Inscricións

 

Igrexa de San Pedro de Cesantes

 

Enriba da porta principal aparece “AÑO 1763” e nunha parede lateral “ESTA CAPILLA LA MANDO AZER EL LICEDO. YSIDORO COTA SIENDO JUAN PUDO Y BELAS MACULCOA EN EL AÑO DE 1670”.

 

Foto: J. Migueles, 2009.
Foto: J. Migueles, 2009.

 

Igrexa de Santa María do Viso

 

Na bóveda da igrexa pódese ler en latín: “Esta obra se hizo el año de 1710, solamente a Dios, honor y gloria".

 

 

Igrexa Santiago Apóstol de Redondela.

 

Nos contrafortes da capela maior lese “ET ILLO ANNO LEVAVIT SE REGNVM PORTVGALLIAE”, que máis ou menos sería: “Y EN ESE AÑO SE LEVANTÓ EL REINO DE PORTUGAL”. Semella a continuación doutra inscriciónn case ilexible que existe no contraforte anterior.

 

 

Igrexa de San Román de Saxamonde

 

Na Sacristía: “ANO DE 1759”. Na fachada dereita ten a inscrición: "HÍZOSE SIENDO ABAD D. ANTONIO DE SAN ROMAN Y ZEVALLOS DE 1746". E no exterior da ábside (fachada que da á estrada): “LEVANTOME DON ANTº DE SAN ROMAN YÇEVALLOS ANO DE 1795”.

 

Igrexa de Saxamonde. Foto: J. Migueles, 2009
Igrexa de Saxamonde. Foto: J. Migueles, 2009

 

Igrexa de San Vicente de Trasmañó

 

Por riba da porta principal lese “AÑO1765”.

 

 

Igrexa de San Martiño de Vilar de Infesta.

 

Debaixo do campanario lese “ESTA OBRA SE IZO DE 1783 S. ABAD E. GARCIA”. E xunto á porta principal aparece “1720”.

 

 

Igrexa e Convento de Vilavella

 

No exterior da sacristía da igrexa aínda podemos observar o brasón dos Prego de Montaos e debaixo unha inscrición, hoxe ilexible, que di: “Este mosteiro hizo García Prego arcediano de Cerbeira”.

 

Igrexa de Vilavella. Foto J. Migueles 2008
Igrexa de Vilavella. Foto J. Migueles 2008

Texto: J. Migueles

Actualizado: 21/02/2019

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Faro de Vigo

 

Apuntamentos sobre o mosteiro de Vilavella (Redondela): Amado González Cardama. Separata de estudios provinciais Nº15/2000 – ISSN: 0211-5530

 

Mondariz, Vigo, Santiago. Guía del turista. Madrid, 1912. Sucesores de Rivadeneyra.

 

Fondo Casto Sampedro. Inscripcións (1894-1927). Museo de Pontevedra.