Rura das Sete Fontes

 

Esta ruta enlaza pola costa a praia da Punta, en Cesantes, co lugar de Sete Fontes, en Soutoxuste (O Viso). Ten unha lonxitude de 6'5 Km. Foi posta en valor no 2013, pola Asociación de Veciños de Cesantes á que se sumou o Colectivo Vox Populi, que organizaron visitas guiadas.

 

Ao ser unha visita pola costa as vistas son privilexadas, saímos dende a praia da Punta fronte a illa de San Simón e o primeiro que atopamos é un antigo viveiro. Atoparemos a fonte de Neira e ao pasar preto a vía do tren podemos contemplar a ponte de Fontán. Seguindo a costa achegarémonos aos pequenos areais da Praia Fontán e a Praia de Soutoxuste. Precisamente no barrio de Soutoxuste veremos os restos do Pazo do mesmo nome.

 

 

 

Autor: Juan Migueles

 

Actualizado: 12/02/2019

 

BIBLIOGRAFÍA

 

Faro de Vigo

 

Comentarios: 0