A Ruta das Pedras (Ventosela).

Ruta das Pedras Foto Asociación de Veciños de Ventosela
Ruta das Pedras Foto Asociación de Veciños de Ventosela

  

         Sendeiro lineal de 10 km. na parroquia de Ventosela con vistas á Ría de Vigo e con curiosas formacións rochosas ligadas a diferentes lendas:

 

  1. Conxunto Rupestre da Pedreira. Presenta petroglifos con esceas ecuestres, coviñas, cruces e círculos concéntricos. Moi recomendable a visita nocturna por seres os petroglifos máis espectaculares do Concello de Redondela.

  2. As Pedras Agudas. Grupo de rochas afiadas das que se conta que por debaixo pasaba un río que se podía oír.

  3. A Pedra Taió. A súa orixe mezclase coas lendas dos mouros e os seus tesouros.

  4. A Pedra das Abellas. Cóntase que nela había moitas abellas, polo que se chegou a poñer colmeas para recoller o mel.

  5. A Pedra que Fala. Forma unha pequena cova na que a nosa voz produce reverberacións.

 

 

 

         Despois de que as sinalizacións colocadas pola Asociación de Veciños de Ventosela foran destrozadas en varias ocasións, en xaneiro do 2019 estréase unha nova sinalización posta por A Citania con fondos do Concello de Redondela.

 

         En febreiro do 2019 Xosé Couñago e os membros de A Citania S. L. descubriron novos petroglifos na zona, engadíndose aos atopados o ano anterior.

 

 

 

 

 

 

¿Como chegar?

 

Na parroquia de Ventosela preto da igrexa xa podemos ver as primeiras indicacións do camiño.

 

Petroglifos de A Pedreira. Calcos realizados por Patiño en 1982.
Petroglifos de A Pedreira. Calcos realizados por Patiño en 1982.

Texto:J. Migueles

Actualizado: 12/02/2019

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Visitas guiadas realizadas pola Asociación de Veciños de Ventosela (2010) e por Xurxo Constela (A Citania) (2018-19).

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0