Restos Arqueolóxicos en Vilar e Saxamonde

 

        Como xa tratamos no apartado adicado aos miliarios no límite de Vilar de Infesta con Guizán (Mos) atópase o único miliario que se conserva in situ en toda a provincia de Pontevedra. É coñecido como miliario de Antas, pero tamén como miliario de Anta de Maniola, nome erróneamente dado xa que anta significa mámoa. A verdadeira Anta de Maniola é unha gran mámoa que se atopa moi preto, entre os campos de futbol de Guizán e Vilar. O seu estado de conservación é bastante malo porque o muro de peche do campo de Guizán cortou parte da base e ademáis a mámoa é atravesada por un sendeiro empregado por motos, bicis e xente a pé ou a cabalo (2018).

 

 

 

Anta de Maniola. Foto: J. Migueles, 2018
Anta de Maniola. Foto: J. Migueles, 2018

 

         Se seguimos por Chan das Pipas, adentrándonos na parroquia de Saxamonde, atoparemos tres mámoas máis nas proximidades do centro cultural. Unha cuarta mámoa sería destruída durante a construcción de dito centro. Ademáis no entorno da área recreativa atopáronse restos que indicarían que alí houbo un asentamento.

 

Mámoa preto do Centro Cultural de Chan das Pipas. Foto: J. Migueles, 2018
Mámoa preto do Centro Cultural de Chan das Pipas. Foto: J. Migueles, 2018

 

         Un pouco máis lonxe atópase o lugar do Casal, onde o achado de tégulas (tellas) indícanos a existencia dun asentamento romano. Ao estar entre o miliario de Anta de Maniola e outro descuberto no lugar de Padrón (Saxamonde) e que se conserva no Museo de Pontevedra, este asentamento atoparíase na vía romana Per-loca-marítima. ¿Será a Búrbida que os investigadores non dan chegado a un consenso da súa ubicación?

 

 

Seguindo o percorrido do camiño de Santiago chegaremos ao Chan da Grila, onde atoparemos unha nova mámoa na beira dereita.

 

 

 

Texto: J. Migueles

 

Actualizado: 26/02/2019

 

 

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Visitas guiadas de A Citania S. L.-Arqueólogo Xurxo Constela.

 

Anta de Maniola. Publicado por Albo en Celtiberia.net