Ruta do Maceiras

 

Paseo do Maceiras

 

 

 

No Paseo da Xunqueira únense o río Alvedosa e o Maceiras. Se seguimos a canle deste último, á altura da praza Ponteareas podemos iniciar o paseo do Maceiras, pasando por debaixo da ponte coñecida como Marca do Rei. Como en todos os regatos do noso concello atoparemos restos de muíños, destacándose polo seu porte e tamaño o Cu do Muíño, no barrio do Muro. O percorrido conta con bancos para o descanso e construíronse varias pontes pasando continuamente dunha beira a outra.

 

As persoas que desexan facer largas andainas teñen a opción de unir este paseo cos da Portela e o Pexegueiro, seguindo o curso do río polo casco urbán.

 

Texto: Juan Migueles

Actualizado: 31/03/2019