Outros achados arqueolóxicos

 

Museo de Pontevedra

 

Son moitos os achados arqueolóxicos realizados no Concello de Redondela e que se depositaron no Museo de Pontevedra. Ademáis dos miliarios que tratamos no apartado correspondente, parte do noso patrimonio que alí se conserva sería:

 

 

 

Megalitismo

 

En Chan da Cova (límite entre Vilar de Infesta e Cabeiro): tres machadas pulimentadas e un alisador esferoidal.

 

No Monte Carrascal (límite de Redondela e Reboreda): unha punta de frecha de silex. No 2009 durante as obras do AVE descubríronse os restos de poboados do calcolítico e o bronce.

 

 

 

Idade de Bronce

 

En Trasmañó: unha machada plana bicóncava de fío saínte e curvo, datada no Bronce II.

 

En Cesantes, preto do mar: unha machada de bronce con dúas anelas.

 

En Vilavella, unha machada de tope con tres aneis e dúas asas, datada no 800 a.C.

 

Ubicación sen concretar: unha machada de cubo de dous aneis de tipo de “talón ou de tope”.

 

A Peneda (O Viso): catro machadas do Bronce final.

 

 

 

Cultura Castrexa

 

Do Castro de Negros consérvanse restos cerámicos, pero do Castro da Peneda recuperáronse numerosos obxetos que formaron parte do Museo José Solla, en Soutomaior, antes de pasar ao Museo de Pontevedra. Podemos citar, de bronce: un caldeiro ou situla, un coitelo, un alfinete, unha agulla, unhas pinzas, unha fíbela... Ademáis varias machadas pulimentadas e muíños circulares e naviculares, de pedra; cerámica con motivos estampillados e incisos, ánforas e cerámicas pintadas... Tamén se descubriu un cuncheiro, acumulación de restos de moluscos (ostras, croques, ameixas...) e un anzol curvo de bronce, o que nos da conta da práctica do marisqueo e a pesca xa naquela época.

 

Tamén se conserva a xamba decorada da entrada dunha cabana, pero non se especifica a que castro pertence.

 

 

 

Romanización

 

Na Peneda: Atopáronse moedas de bronce dos séculos III e IV, o que nos indica que o castro seguiu poboado durante estes anos.

 

Na Veiga da Vila (A Portela-Cedeira): Localización dunha vivenda de tres habitacións, recuperándose: cerámica fina (terra sigilata hispánica), tegulas, ánforas, cerámica galaico-romana...

 

En Soutoxuste (O Viso), dende o Puntal e Punta Pesqueira ata Veiga dos Barcos e As Abarcias, atopáronse restos de vivendas romanas e restos cerámicos (sigillata, tégulas, ánforas...). Tamén na zona do Pazo, nos lugares de Os Barcos e A Tanguella, localizáronse varias tumbas formadas por pedras e tellas romanas que tiñan enxoval funerario. Tamén se achou unha estea funeraria co busto dunha muller que conta cunha inscrición moi deteriorada na que se le “CA(...) CARII”.

 

No Casal (Saxamonde), restos de tégulas evidencian a existencia dun asentamento romano.

 

 

 

 

 

 

O outro Tesouro de Rande

 

         En 1907 en Rande, un labrador que traballaba as súas terras descubriu un recepente cerámico no que se lía IRENE, que contiña moedas de ouro da época romana. Con elas dirixiuse a Vigo, onde llas vendeu a Ernesto Zúñiga, dependente da Casa Bárcena a razón de dez duros por peza. O vigués conservaría seis ou sete moedas revendendo un total de 80 a un coleccionista de París, concretamente: 14 de Adriano, 8 de la Diosa Faustina, 1 de Aurelio, 2 de Aureliano, 1 de Vitelio, 2 de Sabina 3 de Domiciano, 1 5 de Antonino, 1 1 de Trajano, 9 de Vespasiano y 1 1 de Nerón.

 

 

 

 

Outras doazóns ao Museo de Pontevedra

 

        Outras novas nos dan conta da cesión de diversos obxetos:

 

1987, decembro. O párroco de Redondela Sr. Couñago regalou á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra unha pilastra e un trozo de alabastro con delicados motivos do Renacemento.

 

1898, novembro. En el Museo de la Sociedad Arqueológica se han recibido:... de Sajamonde trozos de ladrillo de gran tamaño procedentes de una tumba de las llamadas tombe á pozzo...

 

 

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 31/03/19

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Redondela Arqueolóxica. Xose Manuel Hidalgo Cuñarro. Materiais didácticos 2. Comisión de Cultura e Comisión de Ensino. Concello de Redondela, 1985.

 

Catálogo de Restos Arqueolóxicos no Concello de Redondela. Antonio de la Peña Santos. Exposición na Casa da Cultura, 1987.

 

Redondela arqueológica-etnográfica. http://redondelaarqueologica.blogspot.com/2009/ El Tesoro de Monedas de oro romanas de Rande. José Manuel Jesús Hidalgo.

 

O noso patimonio: http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-provincia_9.html

 

Da Pedra ao Sal. Exposición no Multiusos da Xunqueira, 2019. Telmo Crespo Tojeiro.

 

Galiciana- http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es => El Alcance, La Opinión diario de Pontevedra, La Correspondencia gallega

 

 

 

Comentarios: 0