O Monte Penide /Monte Mirallo

(Cedeira, Negros, Trasmañó e Cabeiro)

Redondela
Mámoa do Rei. 2009. Foto: J. Migueles

            Este monte destaca pola súa riqueza arqueolóxica. Nel podemos atopar petroglifos, máis de 30 mámoas catalogadas e o castro de Negros. Foi declarado Conxunto Histórico-artístico en 1970 e Ben de Interese Cultural en xullo do 2008.

 

            Este conxunto ten a súa continuación no concello de Vigo.

 

http://vigoarqueologico.blogspot.com/2008/03/sobre-los-yacimientos-arqueolgicos-en_919.html

 

 

 

           O nome de Monte Penide foi popularizado polos traballos publicados por arqueólogos nos anos 70 e 80. En realidade trátase do Monte Mirallo, sendo o Monte Penide unha parte máis alonxada. Aclarado este punto, dicir que este monte destaca pola súa riqueza arqueolóxica. Nel podemos atopar petroglifos, máis de 30 mámoas catalogadas e o castro de Negros. Foi declarado Conxunto Histórico-artístico en 1970 e Ben de Interese Cultural en xullo do 2008. A Citania S. L. realizou o proxecto Museo Virtual Monte Penide Prehistórico http://montepenideprehistorico.com/es/index.html ao que seguiría a posta en valor deste conxunto coa colocación de paneis informativos, construcción de pasarelas de acceso e a realización de visitas guiadas. Na súa páxina podemos atopar varias rutas e a ubicación dos petroglifos, mamoas e castro.

 

 

 

Para saber máis.

 

Ruta alternativa:

 

           http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=185427

 

           Blog de Xosé Couñago no que aparecen dúas rutas.

 

           http://montepenide.wordpress.com/

 

 

 

Castro de Negros Foto: J. Migueles, 2010
Castro de Negros Foto: J. Migueles, 2010

 

 

¿Cómo chegar?

 

           Saír de Redondela en coche cara a Vigo. Deixamos á man dereita o acceso á estación de ferrocarril e, a uns 300 metros, xiramos á esquerda. Seguimos esta estrada ata ver os muros do colexio de Cedeira, chegando a un cruce que tomamos á dereita. Comezamos a subida ó monte Penide pasando xunto ó Pazo de Torrecedeira (non pode ser visitado por ser de propiedade privada). A terceira pista do lado dereito condúcenos a un vello campo de futbol, coñecido como Campo da Rata. Nos arredores podemos atopar petroglifos e os restos dunha mámoa, así como un alto dende o que poderemos disfrutar de vistas á ría de Vigo, que se fixo famoso pola colocación no Coto Fenteira do chamado "Mellor banco do Mundo".

 

Se continuamos a subida pola estrada, chegaremos á área de descanso Poza da Lagoa. Deixando as mesas á nosa esquerda seguiremos a pé por un sendeiro que nos levará ata a poza que da nome ó lugar. Seguimos o sendeiro rodeándoa e a escasos metros, na marxe dereita, atoparemos máis petroglifos.

 

           Voltamos co coche á estrada internándonos na parroquia de Trasmañó. Atopamos unha serie de cruces que tomaremos á esquerda, dereita e novamente á esquerda. Chegaremos a unha curva na que se atopa a Mámoa do Rei. Fixándonos nos arredores encontraremos numerosas mámoas, ata 30 catalogadas. Tomando un sendeiro cercano, a uns centos de metros na marxe dereita, acharemos ademáis petroglifos e unha cruz gravada na Idade Media que da nome ó lugar, Chan da Cruz.

 

            Se preferimos facer todo o camiño a pé ou en bicicleta, unha opción sería a marcada no mapa adxunto na galería.

 

            Podemos completar a visita acercándonos ó Castro de Negros. Podemos ir a pé dende a Mámoa do Rei, pola pista de terra collendo a da man dereita. Tamén ten acceso dende a Senda da Auga (Ver Atractivos turísticos>Senda da Auga) pero a pendente e maior.

 

Do castro tan só poderemos ver parte do muro exterior e depresións no terreo que indicarían a posible existencia de restos de vivendas. O lugar tamén conta con bonitas vistas ó val do río Maceiras e ao casco urbán de Redondela.

 

 

 

 

Mámoa do Rei en Google Maps:

Castro de Negros en Google Maps:

Visita Guiada 2008. A Citania
Visita Guiada 2008. A Citania

 

Visita no 2008.

 

Nin os petroglifos nin as mámoas estan sinalizadas. O único panel existente, que indicaba a ubicación da Mamoa do Rei, foi destrozado pouco tempo despois da súa colocación. Pola súa parte, o Castro do Rei sufriu a instalación dunha torreta de alta tensión, dunha torre luminosa indicadora do aeroporto e de mesas e bancos de pedra.

 

 

 

 

Nota: O mapa e os calcos dos petroglifos foron facilitados na ruta guiada celebrada o 12 de outubro do 2008, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte, e a do Medio Rural, agás  do calco da Poza da Lagoa no que aparecen formas humanas, recollida na páxina Internovas.   

Texto: J. Migueles

Actualizado: 16-3-2018

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Internovas. Historias de Redondela

 

Elementos da prehistoria de Redondela. Xosé Couñago.

 

A lámina de sílex de Monte Penide. X. C. Abad Gallego.

 

A arte rupestre prehistórica do Concello de Redondela. Fernando Javier Costas Goberna.

 

SEREN

 

Nº3. Redondela da Prehistoria á Romanización. Rafael Mª Rodríguez Martínez.

 

Anuario del Cuerpo Facultativo de Archiveros Bibliotecarios y Arqueólogos. 1934 nº 2: Los petroglifos de Monte Penide y los estudios sobre arte rupestre gallego-portugués. Fermín Bouza Brey.

 

Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego. Julio Fernández Pintos.

 

Monte Penide (Redondela) Xosé Couñago.

 

Petroglifos y asentamientos: El caso del Monte Penide (Redondela, Pontevedra). R. Fábregas Valcarce e outros.

 

Redondela arqueológico-etnográfica. Jose Manuel Hidalgo.

 

 

 

Escribir comentario

Comentarios: 0