A Peneda (O Viso)

          A Peneda é un monte que marca o límite entre Redondela (parroquia do Viso) e Soutomaior. A pesares de non ser unha cota demasiado elevada (327 m.) ofrécenos unhas vistas privilexiadas. No seu cumio atopamos a capela da Virxe das Neves do s. XVIII, construida sobre os cementos da fortaleza de Castrizán de 1477. Esta fortaleza foi destruida pouco tempo despois da súa construcción por Pedro Álvarez de Sotomayor, máis coñecido como Pedro Madruga. Ademáis da citada base, consérvase o muro defensivo. Tamén, atopamos os restos dun castro, do que se pode observar partes do muro exterior e restos de casas circulares. Neste monte tamén existen petroglifos, así como no lugar da Garonda, na mesma parroquia do Viso. Outra curiosidade é a entrada do que puido ser unha mina romana.

 

 

            Para saber máis: http://www.terrameiga.net/oviso/Oviso.HTM.

 

Restos de bronce atopados en A Peneda.
Restos de bronce atopados en A Peneda.

 

¿Cómo chegar?

 

Saír de Redondela cara a Pontevedra. Máis ou menos, a 2 km. atoparemos un cruce cara a O Viso. Comezamos unha larga recta na que, sinalizado á marxe esquerda, temos a posibilidade dunha segunda visita a un mirador con vistas á Ría de Vigo. Seguindo a estrada tamén nos atopamos coa Igrexa Parroquial de O Viso (Ver Arquitectura Relixiosa) e máis adiante un camiño á esquerda que nos conducirá ata o cumio da Peneda.

 

 

Estado actual (Agosto 2008).

            Os restos das casas dos castros atópanse sen sinalizar e cubertos de maleza. A mina romana está chea de pintadas, basura e prácticamente tapada pola vexetación.

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 30-05-2018

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Internovas. Historias de Redondela

 

Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.

 

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.

 

SEREN

 

Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.

 

Los calderos del castro de A Peneda (Redondela Pontevedra) datos y argumentos para una revalorización. Xosé Lois Armada Pita.

 

Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo.

 

Aportacións Xurxo Constenla (A Citania).

 

 

 

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0