Eduardo Pondal (1835-1917). Poeta, tanto en galego coma en castelán, nado en Ponteceso (A Coruña).
http://es.wikipedia.org/wiki/Eduardo_Pondal
· Ata o 2008 formaba parte da R. Picota.
R. dos Eidos: Pola división do terreo en eidos (fincas pequenas).
R. Ernestina Otero: Ernestina Otero Sestelo. Catedrática de pedagoxía na Escola de Maxisterio de Pontevedra en 1915. Déronlle o seu nome en 1991. Máis.
· Av. Alvedosa: Nome do río que descorre ó seu carón.
R. Esfarrapada: Etimolóxicamente: 1. Que está moi gastado e rachado. 2. Que está feito farrapos. 3. Farrapento, que está vestido con farrapos.
R. do Espíritu Santo: Pola existencia dunha capela chamada do Espíritu Santo da que aínda se poden observar restos.
R. Figueiral: Pola antiga existencia de figueiras no lugar.
Pz. Fonte do Mouro: Recibe o nome dunha fonte na que aparece a figura dun mouro. Existe a teoría de que pode pertencer a un grupo escultórico máis grande no que estaría representado o Apóstolo Santiago, coñecido popularmente como Santiago Mata-mouros.
Fábrica de Regojo.R. do Hospital: Porque no solar onde se atopa o cemiterio vello houbo un hospital.
· 1ª Travesía Rúa Eidos: Antes do 2005.
R. Isidoro Queimaliños: Nado en Redondela o 22 de outubro de 1850, faleceu o 7 de decembro en 1904 na casa que o vira nacer. Médico moi implicado cos menos favorecidos, subdelegado de sanidade, político liberal e xornalista. Faleceu o 7 de decembro de 1904 ós 55 anos de pulmonía. En 1905 por subscripción popular levantouse un mausoleo na súa tumba e pouco despois puxéronlle o seu nome á rúa na que vivira.
· R. Reveriano Soutullo (durante a II República): Ver actual R. Reveriano Soutullo.
· R. do Medio: A finais do s. XVII xa era chamada así popularmente porque as casas pares pertencían a Reboreda e as impares a Redondela.
· R. do Val ou do Valle: Xa no s. XIV recibía este nome.
· Esta rúa tamén era coñecida popularmente como rúa da Herba, porque, como na praza da Alfóndiga vendíanse productos agrícolas (millo, graos...).
Pz. José Figueroa: José Figueroa Montero. Naceu en Redondela o 11 de xullo de 1880, morrendo en Vigo o 15 de setembro de 1912. Trala morte do seu pai emigrou a Río de Xaneiro (Brasil). Comezou en traballos humildes na hostalaría e acabou sendo propietario de 3 restaurantes. Presidiu a Asociación de Hijos de Redondela creada en Río de Janeiro (Brasil) en 1910. Gracias á súa iniciativa construiuse no concello unha escola (actual centro da terceira idade sito na Xunqueira). O 17 de setembro de 1912 se lle deu o seu nome á praza.
R. José Regojo: Empresario nado en Pontevedra e zamorano de adopción. En Redondela fundou a fábrica textil que levaba o seu nome e que, co tempo, converteriase no motor económico da vila. Faleceu o 14 de xaneiro de 1993 en Vigo. Ver Antigas empresas.
· R. General Mola (durante o goberno de Franco): Nado en 1887, falecido en 1937. Militar español, un dos líderes da rebelión militar do 36 que deu comezo á Guerra Civil. http://es.wikipedia.org/wiki/General_Mola
· R. Telmo Bernárdez (durante a II República 1931-1936). Ver a actual Rúa Telmo Bernárdez.
· Travesía de Vilavella: Nome da parroquia, hoxe integrada na de Redondela.
· Anteriormente era parte da Rúa Real ou Val Real, ver Rúa Padre Crespo.
R. Juan Manuel Pereira: Deputado por Redondela, Enviado Extraordinario e Ministro Plenipotenciario no Imperio da China e nos Reinos de Siam e Annam, Gobernador Civil de Pontevedra e Deputado ás Cortes por Ponteareas. Máis.
· Barrio dos Pasales (antes de 1931):
· R. dos Fornos: Rúa onde había varios fornos de pan.
R. da Leña: Alí se vendía leña, piñas... Este nome xa se empregaba no século XVIII, sendo recuperado no 2008.
R. Loureiro: Nome de árbore con follas empregadas coma condimento ou remedio medicinal.
· Pz. do Leite: Chamada así por ser un punto de venda de leite. Estaba ubicada no punto da rúa Loureiro onde hoxe se conservan varias casas con soportais. Co tempo o punto de venta trasladariase durante varios anos ó cruce das rúas Isidoro Queimaliños, Cruceiro e Telmo Bernárdez.
R. Maceiras: Por estar ó carón do río Maceiras. Chamado así porque por el baixaban as mazás que caían das maceiras de San Estebo de Negros.
Padre Martín Sarmiento.
R. da Marisma: Pola súa situación na zona de marisma hoxe prácticamente desaparecida.
· Nome posto no 2008, anteriormente pertencía á Av. Mendiño.
R. Meixón Frío: Meixón pode ter o significado de “lugar de reunión”.
Av. Mendiño: Trobador galego do S. XIII ou XIV. Máis.
· Paseo Francisco de Federico (durante a II República, só parte da Av. Mendiño): Francisco d Federico Martínez. Nado en Madrid e cuñado do Marqués de Riestra. Foi elexido Deputado ás Cortes por Redondela en 1893 e 1898, ocupando o cargo ata a súa morte, sendo sustituido polo seu fillo, Francisco de Federico Riestra.
R. do Muíño: Pola existencia dun muíño no río Alvedosa. Nome posto no 2008.
R. Muro: Ver Barrios.
R. 8 de Marzo: Día da muller traballadora. Nome dado no 2005.
R. Padre Crespo: Fraile mercedario e investigador de heráldica e xenealoxía. Ver Persoeiros/ Investigación.Do mesmo xeito que a rúa Padre Sarmiento, esta rúa é mal galeguizada como Pai Crespo. No Diccionario Xerais da Lingua atopamos: padre 2. Tratamento de respecto que se lles da ós frades ou sacerdotes da relixión católica (o padre Sarmiento).
· R. Francisco Federico: Ver Av. Mendiño.
· R. Nicolas Salmerón (durante a II República): Presidente do poder ejecutivo durante a I República. http://es.wikipedia.org/wiki/Nicol%C3%A1s_Salmer%C3%B3n
· Calle Vieja: Tramo comprendido entre o viaducto vello e a Farola. Hoxe en día moita xente segue empregando este nome.
· Rúa Real ou Val Real: Parte de Vilavella comprendida dende a Pz. Ponteareas ata a Pz. Ribadavia (actualmente rúas Padre Crespo e José Regojo). Considérase a primeira vila de Redondela. Coincidía cun tramo da vía romana e do camiño portugués.
R. Padre Sarmiento: Pedro José García Valboa. Naceu en Vilafranca do Bierzo (León) o 9 de marzo de 1695, falecendo en Madrid o 7 de decembro de 1772. Os 15 anos ingresou na Orde dos Bieitos, adoptando o nome de Martín Sarmiento. Precursor no estudio da lingua galega no século XVIII, adicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 2002.
http://es.wikipedia.org/wiki/Fray_Mart%C3%ADn_Sarmiento
· Con anterioridade pertencía ao Paseo da Xunqueira.
Paseo do Pexegueiro: (2005) Nome do río.
R. Picota: Pola existencia dunha picota ou rollo, insinia da autoridade señorial. Era o sitio onde se ataban ós delincuentes ou ós responsables das obras gremiais mal feitas, para expoñelos á vergoña pública. Máis.
Pz. Ponteareas: Irmanamento co concello de Ponteareas.
· En séculos pasados era parte de Val Real (actual rúa Padre Crespo). Son terreos que en tempos pertencían ó Convento de Vilavella atravesados polo Camiño Real e a estrada a Vigo. Ata os anos 60 do pasado seculo este convento conservaba diante un espazo coñecido como O Campo das Monxas.
R. Prata: O nome pode estar asociado ó oficio de prateiro.
R. Prego de Montaos: Familia nobre que tivo gran importancia en Redondela. O seu brasón atópamolo na Igrexa de Vilavella, na casa Reitoral de Redondela, na Casa da Alfóndiga, na Casa da Torre, no Pazo de Petán, na Casa do Cristo de Limpias, na Igrexa de Reboreda e no Pazo de Reboreda. Un dos persoeiros máis destacados desta familia foi García Prego de Montaos.
·
1ª Travesía Praza Ponteareas: Antes do 2005.
R. Raimundo Cal: Raimundo Cal Fernández. Naceu en Redondela o 22 de setembro de 1940, falecendo en Vigo o 22 de xaneiro do 2003. Mestre represaliado. Pertencía ó partido galeguista e fixo campaña a prol do Estatuto. Foi detido en 1948 por formar parte do Socorro Rojo, colectivo que axudaba ás familias dos presos políticos, sendo condeado a 6 anos de cárcere. Nas primeiras eleccións municipais democráticas (1979) foi elexido concelleiro polo Partido Comunista. Máis
R. das Regateiras: Fai referencia ás vendedoras de peixe.
Rúa Padre Crespo.
R. Reveriano Soutullo: Naceu o 11 de xullo de 1880 en Ponteareas pero pasou gran parte da súa vida en Redondela, de donde era orixinaria a súa familia materna, faleceu o 28 de outubro de 1932. Compositor de zarzuelas, pasodobles...; que recibiu un premio especial de composición otorgado polo Conservatorio Nacional en 1906. Ver Persoeiros/Redondeláns de adopción.
· R. Rivero (durante o goberno de Franco):
· R. Alejandro Otero (durante a II República): Médico xinecólogo Rector da Universidade de Granada, Concelleiro na cidade de Granada. Deputado socialista por Granada e Pontevedra e Subsecretario de Armamento. Ver Persoeiros/Política.
· R. do Ribeiro: Xa aparece con este nome no s. XIV por ser lugar de paso dos que traían o viño do Ribeiro.
· Coñecida popular e incompresiblemente como rúa do Medio, porque en realidade era Isdoro Queimaliños a rúa chamada así porque as casas pares pertencían a Reboreda e as impares a Redondela. A confusión pode deberse porque esta rúa foi chamada Reveriano Soutullo durante a II República.
Pz. Ribadavia: Irmanamento co concello de Ribadavia.
· Pz. de Rosalía de Castro (durante a II República): Poetisa galega.
· Popularmente, é coñecida como A Farola e, antigamente, tamén era chamada como a praza de Las Tres Luces (nome hoxe perdido), pola colocación dunha farola no centro da praza.
Av. da Ribeira: Ver Barrios.
· R. Nova: Nome do s. XVII.
· R. de Pedro Romay: Nome do s. XVII.
· R. de García Hernández (durante a II República): Ángel García Hernández. Militar español defensor da República que sería fusilado tralo fallido alzamento de Jaca (Huesca) de 1930.
· R. Jose Antonio (despois da guerra): Adicada a Jose Antonio Primo de Ribera (1903-1936). Político español. Uns dos fundadores da Falange Española.
R. Salgueiral: Ver Barrios.
R. San Xoán de Arcal: Probablemente porque no lugar de Arcal atpábase a capela de San Xoán Bautista, propia das monxas do Convento de Vilavella.
· A Canteira: Pola existencia dunha canteira. Dela sacouse a pedra coa que se canalizaron o río Alvedosa e o Maceiras.
Av. de Santa Mariña: Ver Barrios.
· R. Calvo Sotelo: (Durante o goberno de Franco) (1893-1936) Político. Foi Director Xeral da Administración e Ministro de Facenda durante a dictadura de Primo de Rivera. O seu asesinato converteuno nun mártir e precipitou a Guerra Civil.
· Antes da súa urbanización tiña nas súas beiras cadansúa fila de olmos ata a capela.
Pz. Santiago Apóstolo: Nome do santo patrón da Igrexa de Redondela.
· Pz. de San Iago:
Pz. da II República: Recoñecemento para os perdedores da Guerra Civil.
R. Subida á Estación: Subida á estación de trens antiguamente ubicada cerca do viaducto vello (Ourense-Vigo).
Paseo da Xunqueira.Camiño da Tafona (No2008, antes Travesía Padre Crespo): Recibe o nome dunha fonte. Tafona é o establecemento onde se coce e vende o pan. Probablemente foi chamada así pola existencia dalgunha panadaría ou muíño cercano.
· 2ª Travesía Padre Crespo: Antes do 2005.
R. Telmo Bernárdez: Luis Telmo Bernárdez Santomé. Nado o 10 de abril de 1885 na mesma casa que o Xeneral Rubín. Médico de profesión, en 1923 foi elexido alcalde de Redondela, posto que desempeñaría ata 1936. En abril de 1936 foi nomeado Compromisario coa encomenda de elexir ó segundo presidente da República. Xefe provincial de Esquerda Republicana. Foi detido na Guerra Civil, trasladado a Vigo, á Illa de San Simón e a Pontevedra, sendo fusilado o 12 de novembro de 1936 na estrada de Campañó. Déronlle o seu nome á rúa José Regojo en 1931 e en 1979 á rúa actual.
· R. Pablo Iglesias (durante a II República): Pablo Iglesias Posse. Político, fundador do PSOE. Inaugurada o 4 de maio de 1930 por iniciativa da Socidade Obreira da vila. http://es.wikipedia.org/wiki/Pablo_Iglesias
· R. Oriente:
Pz da Torre: Está situada na parte traseira da Casa da Torre.
R. Vilaflores: Nome do lugar.
· Antes do 2008 formaba parte da R. Picota.
R. dos Vimbios: Era o lugar onde se vendían os vimbios para atar as viñas.
· 1ª Travesía Ernestina Otero: Antes do 2005.
Av. Xeneral Rubín: Militar e político. Ver Persoeiros/Militares.
· Antes de 1916 parte da Rúa Ribeira.
Paseo da Xunqueira: Era unha zona de marisma pobrada de xuncos coma o seu nome indica. Este nome foi mal castelanizado como La Junquera, cando en realidade a traducción correcta sería Juncal ou Junqueral.
Sen Ubicar
Av. Antonio Orellana: Nos anos 30. Nado en Soutomaior. Avogado Agrarista e Republicano, foi secretario no xulgado de Soutomaior, concelleiro e secretario no concello de Redondela, masón e mentor do grupo de xóvenes con aspiracións políticas “Los jóvenes turcos”. Tamén foi xornalista sendo director de El Pueblo e redactor de El Alvedosa e La Propaganda.
Barrio de San Francisco. Zona Esfarrapada.
Campo do Pexegueiro: No s. XIX.
Pz. Vella: No s. XVIII.
R. da Porta da Vila: No s. XVIII
Toponimia Menor
Arrotea, a: Lugar
Barras, as: Diques de pedras na desembocadura do río Alvedosa. Construíronse para dar máis fondo ó porto de Redondela, pero o pouco tempo quedaron en desuso polos recheos da marisma e a desaparición do porto.
Belén (Vilavella): Eido.
Cabritas, as (Vilavella)
Campo das Monxas, o (Vilavella): Terreo que pertencía ó convento e que estaba diante del. Ocupado na actualidade polo cruce de estradas na Praza Ponteareas.
Castañal, o (Vilavella): Eido urbanizado.
Congostra da Cabrita: Congostra significa “corredoira”.
Cuarto dos negros (O Muro): Devesa.
Eido de Jarracadelas (O Muro): Eido
Eido dos Biquillos (O Muro): Eido.
Faxina, a (O Muro): Lugar.
Lagares (Vilavella)
Lugar, o (Vilavella)
Lugar de García (O Muro): Eido.
Lugar da Orensana (O Muro): Eido.
Lugar de Felisidá (O Muro): Eido.
Lugar dos Contreros (O Muro): Eido.
Lugar dos Serranos (O Muro): Eido.
Perol (Vilavella)
Ponte, a (Vilavella)
Regueiro do Barro (Vilavella)
Veigas do Amieiro (O Muro): Eido.
Toponimia histórica
Lugar de Josefa Salgado (Vilavella): (Aparece nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona-Diario de avisos de Madrid 08-12-1834 pag 1 y 2)
Lugar de Mera: “de 347 varas” (Aparece nunha listaxe de propiedades á venda por Real Orde Testamentaria á morte de Buenaventura Marcó e a súa dona-Diario de avisos de Madrid 08-12-1834 pag 1 y 2)
Toponimia recollida no Catastro de Ensenada de Redondela (1752)
------Límites
fuente del Mouro
muelle y Río de la Junquera
río de los pazos contiguos
casa de D. Domingo Amill
Puente Longa
puente de Villavieja
molinos de San Román
molino do Carballo
huerta y viña de D. Pedro Ochoa Horcasitas
camino de los Barreiros (hayy marco)
crucero viejo
----
Río do Carballo
Río da vila
----
Ribera
Toponimia recollida no Catastro de Ensenada de Vilavella (1752)
----Límites
Cabrita, la
Fonte do Regueiro do Barro
Muro longo (marco do)
Rabadeira (Rabadeyra)
Fonte de el Castañal de Canabal
Cova Do Ouro, a
Cruz en la casa de Phelipe Mage, veciño de Vigo
Fuente de Reande
Crucero de la Capilla de Nuestra Señora del Socorro
Maceira
Puente Longa: pode ser o de Fenosa
Puente (límite Redondela-Vilavella)
Marco do Paisás
Fonte do Canudo
----
Campo das Pereiras
Anecdotario Redondelán

