Anecdotario Redondelán

Tradicións.

Cono. 2009

Os maios.

            En Construcción.

 

 

Correr ó galo.

            En case todas as parroquias de Redondela era tradición a Corrida do Galo o domingo de Entroido. Consistía en percorrer a parroquia cun galo, que se levaba nunha especie de cesta semellante ós maios. Despois se cantaban unhas coplas e se subastaba o galo. Rematando todo cando se colgaba boca abaixo e se lle cortaba a gorxa. Co tempo, isto último suprimiuse, e a subasta sustituiuse por un sorteo mediante a venta de rifas.

            Esta tradición está practicamente desaparecida, a pesares dalgún intento por conservala.

 

Capilla

As “capillas”.

            Seguramente todos saibades o que son os petos das ánimas, pero os máis xóvenes descoñeceredes o que eran as capillas. Básicamente eran petos para recaudar fondos para dar unha misa, organizar unha procesión ou calquera outro acto relixioso en honor dun santo. Estaban feitos de madeira e medían apróximadamente 40 centímetros de alto. Contiñan unha imaxe do santo protexido por un cristal e, na maioría dos casos, por unhas contras.

Estas capillas íanse pasando de casa en casa, permanecendo 24 horas en cada unha. Podían ser da Virxe do Carme, das Ánimas, do Corazón de Jesús... Na vila chegaron a circular 14 das Angustias. Caso especial era o mercado  de abastos, no que había varias capillas e, cada día, pasábase unha diferente por tódolos postos para que as peixeiras e as súas clientas aportaran o que poideran. Tamén os mariñeiros ó facer o reparto das ganancias, se sobraba algo, facían a súa contribución.

            Os nenos, pola súa banda, aproveitaban o día de San Xoán para facer as súas propias capillas. Xuntaban uns caixóns, apañaban a imaxe dun santo da casa e adornaban o conxunto con frores. Feito isto, uns pedían diante do improvisado altar, mentras outros collían un prato de café e ían polas rúas pedindo por exemplo: “Para a capilla de san Xoán que está na curva de Santa Mariña”. Logo reuníanse e repartían os cartos, eran os tempos das chicas (5 céntimos), os patacos (10 c.) e os rás ou reales (25 c.), pero destes últimos veíanse menos.

 

“A pelón”.

            Nos bautizos é tradición que, á saída da igrexa e baixo o grito de “¡A pelón, a pelón!”, o padriño da criatura lles lance moedas ou lambonadas ós cativos. No caso contrario corre o risco de que lle griten aquilo de “¡Que viva o meniño e que morra o padriño!” ou aqueloutro de “¡Auga, viño e merda para o padriño!”.

 

O xogo do Fol.

            A principios do século XX, os luns de entroido na explanada da Ribeira  xogábase ó Fol. Consistía en que dous mozos, separados uns 20 ou 30 metros, lanzábanse un coxín. Ó que lle caía, botaba 10 céntimos nunha manta na que se recollían os cartos. Co diñeiro recaudado as parellas ían cear e despois ó baile.  

 

San Sebastián.

            O vinte de xaneiro é o día de San Sebastián. En tempos, a noite anterior se poñían a arder barricas cheas de alquitrán na Praza de Abastos. No día, pola tarde, cando saía a procesión, na Alameda disparábase un canón e do ceo caían paracaídas e lambonadas, facendo as delicias dos nenos. Pola noite había baile na sociedade.

            Ó día seguinte era o da Astilla, festa dos carpinteiros. A familia que acollía a festa gardaba o pendón na súa casa ata o ano seguinte. Pola noite tamén se celebraba baile.

 

O Porquiño de San Antón.

            Antigamente, as mozas dábanlle regalos a San Antón para que lles acadara un bo mozo. Algunhas ofrecíanlle un porquiño. Este porco era criado en liberdade, recorría as rúas da vila e a xente dáballe de comer.

Cencerro.

As Cornetadas.

            A principios do século XX, cando se facía público que unha viuva ou viuvo comezaba a verse cunha nova parella os mozos da vila organizaban unha “cornetada”. Confeccionaban uns monecos recheos de palla que representaba ós noivos (similares ó meco do entroido). Saían á rúa con cencerros e calqueira outra cousa que fixera ruído e dirixíanse á casa da viuva ou viuvo. Alí cantábanlle unhas coplas e cando remataban prendíanlle lume ós monecos. Un exemplo das coplas que cantaban sería o seguinte:

Recibimos un parte el otro día

que en este pueblo llegaron a hablar

de una chica que se casa en Villavieja,

los tórtolos se colaban por el Sagueiral.

Sagueiral, Sagueiral, Sagueiral.

 

Los tórtolos son dos en compañía

que luchan ambos por el mismo amor

luchando de este modo se descubre

si la muchacha les hizo algún favor.

Un favor, un favor, un favor.

 

Como la radio no nos oculta

a los agentes de la nación,

se lo contamos sinceramente

porque nos sale del corazón.

 

Maximinito encargó

al fundador de Carril

una camita de hierro

con movimiento sutil.

 

Cuchichi, cuchichá.

¡Viva la cencerrada!

Cuchichi, cuchichá.

¡Ella ahí la va!

            Aínda en xaneiro de 1934 criticábase na prensa local que as autoridades non fixeran nada por acabar con esta tradición, dando conta dunha cornetada feita a un veciño de O Viso viúvo e con varios fillos que casara de novo. A broma durara ¡9 días!, e pouco faltara para que chegara a maiores.