Sociedades Agrarias

 

As sociedades agrarias nacen en Galicia a finais do s. XIX para defender os intereses dos labregos, principalmente contra os foros. Lavadores, Teis e Redondela formaban o núcleo do movemento agrario da provincia de Pontevedra. Entre 1908 e 1919 celebráronse 7 Asembleas Agrarias Galegas. O movemento agrario en Redondela viviu o seu máximo explendor en outubro de 1915 coa organización da Sexta Asamblea Agrícola Regional, celebrada no local da Sociedade de Mariñeiros.

 

           Na Segunda Asamblea magna de agrarios sindicados y no sindicados celebrada en Vigo o 31 de marzo de 1918 Redondela tiña a seguinte representación: por "La Progresiva" de San Fausto de Chapela, José Antonio Mosquera; pola Sociedad de agricultores de Trasmaño, Ramón Carballo; Sociedad de agricultores de Cesantes (Redondela), Ramón Sestelo; polas Sociedades agrarias de Arcade, Cedeira, Reboreda, Cabeiro, Sajamonde, Quíntela y Villar (del distrito de Redondela), Serafín Reboredo Blanco; e polos agricultores non sindicados de Redondela José Novas.

 

Coa proclamación da I República en 1931 estas sociedades viviron unha reorganización por iso veremos a continuación que voltaron a constituirse con esa data. Nas eleccións municipais de Redondela do 23 de abril de 1933, foron elexidos 11 agrarios, 5 derechistas, 2 socialistas, 1 republicano independente e 1 galeguista. Este éxito do agrarismo é aínda maior se pensamos que todos pertencían á disciplina da Federación Agraria Provincial, polo que non estaban baixo a disciplina de ningún partido político nacional.

 

A finais de 1934 a Federación Agraria sométese á lei de Sindicatos e pouco a pouco as Sociedades Agrarias vánse transformando en Sindicatos.

 

Todo remataría co inicio da Guerra Civil en xullo de 1936, incautándose as sedes e pertenencias das sociedades agrarias de Cedeira, Cesantes, Chapela, Reboreda, Vilar e o Viso, ademáis da dos Partido Galeguista, Izquierda Republicana e a Casa del Pueblo, que albergaba os locais do Partido Comunista e a Agrupación Socialista.

 

A continuación citarei os datos máis relevantes atopados das sociedades agrarias de Redondela, ás que habería que engadir á Sociedade de Mariñeiros, que veremos no apartado Colectivos e asociacións de principios do s. XX, por ter unha larga traxectoria no tempo ata chegar aos nosos días.

 

 

 

 

Asociación de Propietarios y Agricultores de Reboreda, Quintela y Ventosela.

 

           En xuño de 1901 foi aprobado polo Gobernador civil o reglamento desta asociación. Despois da de Chapela, serían as primeiras parroquias en tentar agrupar aos seus agricultores. Tería continuidade nas Sociedades agrarias de Quintela, Reboreda e Ventosela.

 

 

 

 

Federación Agraria municipal de Redondela

 

         Representaba a 10 sociedades asociadas (Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Trasmañó, Ventosela, Vilar e O Viso) . En marzo de 1920 estivo representada polo seu presidente, Manuel Pérez, nunha reunión no Concello para tratar que o tranvía chegara a Redondela. En 1934 tiña a súa sede en Cedeira. En decembro convértese en Sindicato Agrícola y Ganadero.

 

         En xaneiro de 1935 a Federación Agraria de Redondela, xa acollida á lei de Sindicatos, nomeou a xunta directiva que a rexiría nese ano: presidente, Sabino Villanueva; vicepresidente, Eulogio Z. Mouriño; secretario, Bernardino Vila; vicesecretario, Juan Martínez; tesoreiro, Salvador Cabaleiro; contador, Demetrio Casas; vocais: Jose Ramón Vidal, José Martínez e Perfecto Blanco. Delegados á Federación Provincial: Bernardino Vilas e Demetrio Casas. Delegados aos Congresos Provinciais: Bernardino Vilas, Demetrio Casas e Juan Martínez. Daquela acollía a dez Sindicatos filiais con 997 asociados.

 

         Como sucedeu no resto de Galicia, tivo grandes dificultades para cumprir co seu principal obxetivo, a redención de foros. Aínda en xuño de 1935 denunciaba ante a Federación Agraria provincial a detención de varios compañeiros polo desacato no pago de foros.

 

         En marzo de 1936 a Federación local de Redondela, composta polos sindicatos de Negros, Cabeiro, Ventosela, Saxamonde, Cedeira, Reboreda, Cesantes, Trasmañó, Vilar de Infesta e O Viso, nomeou xunta directiva: presidente, Sabino Villanueva; vicepresidente, Bernardino Vila; secretario, Fermín Blanco; vicesecretario, Juan Martínez; tesoreiro, Demetrio Casas; e vocais: Salvador Cabaleiro, Juan Santos García e Manuel Álvarez. Delegados á Federación Provincial Agraria: Sabino Villanueva e Fermín Blanco. Delegados aos Congresos provinciais Agrarios: Fermín Blanco, Juan Martínez e Sabino Villanueva. Esta federación, fixera na campaña electoral pasada, un labor importantísimo a prol do Frente Popular.

 

         Nese mesmo mes, no Congreso provincial celebrado en Gondomar acórdase que o Congreso de 1937 se celebre en Redondela, encargándose a Federación local da organización do evento. O inicio da Guerra Civil impediría a súa celebración.

 

 

Sociedad Agraria “La Ideal”, de Cabeiro.

 

En abril de 1918 foron presentados no Goberno Civil de Pontevedra para a súa aprobación os reglamentos de tres novas sociedades agrarias do distrito de Redondela: “La Salvadora”, de Negros; “La Unión”, de Cedeira; e “La Ideal”, de Cabeiro.

 

Reconstituida en 1931, pouco despois da de Vilar. En xullo de 1932 celébrase un mitin galeguista en Vilar e Cabeiro, falando Álvarez Gallego, Martínez López, Paz Andrade e o deputado por Ourense, Otero Pedrayo.

 

En marzo de 1934 constitúese en Sindicato Agrario de Cabeiro. En xaneiro de 1935, celebrou xunta anual, nomeándose: presidente, Paulino Lago; vicepresidente, José María Castro; secretario, José Álvarez; vicesecretario, Manuel García; tesoreiro, Enrique Lago; contador, José Balado; vocais: Manuel Álvarez, Manuel Loureiro e Jesús Bastos. Delegados á Federación de Redondela Manuel Álvarez, Victoriano Álvarez e Manuel Rodríguez. Delegados aos congresos da Federación Provincial Benigno García, Alejandro Bastos, Leopoldo Álvarez, Antonio Cabaleiro e Francisco Romero.

 

 

 

Sociedad Agraria de Cedeira.

 

        O día 27 de xuño de 1910 celebrouse en Cedeira un mitin societario antiforal. Asistiron arredor de 1.500 persoas, moitas delas levadas pola súa admiración ao xeneral Rubín, candidato que daquela fora derrotado nas eleccións a cortes. No cruce da Raíña construiuse unha tribuna engalanada coas cores nacionais, que foi ocupada polo presidente Sr. Rivas, os representantes das sociedades agrícolas de Teis, Candeán, Chapela, Cesantes, e o Viso, o avogado de Vigo, Sr. Espino, os de Redondela, Sres. Amoedo e Contreras; os médicos Sres. Pereira e Bernárdez e o representante da autoridad Sr. Moscoso. Falaron Santos García, de Cesantes; Rodríguez Martínez, de Candeán; Crespo e Martínez, de Teis, e as xóvenes tamén desa parroquia Elena Estévez, Leopolda Covela e Carmen Álvarez; os avogados Contreras, Amoedo e Espino; e o médico Pereira Míguez.

 

         Este acto foi a lanzadeira para a constitución da Sociedade Agraria de Cedeira, nomeándose presidente honorífico ao deputado a Cortes, Francisco de Federico y Riestra e socios honoríficos a José Fernández Domínguez e Indalecio López. Formaron a directiva: José Acuña Figueroa, presidente; Jesús Queimaliños, vicepresidente; Francisco Barciela, secretario; Jesús Cabaleiro, vicesecretario; Manuel Queimaliños, tesoreiro; Antonio Barciela Ricón, Manuel Fernández Pérez, Perfecto Garrido Lago, Perfecto Barros Baltar e José Álvarez Estévez.

 

          En 1912 os emigrantes residentes na Argentina, enviáronlle una colección de libros, formada por 104 volumes, para crear unha biblioteca.

 

Sociedad Agraria “La Unión” de Cedeira

 

En abril de 1918 foron presentados no Goberno Civil de Pontevedra para a súa aprobación os reglamentos de tres novas sociedades agrarias do distrito de Redondela: “La Salvadora”, de Negros; “La Unión”, de Cedeira; e “La Ideal”, de Cabeiro.

 

En marzo de 1920 estivo representada polo seu presidente, José Acuña, nunha reunión no Concello para tratar que o tranvía chegara a Redondela. En decembro de 1934 da unha conferencia no seu centro o xove veterinario desta vila, Isaac Reboredo Fernández. A charla versaba sobre a enfermidade no gando porcino.

 

 

 

 

Sociedad de Agricultores de Cesantes.

 

         En outubro de 1903 quedaron constituidas as Sociedades de Agricultores de Cesantes e o Viso.

 

         En 1912 elexiu nova xunta directiva: Presidente, Marcial Míguez Cabaleiro; vice, Jose Manuel Tojeiro; secretario, Santos García; vice, Jose manuel Cabaleiro; depositario, Francisco Rodríguez; contador, Plácido Rivas; vocais, Ramón Muíños Casal, Manuel Barreiro, Domingo Dacosta e Ángel Barreiro. Delegados: en Coto, José Rivas; en San Pedro, Jenaro Rivas; en Carballino, José B. Barreiro, en Outeiral, José Cabaleiro e en Ventosela, José María Lago.

 

Na segunda asamblea de agrarios sindicados e non sindicados celebrada en Vigo o 31-3-1918, foi representada por Ramón Sestelo.

 

En outubro de 1923 o novo governo militar autoriza a esta sociedade a reunirse os domingos.

 

En 1927 nomeou nova xunta directiva: Presidente, Manuel Amoedo Cura; vice. Santos Rivas Amoedo; secretario, José Ramón Vidal; vice. Fermín Pintos; contador, Avelino Barreiro; tesoreiro, Domingo Amoedo Barreiro.

 

No seu local houbo dous mitíns galeguistas un o 22 de maio de 1932, no que, se ben non puido asistir o anunciado Alexandre Bóveda, despois da presentación feita polo presidente da sociedade e por Blanco Alfaya do Partido Galeguista de Redondela, tomaron a palabra Víctor Casas, Álvarez Gallego e Paz Andrade. O segundo tería lugar en abril de 1933, falaron Bóveda, Álvarez Gallego e o deputado Suárez Picallo. 

 

           En xullo de 1935, convertiuse en Sindicato Agrícola y Ganadero, aprobando o seu reglamento modelado da Federación Provincial e nomeando nova xunta directiva: presidentte, Clemente Míguez; vicepresidente, Luciano Pereira; tesoreiro, Avelino Barreiro; contador, José M. Cabaleiro; secretario, Manuel Barciela; vicesecretario, José Giménez; vocais, Manuel Amoedo, José Pérez e Casimiro López.

 

En abril de 1936 nomeou a: presidente, Ramón Sestelo; vicepresidente, Casimiro López; secretario, Francisco Davila; vicesecretario, Ángel Crespo; tesoreiro, Casto Barbeito; vocales, Constante Sequeiro e José Giménez. Delegados á Federación de Redondela: Ramón Sestelo, Fermín Gómez e Santos García. Delegados aos congresos provinciais: Santos García, Domingo Sobral, Fermín Gómez, Casimiro López e José Ramón Vidal. No seguro mutuo de gandos figuraban 113 reses vacunas cun valor de 76.350 pesetas. Contando daquela con 145 asociados.

 

 

 

Sociedade Agraria de Chapela, actual mercado. Foto: J. Migueles, 2010
Sociedade Agraria de Chapela, actual mercado. Foto: J. Migueles, 2010

 

 

Sociedad Agraria de Chapela “La Progresiva”.

 

A súa sede era a actual Praza de Abastos de Chapela, construida con préstamos sen interese dos propios socios. Foi unha das primeiras sociedades agrarias en fundarse. En xaneiro de 1901 foi clausurada por orde do gobernador civil.

 

O 21 de agosto de 1909, sendo presidente Ángel Santorio, abren unha escola para os fillos dos socios, que sería pechada en maio de 1910 por non axustarse ás disposicións vixentes.

 

En abril de 1910, no Cristo da Encarnación celebran un mitin antiforal e societario. Falaron: Santos García, pola Soc. Agraria Cesantes; Jacinto Crespo, do Directorio Antiforal de Teis; José Pereira, concelleiro de Redondela e representante da Soc. Agraria do Viso; Juan Amoedo Seoane, avogado da vila pola Soc. Agr. De Lavadores; Carmen Álvarez; Claudio Contreras, tamén avogado da vila pola Soc. de Mariñeiros de Redondela; Elena Estévez de Teis; Adolfo Gregorio Espino, avogado de Vigo; Prudencio Landín, avogado e catedrático da Normal de mestras da Coruña; e Benito Estévez, pola Soc. Agr. de Lérez.

 

En 1912 estaba presidida por Ramón Broullón e en 1913 noméase: presidente, Benito Durán Rodríguez; vicepresidente, Domingo Rodríguez Lago; secretario, Lino Vila (reelexido); vicesecretario, Antonio López Gómez; contador, Robustiano Erquiza Lage; depositario, Benito Otero López; vocais: Antonio Cabaleiro López, Antonio Mosquera Pérez e Ramón Boullón Chapela.

 

En xuño de 1914 comezan as conferencias instructivas aos seus socios.

 

Na segunda asamblea de agrarios sindicados e non sindicados celebrada en Vigo o 31-3-1918, foi representada por Jose Antonio Mosquera.

 

En 1923 a directiva queda constituida por: presidente, Robustiano Erquicia Lago; vice, José Veiga Puga; secretario, Lino Vila Broullón; vice, Amador Ballestteros Mos; contador, Justo Otero López; depositario José Antonio Mosquera Pérez; vocais: Gregorio Cabaleiro, Manuel Ávila Rodríguez e Joaquín Santorio Campelos. E ao ano seguinte por: presidente, José Veiga Puga; vicepresidente, Robustiano Erquicia Lago; secretario, Lino Vila Broullón; vicesecretario, Manuel Álvarez Luis; contador, Amador Ballesteros Mos; depositario, Justo López Otero; vocais: Joaquín Santorio Campelos, José Domínguez Santamaría e Florentino López Álvarez. Conselleiro da cooperativa, José Veiga Puga, e da Xunta de Beneficencia, Gregorio Cabaleiro Reboreda.

 

Os fillos de Chapela en Montevideo, en maio de 1925, regalan a esta sociedade un estandarte de cor vermella con cintas coas cores nacionais de España e Uruguai.

 

Para o ano 1929 elíxese a: presidente, Gregorio Cabaleiro; vicepresidente, Ramón Broullón Chapela; secretario, Andrés Mencía Roig; vicesecretario, Eugenio Rodríguez Cabaleiro; contador, Enrique González Lago; depositario, Justo López Otero; vocais: Luis López Álvarez, Ramón Mosquera e José López Gómez.

 

En novembro do 1933 acolle un mitin de Izquierda Republicana no que interviron Isla Couto, Martínez, Domínguez, Poza Juncal, Telmo Bernárdez e Alfonso R. Castelao.

 

Co inicio da Guerra Civil a súa sede foi incautada e co tempo convertida en Mercado.

 

 

 

Sociedad Agraria “La Salvadora”, de Negros.

 

En abril de 1918 foron presentados no Goberno Civil de Pontevedra para a súa aprobación os reglamentos de tres novas sociedades agrarias do distrito de Redondela: “La Salvadora”, de Negros; “La Unión”, de Cedeira; e “La Ideal”, de Cabeiro.

 

Sociedad Agraria de Negros.

 

           Creada en novembro de 1931. En febreiro de 1935, xa baixo o nome de “Sindicato Agrícola y Ganadero de Negros”, nomeou a directiva que o rexirá no exercizo 1935: presidente, Francisco González; vicepresidente, José Lago; secretario, Antonio Loureiro; vicesecretario, Fernando Gómez; tesoreiro, Antonio Otero; contador, José Benito Garrido; vocais: Manuel Mouriño e Sabino García. Delegados á Federación de Redondela: Francisco González, Justo Cabaleiro e Rafael Pérez. Delegados aos Congresos Provinciais: Francisco Gómez e Antonio Teijeiro. A caixa social tivo un movemento de 212´65 pesetas no ano de 1934.

 

          En febreiro de 1936 nomeouse a: presidente, Justo Cabaleiro; vicepresidente, Francisco González; secretario, Rafael Pérez; vicesecretario, Luis Álvarez; tesoreiro, Antonio Otero; contador, José Crespo e vocais: Manuel Mouriño, Basilio Lago e Lorenzo Crespo. Delegados á federación local: Justo Cabaleiro, Rafael Pérez e Francisco González. Delegados ós congresos provinciais agrarios: Justo Cabaleiros e Francisco González. Ten 40 asociados e operou na Central de Compras por valor de 1.251´75 pesetas, obtendo un beneficio de 63´86 pesetas, que o devolve á federación provincial.

 

 

 

 

Sociedad Agraria de Quintela "La Unión"

 

En novembro de 1927 o enxeñeiro xefe de Obras Públicas, o director de camiños veciñais, e o deputado provincial, señor Laforet, inspeccionaron e recibiron a nova estrada Redondela-Galleiro, cuxa construcción foi adxudicada á "Sociedad La Unión" que en Quintela presidía o párroco Alfonso Álvarez Gil. (NOTA: Ata o de agora é a única noticia que atopei desta sociedade e arríscome a catalogala de Agraria aínda que non confirmei este punto).

 

 

 

 

Sociedad Agraria de Rande y Cotarelo

 

         Constituiuse en xullo de 1910 en Rande comprendendo este barrio e o de Cotarelo. Nomeouse presidente honorario ao deputado a cortes por Redondela Francisco de Federico y Riestra. Quedando constituida a directiva por: Bernardo Iglesias López, presidente; Alejandro Cabaleiro, vicepresidente; José Conde Rocha, secretario; Jesús Cabaleiro, vicesecretario; Manuel Cabaleiro Rodríguez, depositario; José Álvarez Otero e Florentino González, vocais.

 

 

 

Sociedade Agraria de Reboreda 2011 Foto J Migueles
Sociedade Agraria de Reboreda 2011 Foto J Migueles

 

Sociedad Agraria de Reboreda “La Redentora”.

 

Constituida en xullo de 1910 por: José Vidal Ricón, Presidente; José Casal Míguez, vicepresidente; Manuel Couñago Míguez, secretario; Rogelio Couñago Míguez, vicesecretario; Manuel Otero Amoedo, tesoreiro; Manuel Bouzón Reguera, Cándido Míguez Míguez e José Rivera Míguez, vocais. Foi nomeado Presidente honorífico o deputado a Cortes Francisco de Federico y Riestra, e Socios Honoríficos a: Graciano Mandado, José Novás e Justo M. Tojeiro. En novembro dese mesmo ano a sociedade merca un solar para construir o seu propio edificio.

 

En marzo de 1924 unha nova xunta directiva estaba formada por: presidente, Manuel Vilas; vice, José García Dios; secretario, Adolfo Boullón; contador, Bernardo González; depositario, David González; vocais: Paulino Darriba, David Posada, Juan Fernández, José González e Arturo Toucedo.

 

En outubro de 1929 inaugúrase a bandeira desta sociedade, fixeron uso da palabra Heliodoro Rivas, en representación do alcalde Saturno Cal; Santos García, en representación da sociedad de Cesantes; Gama, da de Lérez; Álvarez García, da de Tomeza; e os avogados Poza Juncal e Paz Andrade. Participaron representacións da sociedad de mariñeiros, de canteiros e de carpinteiros e oficios varios, que coa de Reboreda subiron a dita parroquia dende a rúa Alfonso XII precedidas da banda de música de Cabeiro.

 

A nova directiva para 1932 estaría formada por: presidente, Fermín Monroy; vice, José González; secretario, Bernardo González; vice, Serafín Gesteira; contador, Bernardino Vilas; e tesoreiro, Manuel González.

 

En outubro de 1935 inauguran as súas novas instalacións na Carambola, actuando a Banda de Música de Cabeiro.

 

Como Sindicato Agrícola de Reboreda nomeou nova xunta directiva para o ano 1936: presidente, José Vilas; vicepresidente, Marcelino Míguez; secretario, Antonio Amado; vicesecretario, Manuel Bouzas; tesoreiro, Silvio Sestelo; contador, Manuel Díaz; vocais: Manuel Míguez, Sergio Dacosta e Manuel González; vocais delegados á Federación local: José Vilas, Bernardino Vilas e Bernardo Rodríguez. Delegados aos congresos provinciais: Benigno Bouzón e Bernardo González. Tiña un seguro mutuo de 97 reses, que estaba valorado en 43.400 pesetas. O seu capital o constituía o edificio de recente construcción valorado en 20.000 pesetas. Contando con 100 asociados.

 

 

 

 

Sociedad Agraria de Sajamonde “La Protectora”

 

          En marzo de 1936 o Sindicato Agrario de Saxamonde nomeou nova xunta directiva: presidente, Rogelio Rodríguez; vicepresidente, Cipriano Cabaleiro; secretario, Juan Alfaya; vicesecretario, Alfredo Couñago; tesoreiro, Manuel Pérez; contador, Amadeo Veiga; vocais: Agustín Crespo, José Balado e Manuel Rodríguez. Delegados á Federación de Redondela: Rogelio Rodríguez, Ramón Castro e Lino Lago. Contaba con 42 asociados e operara na Central de compras no ano 1935 por 1.412'90 pesetas, obtendo de bonificacións 54'38 pesetas que lle liquidara a provincial.

 

 

 

 

Sociedad de Agricultores y Marineros de Sotojusto.

 

         En agosto de 1933, o Governador civil aprobou o reglamento desta sociedade. Formada definitivamente en setembro de 1934 con cerca de 80 asociados.

 

 

 

Sociedad Agraria de Trasmañó “La Predilecta”.

 

         A primeira referencia que atopo é na segunda asamblea de agrarios sindicados e non sindicados celebrada en Vigo o 31-3-1918, na que foi representada por Ramón Carballo.

 

En marzo de 1932 consegue que o Concelle paralice unhas obras sen permiso no monte. En febreiro fanlle unha homenaxe a Benigno F. González, gran benefactor da parroquia. Neste acto participaron Castelao e Alejandro Bóveda.

 

          En maio de 1936, a que fora Sociedad de Agricultores de Trasmañó, transformada en Sindicato Agrícola y Ganadero, nomeou a seguinte xunta directiva: presidente, Cándido Pérez; vicepresidente, Jacinto Álvarez; tesoreiro, Baltasar Otero; contador, José Benito Docampo; secretario, Jesús Álvarez; vicesecretario, Benigno González; vocais: Victorio González, Manuel Veiga e José Luis Rodríguez.

 

 

Sociedad Agraria de Ventosela.

 

Baixo o nome de Sindicato Agrícola de Ventosela, en febreiro de 1935 celebrou xunta xeral, nomeando: presidente, Manuel Bouzón; vicepresidente, Arsenio Iglesias; secretario, Joaquín Nogueira; vicesecretario, Ramiro Couñago; tesoreiro, Luis Couñago; contador, David López; vocais, José Couñago, José Lago e Juventino Gallego; Delegados á Federación de Redondela, Manuel Bouzón, Humberto Toucedo e Francisco Soto. Delegados aos congresos provinciais, Manuel Bouzón Veiga, Joaquín Nogueira, Luis Couñago, David López e Ramiro Couñago. Ten un seguro mutuo de gandos en función de 79 cabezas por valor de 31.200 pesetas e conta con preto de cen asociados.

 

En febreiro de 1936 nomeou nova xunta directiva: presidente, David López; vicepresidente, Juventino Gallego; secretario, Ramiro Couñago; vicesecretario, Perfecto Bouzón; tesoreiro, Luis Couñago; contador, Francisco Soto; e vocais: Jesús Couñago, Arsenio Iglesias e Constantino Couto. Delegados á federación local de Redondela: Fermín Blanco, David López e Arsenio Iglesias. Delegados ós congresos provinciais, Jesús Couñago, Manuel Bouzón, Joaquín Nogueira, David López e Ramiro Couñago. Funciona con 60 asociados e ten un seguro mútuo de gandos de 79 cabezas, valoradas en 33.800 pesetas. Pechou o exercicio cun saldo favorable de preto dun millar de pesetas. Operou na Central de Compras.

 

 

 

 

 

Sociedad Agraria de Vilar “El Ideal”

 

          Constituida en 1931, en agosto dese ano xa estaba composta pola práctica totalidade dos veciños. En marzo de 1932 solicita ao Concello que constrúa dunha vez unha ponte para que persoas e animais non teñan que cruzar o río, para evitar que ata nos enterros teñan que cruzar co cadaleito pola auga. En xullo dese mesmo ano celébrase un mitin galeguista en Vilar e Cabeiro, falando Álvarez Gallego, Martínez López, Paz Andrade e o deputado por Ourense, Otero Pedrayo.

 

           En xaneiro de 1936 o Sindicato Agrícola de Vilar elexiu nova xunta directiva: presidente, Secundino Martínez; vicepresidente, Manuel Martínez; secretario, Manuel Álvarez; vicesecretario, Severino Davila; tesoreiro, Alejos Rodríguez; contador, Resolio Varela; vocais: Manuel Villar, Juan Martínez e Carlos Paratcha. Delegados á Federación local de Redondela: Secundino Martínez, Juan Martínez e Severino Davila. Tiña seguro mútuo de gandos de 54 reses por valor de 24.000 pesetas; contaba con 42 asociados e rendiu contas con saldo favorable. Operou na Central de Compras por 900 pesetas obtendo un resultado de 46'95 que percibiu da provincial ao remate do exercicio de 1935.

 

 

 

Sociedade Agraria do Viso 2009
Sociedade Agraria do Viso 2009

 

Sociedad Agraria de O Viso.

 

            En outubro de 1903 quedaron constituidas as Sociedades de Agricultores de Cesantes e o Viso.

 

A súa presidencia foi ocupada varias veces por Claudio Sotelo, mestre interino na parroquia, que sería despedido na estación polos membros da sociedade o 19-09-1927, por ser trasladado a unha escola de Lugo.

 

Entre os actos nos que participaron apuntar que en 1910 foron a recibir á estación de Redondela ó agrarista Emilio Rodal.

 

Tamén destacar entre os seus membros a Casimiro Movilla Rodríguez, de O Viso, que antes de ser nomeado alcalde de Redondela en 1923 fora un destacado militante desta sociedade.

 

Esta sociedade era o motor cultural da parroquia do Viso, parte das súas instalacións foron cedidas para a escola estatal e contaba cun cadro de declamación dirixido polo mestre Claudio Sotelo Loureiro, quen chegaría a presidir a sociedade en varias ocasións. Outro presidente sería José Manuel Vidal Sotelino, en 1926.

 

 

 

Texto: J. Migueles

Data: 02-11-2017

BIBLIOGRAFÍA

 

Arredor de nós. Historia da Policía Local 1863-2003. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. 2003.

 

Redondela, crónica dun tempo pasado. A Segunda República e o primeiro franquismo. Gonzalo Amoedo e Roberto Gil. Edicións do Castro 2002.

 

Galeguismo e sociedade na Redondela da Segunda República. Lois Barros. Edicións do Castro.

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Pueblo Gallego, El Ideal Gallego, Diario de Galicia (Santiago), La correspondencia gallega, El Eco de Galicia, Boletín Oficial del Colegio Provincial de Médicos de Pontevedra, El Correo de Galicia, La Idea, El Noticiero de Vigo, La Integridad, El Progreso, El Diario de Pontevedra, Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego, Céltiga

 

Biblioteca Nacional de España www.hemerotecadigital.bne.es=> El Sol (Madrid)

 

USC>F.U. ESCOLAS DE SOCIEDADES, S.H. 230, Exp. 13/Escuela de la Sociedad de Agricultores de Chapela "La Progresiva"