Petroglifos e Chozo no Viso

 

Petroglifos no Viso

 

 

 

Ademáis dos petroglifos que se atopan no monte da Peneda hai outros puntos onde se atopan:

 

 

 

Petroglifos da Garonda

 

Partindo do aparcamento do campo de futbol seguimos á esquerda a pista de terra collendo o primeiro cruce á dereita. Atoparemos unha rocha que no punto máis próximo áo sendeiro ten gravada a palabra “VISO”. Coa luz axeitada veremos moitas coviñas e trazos circulares.

 

 

Petroglifos na Nogueira

 

              Pedra das Rodiñas (A Nogueira-O Viso)

 

Debe o seu nome a que son dúas composición circulares concéntricas con varias liñas radiais. Atópase nunha depresión do terreo a carón da pista de futbol sala. Actualmente (febreiro do 2019) non é visible por estar cuberto pola maleza.

 

Ubicación:

 

42.313822, -8.588852

 

 

              Petroglifo de Castricán (O Viso).

 

              Unha coviña na parte superior con varios sucos. Situado preto do anterior.

 

Ubicación:

 

42.311909339, -8.58877136442

 

 

 

 

Chozo de pastores do Espiño

 

Chozo de pastoreo. Elemento Etnográfico localizado recentemente no monte do Espiño, en terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso

 

 

 

Chozos de pastores do Espiño. Foto: CMVMCOViso-SCOViso
Chozos de pastores do Espiño. Foto: CMVMCOViso-SCOViso

 

 

 

Texto: J. Migueles

 

Actualizado: 26/02/2019

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Aportacións da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso e da Sociedade Cultural do Viso ao PXOUM

 

Aportacións do arqueólogo Xurxo Constela (A Citania S. L.)

 

Catalogacións de Óscar Franco en:

 

http://patrimoniogalego.net/index.php/100123/2018/06/petroglifo-no-lugar-de-castrican/

 

http://patrimoniogalego.net/index.php/2278/2011/07/pedra-das-rodinas/