A Bañeira e a Pedra da Moura (O Viso)

 

           Para un pequeno paseo podemos tomar o camiño portugués de Santiago ao seu paso polo Viso, partindo dende o parque do Loureiro onde hai unha fermosa fonte e un cruceiro ademáis de mesas. Seguiremos por un tramo de terra que nos levará ata outro de asfalto onde atoparemos o que en tempos foi unha casa de postas, diante da cal se colocou unha especie de expositor onde os pelegríns deixan cunchas, fotos, calzado... A un e outro lado deste punto existen dúas pedras singulares:

 

 

 

 

A Bañeira da Moura

 

          O nome da Moura e os Mouros sempre van ligados a lendas referentes aos antigos poboadores de Galicia, non confundir cos habitantes do norte de África. Como todo este tipo de pedras está escavada para conter auga coa que realizar rituais de purificación, xa sexa do corpo para curar enfermedades ou da alma mediante ritos místico-relixiosos.

 

          A carón desta pedra hai outra con petroglifos na que se aprecia unha gran cruz e varias coviñas.

 

 

Ubicación:

 

          Deixando o camiño de Santiago collemos á esquerda, pasando por diante da Tapería Lume Novo. Primeiro cruce á dereita, a carón dunha traída de auga. Cando o sendeiro comeza a descender xirar novamente á dereita.

 

 

A Pedra da Moura.

 

Un pouco máis afastada atópase esta pedra culminando un pequeno montículo. Tamén está gravada cunha cruz e varias coviñas. Apesares do liquén e o musgo tamén se poden apreciar algunhas letras de épocas máis recentes.

 

Ubicación:

 

Na Subida ao Cruceiro do Viso. Deixamos o camiño de Santiago para coller desta volta á dereita. Subimos pola estrada e no primeiro cruce xiramos á dereita. Seguimos a estrada e do lado esquerdo entre o primeiro e segundo ramal atopamos a pedra.

 

42.315707, -8.604960

 

 

Texto: J. Migueles

 

Actualizado: 14/02/2019

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Visitas guiadas por Xurxo Constela. A Citania S. L.

 

Comentarios: 0