Xeneralidades de Redondela
Fervenza en Reboreda.Redondela é un concello da provincia de Pontevedra (Galicia). Ten unha superficie de 52’1 km2 e unha poboación que ronda os 30.000 habitantes. Limita ó norte con Sotomaior, ó leste con Pazos de Borbén, ó sur con Mos e Vigo e ó oeste coa ría de Vigo. Estando dividido en 13 parroquias:
- Cabeiro
- Cedeira
- Cesantes
- Chapela
- Negros
- Quintela
- Reboreda
- Trasmañó
- O Viso
Festas Relixiosas e Paganas.
Entroido. En Redondela.
Festas dos Maios. 1º de Maio en Redondela.
Festival Internacional de Títeres. 2ª quincena de Maio en Redondela.
Festa da Coca. Corpus Christi (Maio-Xuño) en Redondela.
Festa de San Xoan. 24 de Xuño en Cabeiro. Tamén se fan fogueiras na Portela e Cesantes.
Festa dos Fachos. Último fin de semana de xuño no Viso.
Festas do Carme. 16 de xullo en Cesantes e Chapela.
Festa de San Pedro. 4ª semana de xullo en Cesantes.
Festa do mariñeiro. 1º fin de semana de agosto en Cesantes.
Festa da Virxe da Peneda . 5 de agosto no Viso.
Festa de Santa María. 15 de agosto en Reboreda e O Viso.
Entroido de Verán. 3º fin de semana de agosto en Redondela.
Festa das Angustias. 3º fin de semana de agosto en Redondela.
Festa da Nosa Señora dos Dores. Finais agosto na Teixeira (O Viso).
Festa de San Andrés. 30 de novembro en Cedeira.
Festa de San Martiño. 11 de novembro en Ventosela.
Festa de San Román. 18 de novembro en Saxamonde.
Festas Gastronómicas.
Festas do Choco. 2º fin de semana de Maio en Redondela.
Festa do Mexilón. En agosto ou setembro en Chapela.
Festa da Mazá. 1º domingo de outubro en Negros.
Festa do magosto. 1ª quincena de novembro en Cedeira.
Festa da orella de porco. 1ª quincena de novembro en Cedeira.
Feiras.
Feira en Redondela. Os días 6 e 21 de cada mes.
Feira en Chapela. Os días 2 e 16 de cada mes.
Oferta Cultural.
Os Viadutos. O Concello celebra dende o ano 2000 este certame literario de relatos curtos
Teatrarte. Certame de teatro organizado polo Concello.
Redondela en Curto: Certame de curtametraxes.
http://www.redondelaencurto.com/
Festival internacional de títeres (Memorial Juanjo Amoedo): Teñen participado grupos de puntos tan dispares coma Australia, India ou Arxentina. Celebrouse por primeira vez no 2000 e dende aquela non parou de crecer a asistencia de público.
¡Las imágenes de la galería necesitan por lo menos la versión de Flash 9.0.28!
Instala la versión más reciente de FlashPlayer.
Lixo Rock: Concerto alternativo na Alameda. A organización pon escenario e instrumentos a disposición de todo o que quera actuar.
http://www.blogoteca.com/lixorock/
Festival Alternativo Millo Verde: Dende o 2007. Festival con área de acampada que se realiza na marisma. Os grupos participantes tocan os máis diferentes estilos: rock, ska, heavy... Paralelamente, realízanse outras actividades como charlas, xogos populares, actuacións de rúa...
http://milloverde.blogaliza.org/
A Noite da Lúa Meiga: Festival de música folk que se celebra en O Viso. Organizada pola agrupación folklórica Terra Meiga vense realizando dende o ano 2001. Ademáis da música tamén ofrecen xogos populares e mostras de artesanía.
http://www.noitedaluameiga.org/
Arrastro Rock Festival : Festival de música en Reboreda dende o 2007.
http://www.myspace.com/arrastrorockfest
Arde Rande: Festival debaixo da Ponte de Rande tamén dende o 2007.
Noites máxicas dos Viaductos: Programación cultural do Concello para o vran. Nel teñen cabida diferentes tipos de música dende o folk galego ata o gospel estadounidense, pero tamén o cine e o teatro. As actuacións teñen lugar na Praza da Torre. Inclue:
Festival Folk Arealonga: En Chapela.
Artistas na rúa: Certame celebrado na Alameda dende o ano 2000, conta coa actuación de magos, paiasos, músicos, malabaristas e equilibristas.
Entroido de verán: Ofrece música festeira tendo actuado Georgie Dan, La Orquesta Mondragón... (Ver Entroido)
Outros:
Pubs, Cafés...
A Fragua tenta ofrecer concertos tódolos fins de semana, está no circuito da Rede Galega de Música ao Vivo. A Tenda de Candelaria, O Escondidiño e Café da Vila teñen unha programación de verán na rúa Meixón Frío con música ó vivo e contacontos. OBarcou oferta, entre outras actuacións, a monologuistas da Paramount Comedy. Outros, ás veces, tamén celebran concertos coma Disco@, La Fábrica ou Vinchuca.
Exposicións
Ademáis das exposicións organizadas polo Concello e o albergue de peregrinos a Casa da Torre, diversos locais ofrecen as súas paredes ós artistas: O Escondidiño, Café da Vila, Casa Mucha...
Varios
Destacar por último ós Centros Culturais (coa súa propia programación) e de tódolas asociacións e colectivos que me quedan no tinteiro.
Máis información na Web do Concello:
Anecdotario Redondelán

