Cargos da Illa de San Simón

Custodia de los Pascualinos de San Simón 1517

Fr. Juan Pascual.  Guardián do mosterio de San Simón e comisario da Congregación dos Reformadores da Orden de San Francisco en 1543.

Fr. Juan Insulano: Superior da custodia, en 1575 ante o escribán Gregorio Barreiro e cos demáis relixiosos da Illa San Simón cederon varios bens e rendas ao convento de Vilavella.

 

Os monxes benedictinos de San Juan de Poio instálanse na illa de San Antón fuxindo dunha epidemia 1596

Fr. Gaspar Vaca: Abade do convento de San Juan de Poio.

 

Os franciscanos voltan á Illa, os benedictinos vénse na obriga de marchar 1601

Fr. Antón de Cepeda. En 1601 enviado cun oblato chamado irmán Alonso Cuervo para que habitase a illa de San Simón e cunnhas esmolas renovase o antigo convento.

Fr. Gaspar de Alcázar. O 19 de maio de 1608, en nome do convento de San Simón firma unha concordia con Maximiliano de Austria, arzobispo de Santiago, señor da illa de San Simón en razón do patronato do mesmo, ao que se compromete o prelado erixindose como patrono do cenobio, estipulando unha limosna anual de cen ducados

Fr. Francisco Vidal. Gardián da capela do Convento dos fraciscanos, onde son depositados en 1618, os restos dun martir inglés.

Fr. Antonio de San Buenaventura, sucedeu a Fr. Francisco Vidal no cargo de gardián da capela do Convento dos franciscanos.

 

    Fr. Xacobe Castro afirma no seu Árbol Cronológico, qu na Illa viviu Fr. Francisco de Herrera, de onde saiu despois para Comisario Xeneral do Perú. Tamén o habitou e nel compuso as súas obras Fr. Pedro Figueroa, chamado “El Bueno”.

     

A illa fica valeira 1746-1842

 

Lazareto 1842-1927

Director (Alcaide) do Lazareto (Médico)

1842 Vicente de Vicente. Suspendido tralo alzamento de Vigo en 1843.

1843 José María de Bacelar. Pediu a sustitución por enfermidade.

184? José Pardo Landeira. Comerciante de Vigo.

184? Wenceslao Tizón. Tenente coronel.

18?? Eugenio de Torres Moreno

18?? José Ubiña

18?? Ramón Buch

18?? / 1854 Gregorio García González

18?? Eugenio Sequeiros Matos. Xoven médico que en abril de 1881 renuncia ao cargo.

189? Domingo Antonio Pazos. Faleceu estando no cargo en outubro de 1897.

1898 Enrique Moreno

1??? Zabaleta

19?? Joaquín Nogueira. En 1915.

 

Médicos e cirurxáns

1842-1854

Francisco Julián Pérez. Suspendido tralo alzamento de Vigo en 1843.

Ramón Sarandeses Peña

Nicolás Fandiño Fontenla

Benigno María Cid

Francisco Navarro Serrano

 

Conserxe do Lazareto

1??? Manuel Vázquez Datán. Cesou en xaneiro de 1909 por unha reforma

 

Capellán

19?? Herminio Fernández Domínguez. Deixou o cargo en novembro de 1912 ao ser nomeado ecónomo do Porriño.

1913 Honorato Fernández.

                              

Lugar de lecer, 1927-1936

 

Cárcere, 1936-1943

Director e subdirector do cárcere

1936 Fernando Lago Búa. Natural de Pontevedra. Director Provincial de Prisións e Director deste penal. Xunto ao médico Francisco Bustelo, foi xulgado por extorsionar aos presos sendo xulgados e fusilados o 5-1-1937.

1936-1937. Pelegrín González Velasco. Director veciño de Vigo e casado na Estrada, onde estivera destinado como funcionario da prisión do partido. No cargo dende a detención de Lago Búa ata principios do 1937. Voltaría de forma provisional en 1939.

1937, marzo-1937, outubro. Carlos Hidalgo. Repetiría no cargo en 1938.

1937. Joaquín Fernández. Subdirector e administrador da prisión que exerceu coma director durante as ausencias de Carlos Hidalgo.

1937, outubro-1937, novembro. Claudio Pastor Valero.

1937. José Ruíz Giménez. Subdirector baixo a dirección de Claudio Pastor.

1938, xaneiro-marzo, 1939. Carlos Hidalgo.

1939, abril-1939, outubro. Constantino Cacho Lacal.

1939, finais-1940, xullo. Pelegrín González Velasco.

1940, agosto-1941, febreiro. Camilo Rey Avalos.

19?? Evencio. Subdirector e administrador, exerceu interinamente como director en periodos comprendidos entre a marcha do titular e a toma de posesión do novo nomeado.19?? Evencio. Subdirector e administrador, exerceu interinamente como director en periodos comprendidos entre a marcha do titular e a toma de posesión do novo nomeado.

1941-1942. Miguel Cudillero Anguulo. Procedería do cárcere de Yeserías. Un expediente promovido polo cura e funcionarios do penal provocou o seu traslado a Segovia.

1943 José Acuña. En funcións.

 

Xefe de Prisións.

19?? Manuel Vicente Álvarez. A petición propia concedéuselle a xubilación en setembro de 1940.

 

Médico do penal.

1936 Francisco Bustelo Bustelo. Natural de A Coruña e establecido en Vigo. Xunto ao director, Fernando Lago Búa, foi xulgado por extorsionar aos presos sendo xulgados e fusilados o 5-1-1937.

1939 Teófilo Abad Fernández

1941, maio. Jesús Valverde Gutiérrez.

 

Funcionarios de prisións

Álvaro Cunqueiro “O Bisagras”. Natural de Cambados. Curmán do famoso escritor de igual nome e do primeiro alcalde franquista de Redondela, Francisco Cunqueiro Montenegro.

Francisco Padín Loureiro. De Cambados.

“Couxo de Cambados”. Pode ser un dos anteriores.

Ramón Cajaraville.

Enrique de Gregorio

Desiderio Villafañe.

Segundo Álvarez Iglesias. De Canedo (Ourense). Dende 1938como funcionario na illa, vivindo coa súa muller e os seus 7 fillos. Chegou a exercer como director en 1940.  

Jesús Valverde

Emilio Basterra

Antonio López

Miguel Carreira Castro. Garda de prisións natural de San Martiño (Lugo). Vivía na Illa coa súa muller e 11 fillos.

Emilio Torrado Sánchez. Veciño de Redondela, logo sería trasladado ao cárcere de Vigo.

Santiaguito

“Boris Carlof”. Funcionario grande e con cara de poucos amigos.

José Acuña Lamas. Preso na Illa San Simón dende 1936, exerceu como administrador en funcións dende 1943 ata o seu peche. Antes da guerra fora secretario do Governador civil republicano da provincia de Pontevedra.

 

Militares.

Serafín Macías Rivera. Faleceu o 22-6-1938 na illa. Soldado do Rexemento de Mérida Nº35 con base en Vigo e encargado de protexer as illas.

Ramón Losada. Capitán á fronte da vixiancia en 1936, cando dirixía o penal Lago Búa.

 

Outros oficios nun censo de 1940.

Darío González Pazo. Mariñeiro, natural de Vigo

Julio Vilaboa Villar. Albanel de Vigo.

Ricardo Fernández Pérez. Carpinteiro de Vigo.

 

Monxas das Hermanas de San Vicente Paul (a partires de 1939)

Pilar Lomero Villanueva. Natural de Agües (Huesca). Superiora.

Vicenta Miguel Folgado. De Manises (Valencia)

Rosario Gómez Gutiérrez. De Hozo (Santander)

Modesta Cordeiro Santos. De Cangas do Morrazo.

Aquilina Cajete Fernández. De Carrelos (Ourense)

María Martínez Patiño. De Roza (A Coruña)

 

Capeláns

Petronilo Nieto Gómez. Famoso pola súa maldade cos presos.

Cirilo Sagasagoitia. Natural do País Vasco. Procedente da residencia dos RR.PP. Salesianos de Vigo.

Aquilino Alonso Martínez.

Serafín Álvarez

 

Deshabitada, 1943-1948

 

Fogar Méndez Núñez, 1948-1958

Director

Ángel Arines Escariz. Cando menos entre 1956 e 1957.

Luis Díez Sanz. Cando menos entre maio de 1959 e 1962.

 

Instructor do Frente de Juventudes

Vázquez Gil. En 1956.

 

Celador

Gerardo Alonso. Mariñeiro e veciño de Redondela.

 

Capelán

Celestino Albán. Párroco da figresía de Cesantes.

 

Texto: J. Migueles

Actualizado: 11-01-2016

BIBLIOGRAFÍA

As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia. J. A. Orge Quinteiro. Ed. Xunta de Galicia.1999.

Episodios de terror durante la Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa San Simón. Gonzalo Amoedo López e Roberto Gil Moure. Ed. Xerais.

(Arquivo da Catedral de Santiago)

Galiciana>Varios xornais

Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Juan Carlos Ferré Castán (domingo, 25 septiembre 2016 13:08)

    Buen día.
    Acabo de encontrar esta página y como quiera que estoy trabajando sobre prisiones en las que trabajó, entre otros, Pelegrín González Velasco, le agradecería contactara conmigo para poder profundizar en mi investigación biográfica.
    Muchas Gracias.